Novela histórica: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo ortografía
m Bot: Substitución automática de texto (-{{Listaref|2}} +{{Listaref|30em}}); cambios estética
Liña 1:
{{sen referencias|data=agosto de 2015}}
A '''novela histórica''' é un [[xénero literario]] que reflicte máis ou menos fielmente o ambiente, os personaxes e os acontecementos dunha época histórica, mesturando a ficción cos acontecementos históricos. Aínda que con precedentes, naceu no século XIX en Alemaña, aínda que o escritor mais coñecido deste xénero sexa [[Walter Scott]] ao que grazas á súa fama estendeu este xénero por todo o mundo.
=== Precursores da novela histórica ===
A primeira novela histórica é "Quéreas e Calírroe"<ref>garcía Gual, C. "La antigüedad novelada" ed Anagrama 1995</ref>, un relato romántico de aventuras escrito por Caritón de Afrodisias no século I D. de C. no que a acción transcorre no século V A. de C. na que os personaxes fictricios alternan con outros reais como o rei Artaxerxes I. No século III D. de C. Un descoñecido( o Pesudo Calístenes) escribiu unha "Vida de Alexandre" cincocentos anos despois da morte de [[Alexandre Magno]] que tería gran repercusión na [[Idade Media]] onde se lle coñeceu como o "libro de Alexandre"; da mesma época é a "Vida de Apolonio de Tiana" escrita por Filóstrato por encargo da emperatirz Xulia Domna.
A finais da Idade Media o español Pedro de Corral escribe a "crónica sarracina" onde funde feitos históricos con ficcións. Mentres noutras artes, como no teatro, os dramaturgos aproveitaban feitos históricos para as súas ficcións, como [[William Shakespeare]] nos seus dramas "Xulio César".
Liña 21:
As épocas preferidas da novela histórica galega son semellantes a do resto de Europa e de España, a grandes trazos tratan sobre a [[Idade Media]] e a [[Guerra civil española]] e súas consecuencias, cun pequeno porcentaxe sobre outras épocas, como a Idade Moderna(Xa vai o griffón no vento, Settecento) e Antiga (Ouveade naves de Tarsish!,O demo á orella.).
 
=== Exemplos ===
* [[Antonio López Ferreiro]]: ''[[A tecedeira de Bonaval]]''
* [[Alfredo Conde]]:Xa vai o griffón no vento, María das Batallas.
* [[Antón Alonso Ríos]]: ''O siñor Afranio ou como me rispei das gadoupas da morte''
* [[Manuel Bergueiro López]]: ''A pecadenta silenzosa''
* [[Xoán Bernárdez Vilar]]: ''[[Un home de Vilameán]]'',''Ouveade Naves de Trasish!''
* [[Eduardo Blanco-Amor]]: ''[[Xente ao lonxe]]''
* [[Fermín Bouza Brey]]: ''Cabalgadas en Salnés''
* [[Francisco Cabo Pastor]]: ''Semprenoiva''
* [[Ricardo Carvalho Calero]]: ''A xente da Barreira''
* [[Carlos Casares]]: ''[[Ilustrísima]]''
* [[Ángel del Castillo López]]: ''A dona das Torres''
* [[Daniel Cortezón]]: ''As covas do rei Cintolo''
* [[Manuel Lois Vázquez]]: ''A Quinza'', ''A reina loba'', ''Alira de Elfe''
* [[Xan de Masma]]: ''¡A Besta!''
* [[Ramón Otero Pedrayo]]: ''[[A romaría de Xelmírez]]'', ''[[Fra Vernero]]'', ''[[O mesón dos ermos]]'', ''[[O señorito da Reboraina]]'', ''[[Os camiños da vida]]''
* [[Heraclio Pérez Placer]]: ''Predición''
* [[Francisco Porto Rey]]: ''Fermosinda''
* [[Aurelio Ribalta]]: ''O pastor de doña Silvia''
* [[Silvio Santiago]]: ''O silencio redimido'', ''Villardevós''
* [[Marcos S. Calveiro]]:''Settecento''
* [[Florencio Vaamonde]]: ''Anxélica''
* [[Ramón de Valenzuela]]: ''[[Era tempo de apandar]]'', ''[[Non agardei por ninguén]]''
* [[Xesús Rábade Paredes]]: ''Branca de Loboso''
* [[Xosé Miranda]]:O demo á orella.
 
== Notas ==
{{Listaref|230em}}
 
[[Categoría:Ficción]]