Aeroporto da Coruña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
WiKorunna (conversa | contribucións)
→‎Historia: Inclúense datos procedentes da versión española do artigo
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito repetido
Liña 53:
Este primeiro proxecto implicaba a construción dun campo de vóos na meseta de [[Alvedro, Almeiras, Culleredo|Alvedro]], en Culleredo, que se considera suficiente para a construción dun aeródromo tipo C. En proxectos posteriores incluíuse a construción dunha área de estacionamento e unha terminal de viaxeiros.
 
En [[1961]] foron instalados a radiobaliza e os grupos electróxenos da central eléctrica e en [[1962]], construíuse o predio terminal, realizouse a sinalización da pista de vóos e foi urbanizada a contorna da terminal. Mentres estes traballos eran realizados, a [[Deputación da Coruña]] encargouse da construción da estrada que uniría o aeroporto coa Coruña e Compostela, e a Dirección de Protección do Voo completou as instalacións de de axuda á navegación. Finalmente, en [[1963]], construiríase o predio de servizos.
 
Unha vez rematadas as obras ábrese o aeroporto ao tráfico aéreo civil español e a inauguración oficial ten lugar o [[25 de maio]] de 1963. O seu primeiro voo foi coa liña de [[Iberia (aeroliña)|Iberia]] dende [[Madrid]] ata A Coruña e volta.