O Ciprianillo: Diferenzas entre revisións
Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética |
Sen resumo de edición |

Liña 1:
{{título en cursiva}}
[[Ficheiro:El Libro Magno de San Cipriano. Tesoro del hechicero. Leipzig.jpg|miniatura| '''El Libro Magno'''
de
{{Versaleta|San Cipriano}}
TESORO DEL HECHICERO

LEIPZIG
Centro Editorial Políglota]]
[[Ficheiro:Saluzzo-Castello della Manta-mago.jpg|miniatura|300px|Reprodución dun meigo consultando un grimorio.]]▼
'''''O Ciprianillo''''' é o nome dun [[libro]] máxico, publicado baixo diversos títulos, que describe distintos procedementos (ensalmos e rituais) para atopar os tesouros que os ''[[mouro (mitoloxía)|mouros]]'' agocharon en covas, castelos ou [[castro (poboado)|castros]]. Secundariamente, o libro ensina tamén a chamar e esconxurar o [[demo]], combater o [[mal de ollo]], adiviñar o oculto e diversos remedios máxicos de todo tipo, feitizos de amor (e de desamor) e outros.
Non se pode falar, realmente, dun ''Libro de San Cibrán'' senón dunha colección de versións ou traducións de contidos diferentes e atribuídos a mans diferentes. Todos eles arróganse o carácter de ''
== Historia ==
[[Xosé María Álvarez Blázquez]], [[Vicente Risco]] e outros autores investigaron sobre o posible autor e data orixinal de publicación, sen chegaren a ningunha conclusión definitiva. Parece haber certo consenso en situar o nacemento do libro ó redor dos séculos [[século XVI|XVI]] e [[século XVII|XVII]], se ben Bernardo Barreiro asegura que "''debe ser cousa do presente século XIX ou pouco anterior en anos''", ó non detectar ningunha mención ó libro nos autos de fe que consultou, relativos á [[Inquisición española|Inquisición en Galicia]] durante os séculos XVI e XVII, sendo lóxico que, de existir naquelas datas, sería un obxectivo prioritario para os inquisidores. En realidade, o propio Bernardo Barreiro cita algúns casos de presuntos bruxos posuidores de libros de maxia, coma o caso seguido contra o frade franciscano Juan de la Vega en [[1602]] acusado de pauto co demo porque unha testemuña asegurara que o frade posuía un libro, procedente dun convento de [[Ourense]], co cal podía facer que aparecesen ante si os demos; ou o de Juan Gómez, do [[O Tameirón, A Gudiña|Tameirón]] (A Gudiña, xulgado tamén en 1602, que tiña un libro de astroloxía ou maxia; ou o do catedrático irlandés Patricio Sinot, xulgado en Santiago en [[1622]] porque en certa ocasión ''sacó un libro que hablaba de los 'sinos'''. Non consta en ningún dos procesos ningunha indicación que permita relacionar tales libro co ''Ciprianillo'' e, no terceiro caso, o
Álvarez Blázquez afirma que xa no século XVII circulaba en Galicia un libro de esconxuros atribuído a [[Cibrao de Cartago|San Cibrán]], do que pode derivar o nome de ''Ciprianillo'', que sería unha tradución do francés. Risco cre que se publicaría xa entrado o [[século XVIII|XVIII]].
▲[[Ficheiro:Saluzzo-Castello della Manta-mago.jpg|miniatura|
Tamén [[Antón Fraguas]] estudou a historia do libro, e cita os seguintes títulos cos que se publicou, en España e noutros países: ''Libro de San Cipriano'', ''Libro magno de San Cipriano. Tesoro del hechicero'' ou ''Grande livro de San Cipriano, ou o tesouro do feiticeiro'' (este en portugués). Fala tamén doutras edicións en [[Leipzig]], [[Madrid]] ou anónimas (sen data nin lugar de impresión <ref>Este libro, titulado ''Libro de San Cipriano. Libro completo de verdadera magia, o sea tesoro del hechicero'', está asinado por un tal ''Jonás Sufurino'' que, na introdución, asegura editalo no ''mosteiro de Broken'' o ano 1001.</ref>) e suxire que as diferenzas observadas entre as diferentes edicións (a lista de lugares onde se atopan os tesouros é moi variable e mesmo falta nalgunhas edicións) pode explicarse por tratarse de diferentes autores.
