Sergei Eisenstein: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
corrixo
Liña 58:
Despois da experiencia por Europa e América, regresou profundamente deprimido á súa patria, onde tampouco puido culminar a súa seguinte rodaxe: ''[[Bezhin lug]]'', traxedia campesiña, que será saboteada polo máximo responsable da cinematografía rusa, que a considera politicamente incorrecta. Entón, ó igual que fixera [[Vsevolod Pudovkin]], refuxiouse no ensino e na elaboración da súa teoría sobre o emprego da cor e do son, que finalmente non logrou levar á práctica.
 
Dez anos despois da súa última obra dirixe ''Aleksandr Nevski'', que conta as andanzas deste heroe nacional ruso, que derrotou os teutóns no século XIII. Nela volve facer gala da súa mestría para a montaxe. A protagonista volve ser unha soa personapersoa, non a masa, e desaparece o seu vigoroso estilo [[documental]] para ser substituído por unha delicada reconstrución da historia.
 
A comezos dos anos corenta proxectou unha ampla triloxía sobre a figura de Ivan Grozni, o tsar [[Iván IV de Rusia|Iván o Terrible]]. Presenta o drama do tsar como a materialización das contradicións dun político crente, fiel e ortodoxo, que se ve obrigado a enfrontarse coa Igrexa rusa que non quere perder os seus privilexios feudais. A imaxe que presenta Eisenstein deste tsar torturado, que se cuestiona se o poder provén de Deus ou do pobo, desgusta os dirixentes comunistas soviéticos, e despois de recibir o Premio Stalin polo primeiro capítulo, a segunda e terceira parte, que pensaba rodalas en color, son prohibidas. Eisenstein falece caído en desgraza.