Sergei Eisenstein: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
engado categoría |
|||
Liña 33:
Ó entrar nos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] tivo que xurar respecto á Constitución estadounidense, pero sufriu distintas presións para que non usase a súa gorra típica e non levase barba. Cando lle presentaron as diversas estrelas de Hollywood estivo distante, agás cando coñeceu a [[Charles Chaplin]] e a [[Coleen Moore]].
O primeiro guión que escribiu para a Paramount, ''Sutter's Gold'', baseado na obra de [[Jack London]], foi rexeitado entre outros motivos porque o Maior Frank Pease, de tendencias fascistas, lanzou un panfleto titulado ''Eisenstein, o mensaxeiro do inferno en Hollywood'' e entre outras cousas chamábao ''can vermello'' e o acusaba de tódalas barbaridades, fosen reais ou non, cometidas polos [[bolxeviques]]. A Paramount non quería renunciar
Entre 1930 e 1932 Eisenstein visitou [[México]], onde intentou producir unha nova película titulada ''[[¡Qué viva México!]]''. Nada máis chegar a México foron encarcerados tanto el como os seus dous axudantes de dirección, todos rusos, pero grazas á intervención dun amigo español, o panorama cambiou ata o punto de que o converteron en hóspede de honra. Chegou a rodar 60 000 metros de película, pero a produción parouse debido a que o novelista estadounidense [[Upton Sinclair]] deixou de patrocinar a película. Díxolle a Eisenstein que volvese a Moscú, a onde lle enviaría a película xa rodada, cousa que nunca ocorreu. Upton Sinclair terminou a película e estreou o resultado en 1933 baixo un título modificado: ''[[Thunder over Mexico]]''. Sinclair acusou a Unión Soviética do fracaso do proxecto, e malia que puido ser así, é un punto aínda non aclarado.
|