O pianista: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m →‎Rodaxe: Unión Soviética
Liña 31:
Mentres se mantén escondido, presenza os moitos horrores cometidos polos nazis, como as malleiras, incendios e matanzas indiscriminadas. Así mesmo, presenza o [[Levantamento do Gueto de Varsovia|levantamento dos xudeus do Gueto]] en [[1943]]. En pouco tempo os alemáns entran pola forza ó gueto e eliminan a case todos os rebeldes que quedaban.
 
Pasado un ano, a vida en [[Varsovia]] deteriorouse máis aínda. A [[Armia Krajowa|resistencia polaca]] organiza outro levantamento contra a ocupación alemá, que novamente falla. Como consecuencia, [[Varsovia]] queda virtualmente deshabitada e, en máis dunha ocasión, Szpilman está ó bordebordo da morte debido ás [[enfermidade]]s e a [[desnutrición]].
 
Logo dunha frenética procura de algo que comer polas ruínas das casas bombardeadas, Szpilman atopa unha lata de pepinillos en conserva, pero nada con que poder abrila. Logo de continuar buscando, atopa algunhas ferramentas e intenta abrila, pero entón dáse conta de que un oficial alemán obsérvao, o Capitán [[Wilm Hosenfeld]], que ó instante dáse conta de que Szpilman é xudeu. Ó decatarse que anteriormente era pianista, Hosenfeld lévalle ata un piano e pídelle que toque algo. Nese momento un decrépito Szpilman executa unha desesperada peza de [[Frédéric Chopin|Chopin]] ante un Hosenfeld que se compadece del, de maneira que non só non o delata senón que o esconde no ático do edificio, levándolle regularmente comida.