Diferenzas entre revisións de «Igor Stravinskii»

corrixo
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}})
(corrixo)
 
== Traxectoria ==
A súa obra abrangue gran cantidade de estilos e formas, compuxo [[ópera]]s, [[sinfonía]]s, pequenas pezas para [[piano]] e mesmo obras para grupos de [[jazz]]. Stravinskii adquiriu fama internacional con tres [[balé]] que lle encargou o empresario musical [[Sergei Diagilev]] para a súa compañía ''[[Ballets Russes]]'' de [[París]], estes balés son atrevidos e innovadores, practicamente reinventando o xénero, e continúan a ser hoxe as súas obras máis coñecidas: ''O paxaro de lume'' (1910), ''Petrushka'' (1911/1947) e ''A consagración da primavera'' (1913), nona estreoestrea desta última producíronse disturbios e chegou a transformar a estrutura rítmica dos compositores posteriores, ademais de ser a responsable da reputación de Stravinskii como un revolucionario musical.
 
Despois da súa primeira fase rusa, Stravinskii volveu ó [[neoclasicismo (música)|neoclasicismo]] na década de 1920, as obras deste período tenden a facer uso das formas musicais tradicionais ([[concerto grosso]], [[fuga]], [[sinfonía]]), recubertas cun veo de emoción intensa con aparencia de austeridade ou distanciamento, con frecuencia pagando tributo á música dos mestres anteriores como [[Johann Sebastian Bach|Bach]] e [[Piotr Ilich Tchaikovski|Tchaikovski]].