Diferenzas entre revisións de «Lingua»

* Os ''sabires''. Trátase de falares mixtos formados con elementos procedentes de varias linguas nacionais e utilizados en contextos comuncacionais moi limitados. É o que ocorre coa lingua dos comerciantes nas costas de [[África]] oriental, mestura de [[Lingua árabe|árabe]] e [[Lingua francesa|francés]], ou co [[portuñol]], mestura do [[Lingua portuguesa|portugués]] e [[Lingua castelá|español]] nas áreas fronteirizas do Brasil.
* Os ''pidgin''. Trátase de variedades do sabir máis elaboradas, con total coherencia gramatical e usada en calquera contexto comunicacional.
* Os ''crioulos''. Denominación que recibe un pidgin cando se converte en lingua principal dunha colectividade e incluso soporte dunha cultura escrita. Así ocorreu co crioulo das [[Antillas]] (mestura do [[Lingua francesa|francés]] e linguas africanas) e co crioulo de [[Cabo Verde]] (crucecruzamento dos falares nativos co [[Lingua portuguesa|portugués]]).
* As ''linguas artificiais''. Creacións de laboratorio realizadas por lingüistas como propostas de lingua universal para substituír as linguas nacionais. Entres as múltiples linguas artificiais aparecidas desde o [[século XIX]] destaca, pola difusión alcanzada, o [[esperanto]].
 
191.975

edicións