Unión Soviética: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 77:
O ano de [[1905]] é considerado o prólogo da [[Revolución Rusa de 1917|Revolución Rusa]]. A Rusia [[tsar]]ista acabara de ser derrotada nunha guerra contra un [[Xapón]] pequeno e tecnoloxicamente atrasado. A derrota abalou a popularidade do tsar [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]], e a revolta interna que se seguiu serviría de precedente para a revolución de 1917.
 
O Partido Socialdemócrata Ruso, dividido nas correntes [[Bolxevique]] e [[Menxevique]] (en ruso maioría e minoría respectivamente) comezou a Revolución Rusa en [[1917]] en dúas etapas distintas. O derrube do [[tsar]] ocorreu en febreiro, sendo instaurada entón unha [[república]] cunha estrutura de poder que desde cedo se dividiu entre un [[parlamento]] convencional e [[soviet]]s (consellos) populares que non se recoñecían mutuamente. As tensións así xeradas desembocaron na [[Revolución de Outubro]], en Novembronovembro de 1917. Entre [[1918]] e [[1922]], logo da Revolución Bolxevique, tivo inicio a Guerra Civil na Rusia, entre os revolucionarios (''vermellos'') e os contra-revolucionarios (''brancos''), que tiveron o auxilio de tropas estranxeiras de intervención, enviadas por [[Francia]], [[Reino Unido]], [[Xapón]] e [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]].
 
O [[29 de decembro]] de [[1922]] unha conferencia de delegacións plenipotenciarias da [[República Socialista Soviética Federativa de Rusia|RSFS de Rusia]], [[República Socialista Soviética Federativa Transcaucásica|RFSS de Transcaucasia]], a [[República Socialista Soviética de Ucraína|RSS de Ucraína]] e a [[República Socialista Soviética de Bielorrusia|RSS de Bielorrusia]] aprobaron o Tratado de Creación da URSS e a Declaración da Creación da URSS, formándose a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas. Estes dous documentos foron confirmados polo primeiro Congreso soviético da URSS e asinados polas cabezas das delegacións [[Kalinin|Mijaíl Kalinin]], Mikha Tskhakaya, Mijaíl Frunze e Grigory Petrovsky, e Aleksandr Chervyakov respectivamente o [[30 de decembro]] de [[1922]]. O [[1 de febreiro]] de [[1924]] a URSS foi recoñecida pola primeira potencia mundial da época, o [[Imperio británico]].