Virxe María: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 29:
A '''Virxe María''', '''Santa María''' ou simplemente '''María''' (''Mariam:'' {{lang-el|Μαριάμ}}; {{lang-he|מרים}}; {{lang-ar|مَريَمْ}}) foi unha muller [[xudeu|xudía]] de [[Nazaret]] ([[Galilea]]), considerada segundo as tradicións [[Cristianismo|cristiá]] e [[Islam|musulmá]] a [[nai]] de [[Xesús de Nazaret]] e, polo tanto, para a meirande parte dos cristiáns, a nai de [[Deus]]. Entre outros dos seus nomes e títulos están o de [[Benaventurada Virxe María (catolicismo)|Benaventurada Virxe María]] e [[Nai de Deus]] nas [[cristianismo occidental|igrexas occidentais]], e o seu equivalente ''[[Theotokos]]'' no [[cristianismo oriental]], e [[Perspectivas islámicas sobre María|''Maryam'']], nai de [[Perspectivas islámicas de Xesús|''Isa'']] (Xesús) no [[islam]]. Os cristiáns manteñen que o seu fillo Xesús é [[Cristo]] (é dicir, o [[mesías]] prometido ao [[pobo xudeu]]) e [[Deus Fillo]] [[encarnación (cristianismo)|encarnado]], mentres que para os musulmáns é o mesías e un dos [[profeta]]s más importantes enviados por [[Deus]] á humanidade.
 
Segundo os [[Evanxeos canónicos]] de [[Evanxeo de Mateo|Mateo]] e [[Evanxeo de Lucas|Lucas]], María era unaunha virxe (en [[lingua grega|grego]] ''παρθένος, parthénos'')<ref>Mateo 1:23</ref> que concibiu ó seu fillo Xesús sen intervención de ningún home (de aí o título de "Virxe"), por obra do [[Espírito Santo]]. Os musulmáns cren que concibiuno de xeito milagroso por intervención divina. Isto tivo lugar cando ela xa estaba [[esponsais|prometida]] a [[Xosé de Nazaret|San Xosé]] mais aínda non estaba casada. Casou con el e acompañouno a [[Belén]], onde naceu Xesús.
 
O [[Novo Testamento]] comeza a súa crónica da vida de María coa [[Anunciación]], cando o arcanxo [[Gabriel]] aparecéuselle e anuncioulle a súa escolla divina para ser nai de Xesús. A [[tradición da Igrexa]] e o [[Protoevanxeo de Santiago]] ([[Evanxeos apócrifos|apócrifo]]) falan dos seus pais como unha parella de avanzada idade, San [[Xoaquín, pai de María|Xoaquín]] e Santa [[Ana, nai de María|Ana]].