Arquitectura románica en Galicia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 30:
[[Ficheiro:SM-Breamo-304.jpg|miniatura|[[Igrexa de San Miguel de Breamo]] [[Pontedeume]].]]
[[Ficheiro:FachadaIgrexaStaMaríadeCambre.jpg|esquerda|miniatura|[[Igrexa de Santa María de Cambre]] [[Cambre]].]]
A principal obra románica da [[provincia da Coruña]] e toda [[Galicia]] é, sen dubida, a [[Catedral de Santiago de Compostela]]. Non existen dúbidas do importante papel que exerceron as peregrinacións, que, ao longo do camiño tiñan como obxectivo chegar á tumba do apóstolo, para o florecemento do estilo románico en Galicia. O nacemento da catedral de Santiago de Compostela ten a súa orixe nestas peregrinacións, sendo reedificada en diversas ocasións durante o período románico. Na cidade de Compostela, destacan xunto á catedral como exemplos de arte románica a [[Colexiata de Santa María de Sar]] e a [[Igrexa de Santa María de Salomé]].
 
Xunto á capital administrativa galega, destaca como centro da arte románica o Golfo Ártabro, ademais da cidade da [[A Coruña|Coruña]] e os seus arredores, lugares no que se atopan algunhas das mellores mostras do románico galego na provincia.
Liña 50:
Na [[Lugo|capital da provincia]] destaca a [[Catedral de Lugo]]. A catedral foi mandada construír no ano [[755]] polo bispo Odoario, mais as deficiencias de construción e os asedios das guerras fixeron que no primeiro terzo do [[século XII]] se achase o edificio nunhas condicións tales que obrigaron ao bispo Pedro III co seu cabido e outras persoas notables da cidade a concertar en [[1129]] co mestre Raimundo a construción dun novo templo conforme ao estilo arquitectónico entón imperante, o románico, sendo rematada no ano [[1273]].
 
Trala súa construción o edificio foi reformado en diversas ocasións. A pesares das reformas, o interior do templo é basicamente dun estilo románico tardío. Pertencen á arquitectura románica os paramentos verticais e a bóveda da nave do cruceiro, ademais da maior parte da naves maior, laterais e [[triforio]], cuxas bóvedas foron restauradas no [[século XVIII]], ademais da porta norte, que se atopa acubillada por un soportal gótico no que se atopa un tímpano. Na catedral están presentes tamén outros estilos como o [[arquitectura gótica|gótico]] (primeiro corpo da torre das campás [[1570]], o [[nártice]] ou pórtico norte 1510-1530, primeiro corpo da capela maior e as capelas do deambulatorio agás a central, así como as capelas de Santo Domingo dos Reis [[1370]] e San Froilán [[1480]]), o [[barroco]] (sancristía [[1678]], a sala capitular e os seus arredores [[1683]], o [[claustro]] [[1714]] e a capela central do deambulatorio, chamada dos Ollos Grandes [[1726]]) e o [[Renacemento|renacentista]] (segundo corpo da capela maior, a actual capela de San Foilán e a fachada, obra da segunda metade do século [[XVIII]]).
 
[[Ficheiro:Santa marina.JPG|miniatura|esquerda|[[Igrexa de Santa Marina de Sarria|Igrexa de Santa Marina]], [[Sarria]].]]
Liña 87:
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
== Véxase tamén ==