O Ciprianillo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 3:
'''''O Ciprianillo''''' é o nome dun [[libro]] máxico, publicado baixo diversos títulos, que describe distintos procedementos (ensalmos e rituais) para atopar os tesouros que os ''[[mouro (mitoloxía)|mouros]]'' agocharon en covas, castelos ou [[castro (poboado)|castros]]. Secundariamente, o libro ensina tamén a chamar e esconxurar o [[demo]], combater o [[mal de ollo]], adiviñar o oculto e diversos remedios máxicos de todo tipo, feitizos de amor (e de desamor) e outros.
 
Non se pode falar, realmente, dun ''Libro de San Cibrán'' senón dunha colección de versións ou traducións de contidos diferentes e atribuídos a mans diferentes. Todos eles arróganse o carácter de ''único'', o ''verdadeiro'', o ''único'', sen base ningunha que xustifique tal mérito.
 
== Historia ==
 
[[Xosé María Álvarez Blázquez]], [[Vicente Risco]] e outros autores investigaron sobre o posible autor e data orixinal de publicación, sen chegaren a ningunha conclusión definitiva. Parece haber certo consenso en situar o nacemento do libro ó redor dos séculos [[século XVI|XVI]] e [[século XVII|XVII]], se ben Bernardo Barreiro asegura que "''debe ser cousa do presente século XIX ou pouco anterior en anos''", ó non detectar ningunha mención ó libro nos autos de fe que consultou, relativos á [[Inquisición española|Inquisición en Galicia]] durante os séculos XVI e XVII, sendo lóxico que, de existir naquelas datas, sería un obxectivo prioritario para os inquisidores. En realidade, o propio Bernardo Barreiro cita algúns casos de presuntos bruxos posuidores de libros de maxia, coma o caso seguido contra o frade franciscano Juan de la Vega en [[1602]] acusado de pauto co demo porque unha testemuña asegurara que o frade posuía un libro, procedente dun convento de [[Ourense]], co cal podía facer que aparecesen ante si os demos; ou o de Juan Gómez, do [[O Tameirón, A Gudiña|Tameirón]] (A Gudiña), xulgado tamén en 1602, que tiña un libro de astroloxía ou maxia; ou o do catedrático irlandés Patricio Sinot, xulgado en Santiago en [[1622]] porque en certa ocasión ''sacó un libro que hablaba de los 'sinos'''. Non consta en ningún dos procesos ningunha indicación que permita relacionar tales libro co ''Ciprianillo'' e, no terceiro caso, o enxuizado asegurou que os únicos libros que tiña eran de medicina e astroloxía (iso si, eran de autores xudeus).
 
Álvarez Blázquez afirma que xa no século XVII circulaba en Galicia un libro de esconxuros atribuído a [[Cibrao de Cartago|San Cibrán]], do que pode derivar o nome de ''Ciprianillo'', que sería unha tradución do francés. Risco cre que se publicaría xa entrado o [[século XVIII|XVIII]].
Liña 22:
== San Cibrán de Antioquía ==
[[Ficheiro:Kiprian and justina.JPG|miniatura|175px|San Cibrán e santa Xustina.]]
As raíces do ''Ciprianillo'' remóntanse ós primeiros séculos da nosa era, cando entraron en España, e en Galicia, algúns cultos relacionados con Oriente. Cóntase que san [[Cibrán de Antioquía]] <ref>Non confundir con san [[Cibrán de Cartago]], bispo de Cartago e alcumado o ''Papa Negro'', aínda que a biografía de ámbolos dous sexa semellante.</ref> foi consagrado ó demo polos seus pais, nada máis nacer, e creceu practicando a maxia negra. De mozo, namorouse da santa [[Xustina de Nicomedia|Xustina]] e quixo conquistala coa axuda do demo, pero este non foi quen de gañala porque Xustina se defendera facendo o sinal da cruz. Asombrado da forza da cruz, Cibrán rompeu o pauto co demo de fíxose cristianizar polo bispo de Antioquía, dedicando o resto da súa vida a predicar a fe cristiá, ata ser martirizado e decapitado xunto con Xustina. Non obstante, a lenda conta que, trala súa conversión, recolleu nun libro todo o que aprendera do demo. Este libro sería a fonte do actual ''Ciprianillo''.
 
[[Ficheiro:Imaxe santa comba.JPG|miniatura|dereita|175px|Imaxe de santa Comba en Bértola.]]