Diferenzas entre revisións de «Templo de Santalla de Bóveda»

m
Arranxos varios using AWB
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
m (Arranxos varios using AWB)
[[Ficheiro:Templo romano de Santalla de Bóveda.jpg|miniatura|250px|Interior do templo.]]
 
Non existen datos do monumento ata primeiros do [[século XX]], cando o párroco do lugar, José María Penado, descubriu a súa existencia. En [[1926]], a noticia chegou á Comisión de Monumentos Histórico-Artísticos de Lugo, quen encargou a Luis López-Martí a escavación e recuperación dos restos.
 
A desafortunada forma na que se realizaron as primeiras escavacións provocou o derrubamento de toda a parte superior da bóveda, da que hoxe só queda memoria polas fotografías realizadas daquela e algúns restos con pinturas xeométricas que se conservan nos museos [[Museo Provincial de Lugo|Provincial]] e [[Museo Diocesano e Catedralicio de Lugo|Catedralicio]] de Lugo.
 
Ó redor dos anos cincuenta do pasado século realizouse unha nova campaña de escavacións que puxo en evidencia a existencia da piscina central, que estaba reenchida con entullos e cuberta por un lousado de pedra.
 
Nos anos setenta volveron facerse obras de restauración e mantemento dos restos, que incluíron unha placa de cemento sobre a estrutura para evitar definitivamente os problemas de escorras da [[chuvia]] sobre o edificio.
Sobre esta edificación foi levantada posteriormente unha segunda planta, actualmente desaparecida salvo un resto da parede e do comezo da bóveda superior. Esta ampliación superior explica que por veces se designe como ''cripta'' o templo orixinal.
 
As pinturas da bóveda son un dos elementos máis característicos do templo e constitúen un conxunto mural único na península. Representan diversas aves encadradas nun fondo cuadriculado con motivos vexetais estilizados. Entre a aves representadas están [[faisán]]s, [[perdiz|perdices]], [[pomba]]s, [[galiña|galos]] e [[ganso]]s, nalgún caso comendo piñas ou acios de uvas.
 
No fondo da nave ábrese a [[ábsida]], na que se ve unha porta, construída posteriormente ó templo, pola que se ascendía á planta alta. Nas paredes laterais da nave ábrense dúas [[fornela]]s e, na parede frontal, a ámbolos lados da porta, ábrense dúas pequenas ventás con arcos de descarga triangulares.
 
Nos [[perpiaño]]s da fachada pódense ver diversos [[Relevo (escultura)|relevos]] moi erosionados e de dubidosa interpretación. En dous represéntanse dous grupos de cinco mulleres danzantes con cadanseu arco floral entre dúas columnas; noutros dous perpiaños represéntase unha soa figura tamén cun arco floral. Outro relevo representa dúas figuras humanas tolleitas, unha das pernas e outra dos brazos. Outro, un animal que algúns identifican cun león. Finalmente, noutro hai unha ave -que algúns interpretan como unha avestruz- sobre unha pértega.
 
Estes relevos (concretamente o das figuras humanas lisiadas) pretenden xustifica-la teoría de que a orixe do templo foi un santuario para a curación dos enfermos. Do mesmo xeito, as aves representadas nas pinturas murais quérense relacionar cun posible uso do templo como oráculo.<ref>Mesmo existe a teoría de que o espazo comprendido entre o muro perimetral e as paredes propias do templo estaba ocupado con caixas nas que se mantiñan estas aves vivas, de modo que o seu canto resoase no interior da nave, teoría que hoxe se cualifica de "''extremo erro''" por canto se trata dunha cámara illante da humidade do terreo.</ref>
[[Ficheiro:Lugo, Santalla de Bóveda 02-04.JPG|miniatura|250px|Placa superior do templo (no primeiro plano da fotografía) e os restos que se conservan da bóveda superior (á esquerda).]]
 
Na '''primeira fase''', o templo estaría formado por unha soa planta, cun [[adro]] porticado, unha aula e a ábsida. As paredes eran de [[cachotería]] irregular e a bóveda de canón feita en ladrillo, que é a que se conserva hoxe. No centro da aula estaría a piscina, que orixinalmente era maior cá actual, alimentada por canalizacións soterradas que permitían manter un nivel de auga constante.
 
Nunha '''segunda fase''' dividiuse a aula en tres naves mediante dúas arcadas feitas con arcos de medio punto de ladrillo; desta división, hoxe só se conservan as ménsulas que sostiñan aqueles arcos. As columnas destas arcadas obrigaron a cega-la piscina ou, máis probablemente, a reduci-las súas dimensións ás actuais. Desta época sería o friso de mármore nas paredes, o revocado da bóveda e as pinturas que cubrían esta, así como modificacións na fachada, entre elas a construción do arco de ferradura no acceso leste.
 
=== Taurobolium mitraico ===
Unha das teorías propostas, sobre a presenza desa piscina central, é a de que fose un templo romano dedicado ó deus Mitra, culto introducido polos soldados romanos en Galicia e, de feito, en Lugo atopouse unha ara votiva a Mitra dos tempos do emperador [[Caracalla]] (211-217). Sábese que o culto a esta deusa incluía un bautismo dos fieis mediante o sangue dun [[vaca|boi]] sacrificado polos sacerdotes na planta alta. O sangue caería sobre os fieis, colocados na piscina, a través dunha reixa no piso desta planta superior.
 
Trala morte do boi, os sacerdotes extraían as vísceras do animal e os seus órganos sexuais e baixaban á planta baixa, na que os colocaban nunhas fornelas que existen nas paredes laterais da nave.