Na ''[[Enciclopedia Galega Universal]]'' afírmase que a primeira edición podería ser a de Leipzig, redactado no XVI ou XVII, e que o libro foi condenado pola [[Inquisición en España|Inquisición]] e agochado baixo cadeas en [[Santiago de Compostela]]. O libro estaría composto por dúas partes: a primeira, coa relación dos tesouros existentes en Galicia, e a segunda formada por remedios para curar enfermidades e agoiros para axotar o mal. Aquela primeira parte suponse que sería de autoría galega, porque a toponimia empregada e a tradición que recolle reflicte un coñecemento do [[folclore]] galego. A segunda parte sería unha tradución de textos máxicos publicados en Francia no XVIII, como o ''Grand Grimoire avec la Clavicule de Salomón et la Magie Noire'' ou o ''Forces Infernales du Grand Agrippa''.
A primeira publicación coñecida en [[Galicia]] débese a [[Bernardo Barreiro]] (1850-1904), que publicou ''Brujos y astrólogos de la Inquisición de Galicia y el famoso libro de San Cipriano'' (A Coruña, 1885 <ref>Couceiro Freijomil cita unha edición en Santiago en 1885 e outra, posterior, na Coruña, sen data. Clodio González nega a existencia desa edición de Santiago e confirma que a da Coruña si que está datada, en 1885.</ref>), reeditado en Madrid en 1973 por [[Akal]] <ref>A [[editorial Toxosoutos]] publicouno en galego en novembro de 2008, nunha edición ó coidado de Clodio González Pérez, que prologa o libro. Clodio González afirma que o autor "''non escolleu unha versión completa e boa, de seguro por non ter coñecemento doutra ou por non haber quen lla deixase, xa que non dá nin un resumo da relación dos tesouros de Galicia, que figura en varias edicións''" (px. 10).</ref>. A intención de Bernardo Barreiro ó publicar este libro máxico non foi outra cá de desprestixialo e contribuír a desterrar a crenza popular no seu valor máxico e misterioso. Así queda explicado polo propio autor:
{{cita|"''Despexada do misterio e do aparello e do sixilo, toda crenza perece. Á luz do claro día foxen e non intimidan as pantasmas. Publicado, vulgarizado, regalado de balde o grande e inestibable 'Libro de San Cibrán', cuxas copias ocultan tanto diñeiro e traballo costa adquirir, acabará a súa historia coa deshonra nestas páxinas, que tratan de bruxos e embusteiros''".}}
Liña 32:
== Os ''tesouros dos mouros'' ==
Conta a lenda que cando os ''mouros'' foron expulsados polos ''cristiáns'' <ref>Cómpre lembrar que estes ''mouros'' non se deben identificar cos musulmáns expulsados por cristiáns, senón que se trata de pobos prerromanos. O historiador [[Carlos Alonso del Real]] ("La raíces de Galicia", en ''[[Grial (revista)|Grial]]'' 24, 1969, 163-172) escribiu o seguinte: "''El pueblo suele atribuir las cosas antiguas a 'os mouros', más raramente a los romanos o al demonio, a veces a unos genéricos 'antigos' pero en general, aquí como en casi toda la península excepto la parte norte de Euzkadi, el 'moro' ha venido a ser el poblador por esencia del paisaje mítico y el autor de todos los monumentos antiguos. Si pensamos que los buscadores de metal de la primera Edad del bronce que hicieron los monumentos megalíticos y los petroglifos más antiguos, serían pequeños, morenos y hablarían algo así como bereber, venían del Sur (desde Almería y Huelva) armados con puñales de Almería etc., no parece tan equivocado considerarlos 'moros'. Si pensamos que los indígenas submegalíticos, que copiaban mejor o peor aquello, pertenecían al tipo del 'eterno campesino' (que también tenía afinidades mediterráneas y quizá hablase una lengua euroafricana o camiteña), tampoco es ninguna barbaridad seguir pensando en 'moros'. Si los identificamos con los moros históricos de la Reconquista o con los mercenarios de la guerra civil, claro que nos equivocamos. Pero el fondo racial y lingüístico, más o menos, sería sustancialmente 'moro'''".</ref>, agocharon tódolos seus tesouros baixo terra, pero deixando nota do lugar exacto para recuperalos cando regresaran algún día ás súas terras. Estas localizacións, imprecisas en calquera caso, foron recollidas e publicadas no ''Ciprianillo'' e, segundo Bernardo Barreiro, parece ser que foron seguidas por moita xente que perdeu todo o seu capital, e mesmo a razón, nunha busca infrutuosa. Estes ''buscadores de tesouros'' recibían o alcume de ''ciprianillos'' ou ''ciprianistas''.
