Diferenzas entre revisións de «Illa de San Martiño»

m
Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
m (Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética)
Colectivamente, ambos os territorios son coñecidos como ''St. Martin/St. Maarten'' ou ''St. Martins''. As principais cidades son [[Marigot]], no lado francés, e [[Philipsburg]], no lado neerlandés.
 
== Historia ==
[[Ficheiro:Saint martin map.PNG|miniatura|250px|Mapa da illa de San Martín. En verde, zona francesa; en laranxa, zona neerlandesa]]
A illa foi divisada polo navegante [[Cristovo Colón]] o [[11 de novembro]] de [[1493]], día de [[Martiño de Tours|San Martiño de Tours]], en honra ao cal chamou á illa.
O [[23 de marzo]] de [[1648]] foi asinado un acordo para dividir a illa entre os reinos de [[Francia]] e de [[Reino de Holanda|Holanda]]. Desde ese entón ambos os territorios dependeron doutros [[territorio dependente|territorios de ultramar]] de potencias estranxeiras. Xa a comezos do [[século XXI]] ambos territorios comezaron a esixir unha modificación aos estatutos de goberno. A zona francesa, que era unha comuna do [[departamento de ultramar]] de [[Guadalupe, Francia|Guadalupe]], decidiu escindirse, do mesmo xeito que a próxima illa de [[Saint-Barthélemy]]. Tras ser aprobado polo parlamento francés, San-Martín estableceuse como unha [[colectividade de ultramar]] o [[22 de febreiro]] de [[2007]]. En tanto, unha reforma importante que sufrirá as [[Antillas Neerlandesas]] durante [[2007]] permitirán que San Martiño teña un estátus similar ao que ostenta actualmente [[Aruba]].
 
== Demografía ==
[[Ficheiro:Phillipsburg St Maarten.jpg|250px|miniatura|Vista de [[Philipsburg]], capital de [[Sint Maarten]].]]
A illa de San Martiño sufriu nos últimos anos un forte incremento demográfico, debido ao forte desenvolvemento do [[turismo]]. A [[inmigración]] preponderante é de ascendencia [[Haití|haitiana]], francesa e [[República Dominicana|dominicana]]. En [[2002]] estimábase unha poboación en Saint-Martin de 31.397, mentres en Sint-Maarten era de preto de 42.000 en [[2005]].
Aínda que os idiomas máis usados son o [[lingua francesa|francés]] e [[lingua neerlandesa|neerlandés]] nas súas diversas variantes, mesturadas con dialectos caribeños, tamén está presente o [[lingua española|español]], cunha estimación de preto de 4.500 hispanoparlantes en toda a illa.
 
== Deporte ==
Os principais deportes practicados son o [[sóftbol]] e o [[béisbol]]. O [[fútbol]] non é moi popular, con todo, ambas as partes da illa posúen seleccións deste deporte. A [[selección de fútbol de Saint-Martin]] e a [[selección de fútbol de Sint Maarten]] son na actualidade seleccionados asociados á [[CONCACAF]] e non pertencen á [[FIFA]], pero probablemente co cambio nos seus estatutos durante [[2007]] puidesen ter acceso á membresía.{{cómpre referencia}}
 
== Transporte ==
Existen dous aeroportos na illa: o [[Aeroporto Internacional Princesa Xuliana]] na parte holandesa, e o [[Aeroporto Grand-Case]] na francesa. O primeiro dos mencionados aeroportos é único no seu tipo, xa que a cabeceira da pista se atopa xunto á praia e é que numerosas persoas poden observar descender avións de gran porte a escasos metros da súa localización<ref>http://www.youtube.com/watch?v=dBYY77F9JDw&feature=fvst Aterraxes no aeroporto</ref>.
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
=== Véxase tamén ===
{{Coordenadas|18|04|N|63|03|W|display=inline,title}}
[[Ficheiro:Saint Martin.png|miniatura|Vista de satélite da illa]]
=== Ligazóns externas ===
{{commonscat|Saint Martin (island)}}
* [http://www.st-maarten.com/ www.st-maarten.com] Portal de información a illa
393.002

edicións