Yolanda Castaño: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Elisardojm (conversa | contribucións)
m *nominada>nomeada (via AWB script)
Liña 19:
 
== Actividades ==
Yolanda está interesada en proxectos interxenéricos en que a poesía dialoga con outras [[arte]]s. Ten desenvolvido distintas experiencias que fusionan a poesía coa plástica, coa música ou co [[audiovisual]]. Así, publicou xunto ao pintor [[Antón Sobral]] o catálogo de pintura ''Venecia. O Vicio da Beleza'' (2000). Nese mesmo ano, e baixo o título ''Edénica'', viu a luz unha antoloxía persoal de toda a súa obra anterior, acompañada dun [[CD (informática)|CD]] no que cantaba versións musicadas dos seus poemas. ''O libro da egoísta'' (2003) foi número un en vendas de libro galego durante varias semanas, colleitando ademais moi boas críticas. Ao fío deste poemario, dirixiu e produciu ''O video da egoísta'', un videopoema que traducía os seus contidos á linguaxe audiovisual e que resultou gañador do festival de curtametraxes do Concello de Santiago de Compostela Curtocircuíto [[2004]] na sección de videocreación. Foi guionista, directora e presentadora na TVE-Galicia de ''Mercuria'', un programa sobre vangardas artísticas galegas que a levou a ser nominadanomeada pola [[Academia Galega do Audiovisual]] na categoría "Mellor Comunicador de TV" en 2004, galardón que obtivo finalmente en 2005. En colaboración coa Concellaría de Cultura da Coruña desenvolve desde [[2009]] o ciclo ''Poetas Di(n)versos'', con recitais conxunto de poetas galegos e de outras linguas.
 
=== Polémica con ''Aduaneiros'' ===