Antía Cal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Eliminouse a referencia ó ficheiro "Boda_Anton_Antia.png" que foi borrado en Commons por Ellin Beltz. Motivo: Copyright violation, see c:Commons:Licensing
Liña 21:
 
Con nove anos ([[1932]]) regresou a [[Galiza]], se ben o seu pai quedou na Habana. Cal estableceuse en Vigo para estudar [[comercio]], que era a vontade de seu pai. Despois da guerra rematou os estudos de Comercio, pero tamén fixo [[maxisterio]]. Ao finalizar, estudou na [[Universidade de Santiago]] [[Filosofía e Letras]], e especializouse en [[xeografía]] e [[pedagoxía]].
 
[[Ficheiro:Boda Anton Antia.png|miniatura|Casamento Beiras-Cal.]]
Casou co [[oftalmoloxía|oftalmólogo]] [[Antón Beiras García]], [[Galeguismo (política)|galeguista]] irmán de [[Manuel Beiras García]], e a raíz do [[estrabismo]] dunha das fillas, decidiron facer viaxes por [[Europa]] para buscar unha solución e facer [[investigación]] sobre esta enfermidade ocular. Con non demasiado diñeiro, como recoñece ela na súa autobiografía, nunha desas viaxes paran en [[Xenebra, Suíza|Xenebra]], onde por azar acode a un edificio (o [[Museo da Educación de Xenebra]]) onde estaban ordenando o legado do pedagogo [[Johann Heinrich Pestalozzi]], por quen Antía Cal tiña especial admiración grazas á súa loita a prol da educación das [[muller]]es.