Diferenzas entre revisións de «Tratado de Valençay»

sen resumo de edición
(Nova páxina: O '''Tratado de Valençay''' foi un acordo asinado na localidade francesa do mesmo nome, polo que o emperador Napoleón I oferecía a paz, recoñecendo a [[Fernando VII]...)
 
O '''Tratado de Valençay''' foi un acordo asinado na localidade [[Franza|francesa]] do mesmo nome, polo que o emperador [[Napoleón I de Francia]] oferecía a paz, recoñecendo a [[Fernando VII]] como rei de [[España]], a causa das derrotas sufridas na [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]] e, especialmente, polo degaste progresivo do exército francés e da moral dos soldados polo continuado acoso das forzas que actuaban en [[guerrilla]].
 
As negociacións comezaron o 20 de novembro de [[1813]] en [[Valençay]], residencia real na [[Franza]] de Fernando VII, entre [[José Miguel de Carvajal]], [[duque de San Carlos]], e [[Antoine René Mathurin]], conde de Laforest. O acordo foi finalemente asinado o día 11 de dicembro do mesmo ano. Napoleón aceptaba a suspensión de hostilidades e a volta de Fernando VII ao trono de España, así mesmo recoñecía todos os territorios baixo soberanía da familia real española, consonte a situación anterior ao inicio da guerra. Ambos os dous países devolveríanse mutuamente as prazas e territorios ocupados.
Usuario anónimo