Grao académico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
HacheDous=0 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 5:
En [[Europa]], despois da entrada en vigor do chamado [[Espazo Europeo de Educación Superior]], a titulación '''grao''' substituíu a outras que quedaron obsoletas, como a superior [[licenciatura|licenciado]] ou as de grao medio [[diplomatura|diplomado]] ou [[enxeñaría|enxeñeiro técnico]].
 
== Estudos non universitarios ==
Os graos académicos non universitarios abarcan a [[educación primaria]] e a [[educación secundaria|secundaria]], así como á terciaria non universitaria, é dicir, a chamada [[formación profesional]].
 
En España, na actualidade, expídense os seguintes títulos:
 
* Título de Graduado en [[Educación Secundaria Obrigatoria]] (ESO). Corresponde ao final da etapa obrigatoria e adoita adquirirse aos 16 anos.
* Título de [[Bacharelato|Bacharel]], tras finalizar os estudos de [[Bacharelato]].
* Ensinanzas profesionais oficiais: reciben o nome de Ciclos Formativos de [[Formación profesional]], existindo 142 títulos diferentes agrupados en 22 familias profesionais, cunha duración de un a dous años (entre 1300 e 2000 horas).<ref>Catálogo de títulos de Formación Profesional en España. [http://www.mec.es/educa/jsp/plantilla.jsp?id=31&area=formacion-profesional]</ref>
** De grao medio: a súa superación permite obter o título de '''Técnico''' da especialidade estudada.
** De grao superior: permite obter o título de '''Técnico Superior''' da especialidade estudada.
* Ensinanzas de Artes Plásticas e Deseño:
** Grao medio: corresponde ao título de Técnico de Artes Plásticas e Deseño.
** Grao superior: corresponde ao título de '''Técnico Superior de Artes Plásticas e Deseño'''.
* Ensinanzas deportivas:
** Grao medio: corresponde ao título de '''Técnico deportivo de Grao medio'''.
** Grao superior: corresponde ao título de '''Técnico deportivo de Grao Superior'''. (Na actualidade, a outras como licenciado en Ciencias do Deporte e Educación Física ou equivalentes).
* Outras titulacións:
** [[Escola Oficial de Idiomas]]. Finaliza co '''Certificación''' acreditativa do nivel alcanzado (Básico, Intermedio e Avanzado) no idioma estudado.
** Ensinanzas profesionais de Música e Danza: finalizan co '''Título Profesional''' da especialidade correspondente.
** Ensinanzas artísticas superiores: finalizan co '''Título Superior''' da especialidade correspondente:
*** [[Música]] e [[Danza]].
*** [[Artes plásticas]].
*** [[Deseño]].
*** [[Conservación-Restauración|Conservación e Restauración de bens culturais]].
*** [[Arte dramática]]
 
== Estudos universitarios ==
Cada país adoita regular de modo independente o tipo de titulacións e a forma de adquirilas. Cada centro educativo posúe, ás veces, así mesmo o seu propio catálogo de titulacións académicas.
 
En Europa está producíndose un proceso de homoxeneización das titulacións no marco do chamado [[proceso de Boloña]], asemellándoas na súa duración e denominación ás existentes no [[Reino Unido]] e nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]]. Iso deu lugar a unha estrutura de titulacións composta por tres niveis:<ref>Que se regularon polo Real decreto 55/2005, de 21 de xaneiro de 2005, onde se especifica que: ''...dous niveis nitidamente diferenciados, denominados, respectivamente, grao e posgrao, que, no seu conxunto se estruturan pola súa vez en tres ciclos. O primeiro nivel, ou de grao, comprende as ensinanzas universitarias de primeiro ciclo e ten como obxectivo lograr a capacitación dos estudantes para integrarse directamente no ámbito laboral europeo cunha cualificación profesional apropiada. O segundo nivel, comprensivo das ensinanzas de posgrao, integra o segundo ciclo de estudos, dedicado á formación avanzada e conducente á obtención do título de mestrado, e o terceiro ciclo, conducente á obtención do título de doutor, que representa o nivel máis elevado na educación superior.''</ref>
* [[Título de Grao|Grao]]
* [[Máster (grao)|Máster]]
* [[Doutoramento]]
 
Os estudos conducentes ao Grao denomínanse "estudos de [[Pregrao|pregrao]]", e os de máster e doutorado "estudos de [[posgrao]]". Por regra xeral, para acceder a estudos de posgrao, é necesario ter cumpridos estudos de pregrao.
 
Cando nunha mesma rama existen dous graos académicos, normalmente dótanse aos egresados de atribucións profesionais distintas, quedando reservadas algunhas delas a aqueles que obtiveron o título máis avanzado.
Liña 60:
** [[Doutoramento]]
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Doutoramento]]
* [[Espazo Europeo de Educación Superior]]
* [[Licenciatura]]
* [[Proceso de Boloña]]
 
[[Categoría:Ensino]]