Carl Orff: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Malia as reticencias de Orff a falar do seu pasado, sábese que proviña dunha familia [[Bavaria|bávara]], de certa actividade nas forzas militares alemás. Orff estudou na Academia de Música de Múnic até [[1914]]. Despois serviu nas forzas armadas do seu país durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. Rematada a guerra, regresou a Múnic para continuar coa súa formación musical. En [[1925]] Orff funda conxuntamente con Dorothea Günter Schulle unha escola para actividades físicas, música e danza, nesta cidade. Ao longo deste período desenvolve as súa teorías sobre educación musical.
 
Canto a asociación de Orff co [[nazismo]], esta nunca foi comprobada. [[Carmina buranaBurana (Carl Orff)|Carmina Burana]], a súa peza máis famosa, gozou en calquera caso de gran popularidade na Alemaña do [[nazismo]]. Por outra banda, Orff tiña unha forte amizade con [[Kurt Huber]], un dos fundadores do movemento de resistencia de [[Die Weiße Rose]] (A rosa branca), que foi condenado a morte polo Volksgerichtshof e executado polos nazis en [[1943]]. Despois da [[Segunda Guerra Mundial]], Orff alegou ter sido membro do grupo da resistencia, pero non hai evidencias agás a súa propia testemuña.
 
O compositor foi enterrado en [[Andechs]] en 1982.
 
== Traballo musical ==
Orff é coñecido por [[Carmina buranaBurana (Carl Orff)|Carmina Burana]] ([[1937]]), unha [[cantata]]. É a primeira dunha [[triloxía]] titulada [[Trionfi]], que tamén inclúe "Catulli Carmina" e "Trionfo di Afrodite". Estas composicións reflicten o seu interese pola [[poesía]] medieval. O traballo baseouse no verso [[Erotismo|erótico]] do [[século XIII]] dun manuscrito chamado [[Codex latinus monacensis]], atopado nun mosteiro da [[Baviera]] en [[1803]], que fora escrito polos [[goliardo]]s. A pesar de ser moderno nalgunhas das súas composicións, Orff soubo capturar o espírito da era medieval na súa triloxía. Os poemas medievais foran escritos de forma arcaica en [[Lingua alemá|baixo alemán]] e [[latín]].
 
Orff non denominaba os seus traballos simplemente como [[ópera]]s. Por exemplo, denominou a ''Der Moon'' (''A Lúa'', en [[Lingua alemá|alemán]]) (1939) coma unha Märchenoper (ou ópera de conto de fadas). ''Die Kluge'' (A muller sabia) (1943).