Diferenzas entre revisións de «Cream»

m
nominado>nomeado (via AWB script)
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
m (nominado>nomeado (via AWB script))
'''Cream''' foi un [[supergrupo]] británico dos anos 60 que contaba na súa formación co guitarrista [[Eric Clapton]], o baixista [[Jack Bruce]] e o [[Batería (instrumento musical)|batería]] [[Ginger Baker]]. Considerado un dos primeiros [[supergrupo]]s de [[música rock|rock]], o seu son estaba caracterizado por ser unha mestura entre [[blues]] e psicodelia. Cream combinaba a [[guitarra]] blues de Clapton coa voz e a intensidade das liñas de [[baixo]] de Bruce e a [[batería (instrumento musical)|batería]] con influencias do [[jazz]] de Baker.
 
No verán do ano [[1966]], os nominadosnomeados coma os mellores guitarristas ([[Eric Clapton]]), baixistas ([[Jack Bruce]]) e baterías ([[Ginger Baker]]) da [[Gran Bretaña]] decidiron unirse e formar o primeiro [[supergrupo]] da historia do [[música rock|rock]], xa se coñecían porque estiveran tocando xuntos nun grupo de Blues. Coma eran os mellores o grupo non podía chamarse doutra maneira, The Cream (A Crema), un dos máis grandes talentos do show-business a nivel mundial será o seu mánager Robert Stigwood, o experimento durou dous años e seis meses nos cales Cream foi a banda de Rock e Blues máis grande do seu momento, creando grandes éxitos en vendas ou creando escola e adiantándose polo menos tres anos ás tendencias musicais que virían a finais dos anos sesenta.
 
O seu primeiro sinxelo editouse en outubro de 1966 e foi "Wrapping Paper", que foi a carta de presentación do grupo e do son Cream, seguiralle "I Feel Free", co que consolidaron o seu contundente son. Tras traballar duramente conseguiron crear máis temas cos que editaron o primeiro álbum do grupo, ''[[Fresh Cream]]'', que os catapulta coma o grupo punteiro e máis innovador do momento, a este LP seguiranlle dous sinxelos, xa considerados ''históricos'', e que no seu día foron grandes éxitos, "Sunshine of your love", un tema con moita forza, e "Strange Brew", un estraño beberaxe no que cada membro do grupo achega unha sustancia distinta pero que ó unirse produce unha exitosa amalgama.
100.015

edicións