Fundación Rosalía de Castro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
→‎Arquivo da Fundación: {{copyvio|1=http://rosaliadecastro.org/estreamos-arquivo-informatizado/}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 56:
 
==== 1970-2004: Agustín Sixto Seco ====
 
 
Rememorando a constitución orixinal do Patronato, o [[29 de decembro]] de 1970 [[Agustín Sixto Seco]] inaugurou a nova xunta de goberno no Salón Artesonado de Fonseca en Santiago de Compostela. Con el comezou unha nova etapa da historia do Patronato (e da futura Fundación).
Liña 68 ⟶ 67:
A partir da década de 1970, grazas á apertura política, o Patronato baleirouse de todas as connotacións políticas nacionalistas, especialmente da de refuxio do [[galeguismo (política)|galeguismo]].
 
En 1975 un grupo de activistas culturais e escritores galegos por iniciativa do presidente do Patronato, [[Agustín Sixto Seco]] , acordan espallar por vilas e cidades de Galicia o espírito da Casa-Museo de Rosalía, sendo en Vilagarcía de Arousa onde se inaugura esta primeira delegación baixo a presidencia do profesor, escritor e galeguista [[Manuel Trigo Díaz]] que desenvolve toda unha serie de actividades, ata o seu pasamento en 1992, arredor da obra e figura de Rosalía e que convoca por vez primeira o Premio Medalla de Ouro do Patronato que se lle concede ese ano ao poeta galego [[Xavier Rodríguez Barrio]].
 
Dous anos despois da inauguración da Casa-Museo esta foi declarada [[Monumento Histórico Artístico Nacional|Monumento Nacional]] por [[Xoán Carlos I de España|Xoán Carlos de Bordón]], naquel entón [[Príncipe de España]], acabando co perigo de que o trazado da [[AP-9]] pasase pola horta. Isto significaba que se protexería toda a súa contorna mais o certo é que non foi así, xa que a aldea quedou desfigurada e perdéronse as vistas a Padrón e ao [[río Sar]].
Liña 89 ⟶ 88:
[[Helena Villar Janeiro]] foi elixida presidenta da Fundación<ref>{{Cita web | url=http://culturagalega.gal/noticia.php?id=6609 | título=A Fundación Rosalía de Castro elixe unha nova directiva con Helena Villar á fronte |dataacceso=26 de abril de 2015|editorial=Consello da Cultura Galega}}</ref> e toma posesión do cargo o [[3 de agosto]] de [[2005]] con varios proxectos en mente, entre eles a creación dunha aula pedagóxica e a remodelación do Museo<ref>{{Cita web | url=http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2005/08/12/0003_3978096.htm| título=«Reformaremos a Casa-Museo de Rosalía según as tendencias» |dataacceso=26 de abril de 2015|editorial=''La Voz de Galicia''}}</ref>. A partir deste momento promocionáronse diversas actividades culturais, exposicións, concursos, a [[Ruta Rosaliana]]<ref>[[#Rey99|Rey Lama 1999]]: pp. 51-53</ref> etc. para promover a vida e a obra de Rosalía.
 
Durante o mandato de Villar Janeiro decidiuse a supresión da Misa Votiva e da Ofrenda Floral no ano [[2007]] o que causou un gran descontento por moitos galegos xa que a Fundación defendía que a Misa Votiva "se convertera nunha parafernalia na que levaban a voz cantante moitos políticos que non se caracterizaban precisamente por ser defensores da nosa lingua"<ref>{{Cita web | url=http://www.elcorreogallego.es/opinion/firmas/ecg/un-hermoso-dia-senor-agis/idEdicion-2007-08-15/idNoticia-198985/ | título="Un hermoso día", señor Agís |dataacceso=26 de abril de 2015|editorial=''El Correo Gallego''}}</ref> e que "non lle corresponde a unha fundación organizar misas e que no canto da cerimonia relixiosa se celebra agora, en Bonaval o 25 de xullo, un acto civil no que o presidente da Xunta se achega á sociedade galega"<ref>{{Cita web | url=http://www.galiciahoxe.com/hemeroteca-web/gh/tension-na-fundacion-rosalia-pola-supresion-da-misa-do-25-xullo/idEdicion-2008-07-18/idNoticia-324403/ | título=Tensión na Fundación Rosalía pola supresión da misa do 25 de xullo |dataacceso=26 de abril de 2015|editorial=[[Galicia Hoxe]]}}</ref>. Os seus detractores defendían que, a pesar de ser un acto relixioso, non deixaba de ser unha homenaxe a Rosalía no día de Santiago e no [[Día Nacional de Galicia|día de Galicia]].
 
En 2008 inaugurouse unha aula didáctica que poñía a Casa-Museo ao servizo do ensino galego, promovía a entrada de Rosalía e a súa lectura nas aulas dos primeiros niveis de educación e así mesmo proporcionaba ao profesorado ferramentas para axudar a introducir a figura de Rosalía dunha forma axeitada<ref>{{Cita web | url=http://www.lavozdegalicia.es/santiago/2008/10/17/0003_7231790.htm| título=A Casa-Museo de Rosalía de Castro inaugura na súa sede de A Matanza un aula didáctica |dataacceso=26 de abril de 2015|editorial=''La Voz de Galicia''}}</ref>.
Liña 184 ⟶ 183:
[[Categoría:Fundacións de Galicia]]
[[Categoría:Rosalía de Castro]]
 
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]]