Canón do Sil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Ribeira Sacra. Río Sil. Lugo. Galiza.jpg|miniatura|Río Sil ó seu paso pola provincia de Lugo.]]
Os '''Canóns do río Sil''' son unhas das paraxes máis impresionantes que se poden visitar na xeografía galega. Están situados preto da unión entre o [[río Sil]], e o [[río Miño]], na zona da [[Ribeira Sacra]]. Está cortado por numerosos encoros, que fornecen de auga e electricidade a boa parte da poboación galega, e dos arredores{{Cómpre referencia}}. Esta área natural abrangue os concellos de [[Pantón]], [[Sober]], [[Nogueira de Ramuín]] e [[Parada de Sil]], cunha superficie de 5.914 hectáreas<ref>''[[Enciclopedia Galega Universal]]'', versión [http://egu.es/ en liña].</ref>.
 
Os seus contrastes, entre grandes pedras e auga, vexetación e auga, xogos de reflexos constitúen un importante atractivo. Os paseos que se poden facer en [[catamarán]] son a mellor maneira de apreciar os seus desniveis, de máis de 500 m. nalgúns puntos, e con pendentes de máis de 50°, ás veces case verticais.