[[Ficheiro:Dolmen Pedra Cuberta.jpg|miniatura|esquerda|200px|[[Dolmen de Pedra Cuberta]] ([[Vimianzo]]), restos dunha [[mámoa]] espoliada.]]
Liña 172:
Pero, como xa se dixo, as diferentes versións do ''Ciprianillo'' conteñen tamén numerosos ensalmos, receitas e feitizos para alcanzar os poderes máxicos máis diversos.
Conta Risco que mesmo os frades do [[Mosteiro de Samos]] recorreron ós poderes máxicos que proporcionaba o ''Ciprianillo''. Segundo unha lenda, foi o propio demo quen carrexaba polas noites toda a pedra que necesitaron para construír o mosteiro<ref>[http://www.galiciaencantada.com/
Segundo relata o libro, se un mozo quere gañar o amor dunha moza, debe ir cortar ás doce en punto da [[noite de San Xoán]] unha póla de [[acivro]] e logo levala ó mar a pasala baixo trece ondas mentres reza un credo de cada vez. Deste xeito, con este ''pau de aciviño'', conseguirá namorar a moza que desexe con só tocala co pau.
Liña 179:
== Notas ==
{{listaref|
== Véxase tamén ==
Liña 188:
* [[Curros Enríquez|CURROS ENRÍQUEZ, M.]]: "O Ciprianillo", en ''Aires d'a miña terra'', Ourense 1880.
* [[Xesús Ferro Ruibal|FERRO RUIBAL, X.]] e outros: ''Diccionario dos nomes galegos''. [[Ir Indo]], Vigo 1992.
* [[Antonio Fraguas Fraguas|FRAGUAS FRAGUAS, A.]]: "O Ciprianillo", na ''[[Gran Enciclopedia Galega]]'', tomo 10.
* VARIOS: ''Enciclopedia Galega Universal'', s. v. "Ciprianillo, O", tomo 5. Ir Indo, Vigo 1999.
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.galiciaencantada.com/
* [http://www.youtube.com/watch?v=cCyKhAAqK_c ''El Libro de San Cipriano - Ciprianillo - Grimorio mágico'']
▲* [http://www.galiciaencantada.com/dentro.asp?c=0&id=826&n=2_(2006).-solla,_calros:_o_pequeno_ciprianillo Calros Solla: "O pequeno Ciprianillo. Relación de tesouros da freguesía de Cerdedo, concello de Cerdedo (Pontevedra)", na ''Revista de Investigación'' 2, 2006.]
▲* [http://www.youtube.com/watch?v=cCyKhAAqK_c ''El Libro de San Cipriano - Ciprianillo - Grimorio mágico''] (Vídeo, {{es}})
▲* [http://www.arrakis.es/~joserm/a_maxica/cmaxa1.htm Asturias máxica] {{es}}
* [http://www.esquinamagica.com/articulosombras.php?id1=2&id2=21&idar=446 ''El Libro de San Cipriano''] {{es}}
* [http://www.mortesubita.org/demonologia/livros-de-demonologia/sao-cipriano-capa-preta ''Livro de São Cipriano. Capa preta''] {{pt}}
{{Mitoloxía galega}}