O Nadal na cultura popular galega: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 12:
[[Xesús Taboada Chivite|Taboada Chivite]] di que nalgures tamén se lle daba ás [[vaca]]s unha sobrecea na Noiteboa, coma se o gando tamén fose da familia e tivese dereito a celebra-la festa. Outros costumes que cita son botar unha présa de sal no pozo ou deixar en auga unhas flores de [[malva]] que se recolleran na [[noite de San Xoán]], coa crenza de que, aínda estando loxicamente murchas, aparecerán á mañá seguinte frescas e fragrantes, como acabadas de cortar <ref>Esta crenza recóllea en [[Oímbra]], pero as anteriores non as localiza.</ref>.
 
Hai sitios, como Verín, onde ó remata-la cea de noiteboa, os rapaces saen a apedra-las [[árbore]]s froiteiras para que o ano entrante desen ben de froita. Adoitábase facer sobre todo coas árbores ''aneiras'', que só dan froito cada dous anos. Era costume representar previamente unha falsa disputa entre o dono da árbore, que teimaba en cortala, e outra persoa que a defendía, porfiando en que despois de apedrala daría froito en abundancia [http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=1166].
 
=== O ''Belén'' ===
Liña 25:
Na [[Coruña]] exponse outro gran belén, inaugurado en [[1923]] e restaurado en [[2001]], que representa o mapa de [[Xerusalén]], ocupando unha superficie de 120 metros cadrados. Tralo belén, pende un gran pano pintado por [[Camilo Díaz Baliño]].
 
A tradición apócrifa sitúa o nacemento de Xesús nunha humilde corte de pastores, quentado por un [[vaca|boi]] e un [[burro]] ou unha [[mula]]. Disque o boi quentaba ó Neno co seu bafo, mentres que a mula aproveitaba para lle come-la palla do presebe. Por esta actitude ingrata da mula, Deus condenouna á esterilidade.
 
Na [[comarca da Limia|Limia]] foi un [[Carrizo (paxaro)|carrizo]] quen quixo rouba-la palla e o castigo foi ser condenado a se-lo paxaro máis pequeno de todos cantos hai.
Liña 51:
[[Vicente Risco]] defíneo así:
 
{{Cita|''É un cañoto grande dun árbore, que nas montanas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios da de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arreder o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de Hespaña. En Cataluña vén ser o que chaman 'tió', no que baten os nenos da casa para que lles bote dulces, que os pais lle meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos''|Vicente Risco: "Etnografía: cultura espritual", en ''Historia de Galiza'', dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Editorial Nós, Buenos Aires 1962 (Reed. Akal, Madrid 1979); vol. I, 255-777.}}
 
Amais de ser protector e de certo carácter sagrado, as cinsas do ''tizón de Nadal'' parecían ser boas para cura-las febres.
Liña 63:
=== O Apalpador ===
[[Ficheiro:50c86a0959189-Carlos Callón-Praza Pública-Apalpador.jpg|miniatura|[[Carlos Callón]], co Apalpador, ante o edificio da [[Xunta de Galicia|Xunta]] en [[San Caetano, Santiago de Compostela|San Caetano]] nunha concentración de [[Queremos Galego]] no 2012.]]
Personaxe mitolóxico que, baixo diferentes denominacións -[[Apalpador]], [[Apalpador|Apalpa-Barrigas]] ou [[Apalpador|Pandigueiro]]-, é coñecido en diversas comarcas do País. Indica a tradición que se trata dun carboeiro que vive nos montes e nas devesas durante todo o ano e que baixa durante a [[Apalpador|noite do apalpadoiro]], o día [[24 de decembro|24]] ou o día [[31 de decembro]] segundo a zona, para apalpar as barrigas dos meniños e comprobar que comeran ben durante o ano. Se as atopa cheas, murmura "así estexas todo o ano". Se non as atopa cheas non di nada, pero deixa en ambos casos unha presada de castañas.
 
[[Xesús Taboada Chivite|Taboada Chivite]] recolle o ritual propiciatorio de apalpar a barriga dos mais pequenos.
 
Esta tradición comezou a ser recuperada e celebrada por toda a Galiza tras a publicación dun artigo de José André Lôpez Gonçález referente a ela no [[Portal Galego da Língua]] e o traballo de recuperación, documentación e promoción levado a termo por diversos colectivos, entidades, centros sociais, escolas e colexios e persoas de todo o País e nomeadamente pola asociación compostelá [[A Gentalha do Pichel]].
 
Hai diversas cantigas populares arredor do personaxe:
Liña 74:
:''marcha agora pra a camiña,''
:''que vai vir o Apalpador''
:''a apalparche a barriguiña.''
 
:''Mañá é día de cachela''
:''que haberá gran nevadara''
:''e vai vir o Apalpador''
:''cunha mega de castañas.''
 
:''Por aquela cemba''
Liña 87:
 
== Misa do galo ==
Celébrase á medianoite e debe o nome ó costume de levar un [[galiña|galo]], costume documentado xa na [[Idade Media]]. Parece estar relacionado co canto do galo que anuncia o día, simbolizando que nesa noite chega a luz que vence o príncipe das tebras, é dicir, o demo.
 
O [[Sisto III, papa|Papa Sisto III]] introduciu no [[século IV]] a celebración en Nadal dunha vixilia nocturna, ''tras canta-lo galo'', é dicir, a partir da medianoite, nun pequeno oratorio chamado ''ad praesepium'', ante o presebe, situado tralo altar maior da Basílica de Santa María a Maior de [[Roma]]. Desa expresión temporal xorde o nome de ''Misa do galo'' á que se celebraba nese momento.
Liña 127:
Celébrase o [[31 de decembro]], último día do ano ó que debe o nome de ''noitevella'' ou ''ano vello'' <ref>Tamén por contraposición co día seguinte: ''Aninovo''.</ref>. Tampouco se debía traballar nesta data na que tamén, de modo semellante ó que se fai na [[noite de San Xoán]], acostumábanse facer bromas como arrancar cancelas ou levarse os apeiros de labranza.
 
Crese tamén que nesta noite cae unha [[estrela (astronomía)|estrela]] do ceo e desfaise sobre a terra, á vez que nace unha nova estrela para substituíla. Alí onde caían os pedazos sería terra de fecundidade e alegría.
 
Tradicionalmente, no paso do Ano vello para o Ano novo, celebrábase "a queima do facho" ou prender o "lume novo". Esta práctica consistía en preparar entre os veciños un ou varios fachos de palla que se prendían despois da cea. O lume novo tiña especial importancia pois pensábase que durante esa noite, como na de defuntos, as ánimas dos devanceiros devalaban polas aldeas e se aquecían ao seu carón. O lume do facho ou das fogueiras xunto ás que se reunia a viciñanza era levado despois para as casas e mantido até o mencer, deixándose tamén comida para que os finados da casa participasen da cea dos vivos.
Liña 179:
* Navidá en venres, sementa onde poideres; Navidá en domingo, vende os bois e bótao en trigo.
* Non gabes nin desgabes hastra que pasen sete navidades.
* O día de santo Estevo córtalle o rabo ó teu becerro. <ref>Santo Estevo, 26 de decembro</ref>
* Polo Nadal, frío cordial.
* Polo santo Estevo rapa o becerro.
* Polo santo Tomé ceiba os bois e vén. <ref>Santo Tomé, 21 de decembro.</ref>
* Por Nadal, cada ovella ó seu curral.
* San Silvestre, meigas fóra!
Liña 237:
 
{{Nadal}}
{{Modelo:Etnografía galega}}
{{Control de autoridades}}