Hippy: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 6:
Esta nova subcultura herdou algúns valores contraculturais da Xeración Beat e en menor grao do [[naturismo]] alemán, e en determinados casos crearon as súas propias comunidades intencionais.
 
Escoitaban [[rock psicodélico]] e [[folk]] contestatario, abrazaban a [[revolución sexual]] e crían no [[amor libre]]. Algúns participaron o activismo radical e o uso de [[droga]]s como o [[Cannabis sativa|cannabiscánnabis]], o [[LSD]] e outros [[alucinóxeno]]s coa intención de acadar [[estados alterados de conciencia]], en realidade un xeito de rebelarse pola homoxeneidade de conceptos que ofrece o Sistema. Tamén buscaron formas de experiencia pouco usuais, como a [[meditación]]. Debido ao seu rexeitamento ao [[consumismo]] adoitaban optar pola simplicidade voluntaria, xa fora por motivacións [[hedonismo|hedonistas]], espirituais-relixiosas, artísticas, políticas, ou ecoloxistas.
 
A finais dos anos sesenta en EE.UU. os hippies constituíron unha corrente xuvenil masificada, para despois quedar pasada de moda (anticuada), mais as seguintes xeracións chamadas neo-hippies manterían vivo o movemento como unha [[subcultura]] establecida de moitas formas e con novas xeracións até hoxe. Así pois, emerxeron fenómenos como a [[Rainbow Family]], a escena [[psytrance]] e [[goa trance]] ou os [[deadheads]] e [[phishheads]]. En tanto pequenos enclaves de hippies orixinais e [[neo-hippies]] continúan desenvolvendo en parte este estilo de vida, aínda que con algunhas modificacións, ben na cidade ou no campo.