Nápoles: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 38:
'''Nápoles'''{{cómpre referencia}} (''Napoli'' en [[Lingua italiana|italiano]] e ''Napule'' en [[Lingua napolitana|napolitano]]) é a cidade máis poboada do [[sur de Italia]], capital da rexión de [[Campania]] e da [[provincia de Nápoles]], situada a medio camiño entre o monte [[Vesubio]] e outra área volcánica, os [[Campos Flégreos]]. A cidade de Nápoles administrativa ten pouco menos dun millón de habitantes, que, unidos aos da súa [[Área metropolitana de Nápoles|área metropolitana]], chegan a 3,7 millóns. Os seus habitantes reciben o [[xentilicio]] de ''napolitanos''. É o principal [[Porto (comunicacións)|porto]] marítimo do sur [[Italia]] e esténdese por unha área de 243 km², cunha poboación de 984.242 ([[2005]]) habitantes (a meirande do sur e a terceira maior de Italia) e ten unha [[densidade de poboación]] de 8.457 hab/km². <ref>[http://www.un.org/esa/population/publications/WUP2005/2005WUP_agglomchart.pdf Informe da ONU sobre aglomeracións urbanas (2005), (inglés).]</ref>
 
== Historia ==
A historia de Nápoles reflicte o crisol de culturas que conformou a urbe ao longo de case que tres milenios. Achados arqueolóxicos recentes confirman o poboamento da área da cidade incluso antes, no final do [[neolítico]] (IV milenio a.C.), e tamén foron descubertas a finais de [[1943]], durante a [[campaña de Italia (Segunda Guerra Mundial)]], tumbas da Cultura de Gaudo, de finais do III milenio a.C.
 
=== Colonias gregas en territorio romano ===
Aínda que é obxecto de controversia, puido existir un primeiro estabelecemento comercial de gregos de [[Rodas]] na pequena illa de Megaride (a poucos metros da costa, agora unida a terra, asento do Castelo do Ovo) xa no século IX a.C. O certo é que gregos de [[Eubea]], no século VIII a.C., fundaron a colonia de [[Cumas]] (20 km ao oeste na costa do [[mar Tirreno]]) e un século despois, estableceron no 680 a.C. unha colonia de seu fronte a illa Megaride no outeiro Echia, ou Pizzofalcone, de boa defensa natural, á que chamaron '''Parténope''', <ref> ''Recreación hipotética de Parténope sobre o Pizzofalcone; á dereita, Megaride'' [http://faculty.ed.umuc.edu/~jmatthew/naples/ancpart.jpg]</ref> polo nome dunha das tres sereas que cos seus cantos tentaron seducir a [[Ulises]] na [[Odisea]].
 
Liña 55:
Co final do Imperio e o ascenso do [[cristianismo]] apareceron os primeiros templos paleocristiáns coma o baptisterio de San Giovanni e a basílica de Santa Restituta, fundada polo emperador [[Constantino I o Grande|Constantino]], que foron o xermolo ambos da primeira catedral de Neápolis.
 
=== Época medieval ===
Despois do breve período baixo o poder dos [[ostrogodos]], que confinaron no 476 ao último emperador [[Rómulo Augústulo]] no que fora a suntuosa vila de Lucullus, xa fortificada, na illa de Megaride, Nápoles pasou a órbita do [[Imperio Bizantino]] recuperando así a súa identidade grega, cuxa lingua volveu ser equiparada oficialmente co latín. Dende o [[século VII]] foi capital do [[Ducado de Nápoles]] que, co debilitamento do poder bizantino, rematou sendo independente no [[século IX]]. O pazo ducal sobre do antigo pretorio bizantino achábase no que sería o soar da futura [[Universidade de Nápoles Federico II|universidade federicana]]. A cidade encheuse das moitas igrexas e mosteiros fundados neste tempo <ref> ''Mapa interactivo de Nápoles con información pormenorizada da época medieval'' [http://maps.google.com/maps/ms?hl=en&ie=UTF8&msa=0&msid=202713283966559584978.00044815837450190c814&source=embed&ll=40.848813,14.257936&spn=0.015972,0.027509&z=15]</ref>.
 
En 1139 foi conquistada polos [[normandos]], que contaban co apoio papal, pasando a formar parte do seu [[Reino de Sicilia]] con capital en [[Palermo]]. Estes, ademais de iniciaren a fortificación definitiva do [[Castelo do Ovo]] na illa de Megaride, construíron o Castelo Capuano sobre dun anterior ''castrum'' bizantino no extremo leste da muralla e ampliaron esta inda máis ao suroeste, <ref> ''Mapa de Nápoles no século XI; B.Capasso'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante_94_3_8a.jpg]</ref> a carón do porto, que adquiriu gran relevancia mesmo chegando a pertencer a [[Liga Hanseática]] no 1164.
Liña 62:
En 1194, non habendo herdeiro normando, apoderouse do trono do reino o emperador do [[Sacro Imperio Romano Xermánico|Sacro Imperio]] Henrique VI Hohenstaufen. O seu sucesor [[Federico II]] converteu o Castelo Capuano en residencia real e fundou en 1224 os ''Studi Generali'', a Universidade de Nápoles, que é a universidade laica e estatal máis antiga do mundo. <ref>[http://www.unina.it/ Università degli Studi di Napoli - Federico II]</ref>
 
