EF-G: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 6:
O EF-G cataliza a translocación do ARNt e ARNm no ribosoma ao final de cada rolda de elongación do polipétido que se está a sintetizar.<ref name=shoji /> Igual que fai o complexo EF-Tu+ARNt+[[Guanosina trifosfato|GTP]], o EF-G únese ao ribosoma no seu estado unido a GTP. Cando se une ao sitio A do ribosoma, o EF-G causa que o ARNt que previamente ocupaba ese sitio pase a ocupar unha posición intermedia A/P (unida ao sitio A da subunidade ribosómica menor e ao sitio P da subumidade maior), e o ARNt situado no sitio P é movido ao estado híbrido P/E. A [[hidrólise]] do EF-G do GTP causa un cambio conformacional que forza que o ARNt A/P ocupe totalmente o sitio P, e que o ARNt P/E ocupe completamente o sitio E (e saia do complexo do ribosoma), e que o ARNm avance tres [[nucleótido]]s en relación ao ribosoma debido á súa asociación con estas moléculas de ARNt. Despois, a molécula de EF-G unida a GDP disóciase do complexo, deixando outro sitio A libre no que pode empezar un novo ciclo de elongación.<ref name=shoji /><ref>{{cite journal|last1=da Cunha|first1=CE|last2=Belardinelli|first2=R|last3=Peske|first3=F|last4=Holtkamp|first4=W|last5=Wintermeyer|first5=W|last6=Rodnina|first6=MV|title=Dual use of GTP hydrolysis by elongation factor G on the ribosome|journal=Translation|date=2013|doi=10.4161/trla.24315|url=http://www.tandfonline.com/doi/abs/10.4161/trla.24315|volume=1|pages=e24315}}</ref>
 
Ademais do seu papel na translocación, o EF-G, funcionado conxuntamente co [[Factor de Reciclaxe do Ribosoma]] (RRF, ''Ribosome Recycling Factor''), promove a reciclaxe do ribosoma dun modo dependente de GTP.<ref>{{Cite journal| doi=10.1016/j.molcel.2005.05.016| author=Zavialov AV, Hauryliuk VV, Ehrenberg M.| title=Splitting of the posttermination ribosome into subunits by the concerted action of RRF and EF-G| journal=Molecular Cell| year=2005| volume=18| issue=6| pages=675–686| pmid = 15949442 }}</ref>
 
== Importancia clínica ==