=== A capital do Reino de Nápoles ===
No contexto das loitas entre [[Güelfos e xibelinos|güelfos e xibelinos]], en 1266 a cidade pasou ás mans do partidario do papa, Carlos I de Anxou, que a converteu na capital dun Reino de Sicilia dividido, orixe do [[Reino das Dúas Sicilias]] do século XIX.
 
Os anxevinos emprenderon deseguida unha labor de ampliación e embelecemento da nova sede real. Como residencia da corte erixiron fóra das murallas e xunto ao porto (que tamén ampliaron cun gran peirao, o ''Molo Grande'') unha nova fortaleza, o ''Maschio Angioino'' ou [[Castel Nuovo]] no 1282, onde serán invitados [[Giovanni Boccaccio|Boccaccio]], [[Petrarca]] e [[Giotto]]. Entre o castelo e a muralla, coa nova Porta Petruccia, aparece o ''Largo delle Corregge'', a actual Vía Medina, con pazos nobiliarios e edificios administrativos ademais de hospitais e o arsenal.
Liña 73:
[[Ficheiro:Tavola Strozzi - Napoli.jpg|700px|centro|miniatura|Nápoles no fin do medievo (''Tavola Strozzi'', 1473): Castel Nuovo e o Molo (peirao) Grande a carón da vella cidade amurallada.]]
 
=== Desenvolvemento baixo o dominio español ===
[[Ficheiro:Napoli BW 2013-05-16 14-05-42 DxO.jpg|miniatura|esquerda|200px|Castel Nuovo de Afonso I de Aragón.]]
En 1442 o Reino de Sicilia e Nápoles pasa ao poder da [[Coroa de Aragón]]. O [[humanismo]] renacentista vai ter un foco na corte de [[Afonso V de Aragón|Afonso I]] quen refai o Castel Nuovo erixindo novas torres e cun magnífico arco triunfal de acceso. <ref> ''Vista en contrapicado do acceso a Castel Nuovo baixo o arco triunfal'' [http://farm4.static.flickr.com/3245/2902147627_7e2c44a503.jpg]</ref> Un novo recinto de murallas esténdese ata o castelo abarcando xa a área do ''Largo delle Corregge''. <ref> ''Planta de Nápoles coas murallas aragonesas; nótese na cidade vella os recintos das grandes igrexas medievais (rentes dos tres decumanos do trazado inicial) e a Praza do Mercado no extremo inferior dereito'' [http://i50.tinypic.com/a0e16d.jpg]</ref> A poboación comeza a medrar por mor dunha inmigración continuada e acada os 110.000 habitantes cara a finais do século.
Liña 85:
En efecto, no 1600 por encargo do entón vicerrei [[Fernando Ruiz de Castro Andrade]], [[Conde de Lemos]], e con proxecto de Domenico Fontana comezou a obra que vai configurar un dos puntos focais da cidade moderna. Entre a Vía Toledo e o mar, enfrontando o outeiro Pizzofalcone, a fachada porticada do pazo real abriuse a occidente nun novo espazo público nomeado daquela ''Largo di Palazzo''. <ref> ''Traza do século XVII coa área do Largo di Palazzo e o aínda novo Pazo Vicerreinal; nótese o desenvolvemento en ámbolos dous flancos de Vía Toledo'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/amirante-roberta/img/amirante-94-05-3b.jpg]</ref><ref>''Vista do Largo di Palazzo cara á Vía Toledo'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-9.jpg]</ref><ref> ''Idem noutra vista, L.Coccorante 1739'' [http://www.robilantvoena.com/images/content/inventory/58/COCCORANTE-naples-65.5x156.jpg]</ref> No canto dun proxecto tamén de Fontana para ampliar o porto cun segundo gran peirao, que non foi posto en funcionamento ata o século XIX, o fronte costeiro por baixo do pazo foi acondicionado coma porto militar co arsenal do vicerrei no 1578 e unha dársena no 1666.
 
=== Capital borbónica ===
No [[século XVIII]] a cidade vai seguir crecendo cara ao oeste, pola vía Chiaia que parte do ''Largo di Palazzo'' rodeando Pizzofalcone, ata o barrio burgués de Chiaia na ribeira; e tamén cara ao norte, co barrio popular ao pé do outeiro de Capodimonte. <ref> ''Mapa de Nápoles co desenvolvemento do s.XVIII'' [http://historic-cities.huji.ac.il/italy/napoli/maps/stockdale_1800_napoli_m.jpg]</ref>
 
Liña 95:
Foi no breve período de ocupación napoleónica, de 1805 a 1815, cando o ''Largo di Palazzo'' foi reorganizado coma unha verdadeira gran praza e centro representativo da capital, o Foro Murat, actual Praza do Plebiscito: un monumental hemiciclo columnado coa posterior igrexa de San Francisco de Paula, de estilo neoclásico segundo o [[Panteón de Roma]], coma centro fronte á fachada do Pazo Real. <ref> ''Planta do conxunto da Praza do Plebiscito: pechando os laterais foron erixidos dous pazos de fachadas simétricas entre finais do XVIII e 1825'' [http://podcast.federica.unina.it/mini/img.php?src=/files/_docenti/colletta-teresa/img/teresa-colletta-4600-15-21.jpg]</ref><ref> ''Vista aérea do conxunto da Praza do Plebiscito'' [http://farm3.static.flickr.com/2402/2505798232_7c3879b9fa.jpg]</ref> Noutro extremo da vila, o amplo baleiro da Praza do Mercado medieval fora reordenado xa a finais do século XVIII cunha proposta semellante inda que a escala moi modesta. Tamén de época napoleónica foi a continuación do eixo de Vía Toledo cara ao norte dende o Museo Arqueolóxico ata Capodimonte, chamada ''Corso Bonaparte''.
 
=== O saneamento de Nápoles: os ''sventramenti'' ===
No final do período borbónico, xa como [[Reino das Dúas Sicilias]], houbo unha labor de modernización, co primeiro ferrocarril italiano en 1839, o novo gran peirao no porto, o Molo de San Vicenzo, a reconstrución do Teatro San Carlo na Praza Trieste e Trento adxacente á do Plebiscito, e unha incipiente industrialización coa cerámica de Capodimonte, que continuou xa dentro do [[Reino de Italia (1861-1946)|Reino de Italia]] despois de 1860. As insalubres condicións do casco histórico levaron ao Plan de ''Risanamento'' ("resaneamento"), de 1885 a 1914, cuxos obxectivos non foron acadados, pois houbo moita especulación, con inxentes destrucións do patrimonio, os chamados ''sventramenti'' ("desventramentos, destripamentos"), e unha manifesta división clasista da cidade.
[[Ficheiro:Brogi, Carlo (1850-1925) - n. 10209 - Napoli - Interno della Galleria Umberto I - Architetto Ernesto de Mauro.jpg|miniatura|150px|esquerda|Galería Umberto I.]]
Liña 103:
Finalmente, na área nobre da urbe, foi reordenada a Praza Municipio, a carón do Castel Nuovo e o concello <ref> ''Vista de época da Praza Municipio'' [http://www.fotonapoli.it/urbane/slides/Municipio%20(Piazza%20del).%20Veduta%20dal%20faro..jpg]</ref> e construída a monumental Galería Umberto I fronte ao Teatro San Carlo <ref> ''Fotografía dende a Praza Trieste e Trento das fachadas enfrontadas da Galería Umberto I (esquerda) e do Teatro San Carlo; ao fondo Castel Nuovo'' [https://archive.is/20120712074358/i56.tinypic.com/2u4jwic.jpg]</ref>. Na ribeira leste do Pizzofalcone, xunto ao Castelo do Ovo, en terreos gañados ao mar foi edificado o pequeno Borgo de Santa Lucía. <ref> ''Planta da zona de Pizzofalcone co novo Borgo de Santa Lucía'' [http://digilander.libero.it/SuperTim/immagini/SantaLucia2004.jpg]</ref><ref> ''Mapa detallado do centro de Nápoles, 1893'' [http://freepages.genealogy.rootsweb.ancestry.com/~itasicily/maps/1893_napoli-2.jpg]</ref>
 
=== Século XX ===
No [[século XX]] Nápoles vai quedar relegada ao papel de capital do sur de Italia, o ''Mezzogiorno'', converténdose con diferencia na zona máis atrasada do país, cunha emigración endémica e arraigados problemas de crime organizado que infiltran a vida civil e política.
 
Liña 110:
Nápoles resultou moi danada na [[Segunda Guerra Mundial]] e a recuperación posterior foi lenta e chea de ilegalidades que incrementaron a conxestión. Dende os anos sesenta o plan de [[Kenzo Tange]] para un centro de negocios ao leste da estación que revitalizase a zona e tamén toda a cidade non foi posto en funcionamento ata os anos noventa (Centro Direzionale <ref> ''Variantes do Plano Xeral de 1939 (base do de 1958) ''[http://architettura.unipa.it/lopiccolo/2/5-PRG1939TentatividiVarianti.jpg]</ref>), e simboliza a esperanza de futuro da vella Neápolis <ref> ''Vista aérea do porto de Nápoles cos rañaceos do Centro Direzionale enriba das vías no centro da imaxe'' [http://www.paestum.de/jpg/napoli/napol5a309_75.jpg]</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
[[Categoría:Cidades de Italia]]