Diferenzas entre revisións de «Zona fasciculada»

sen resumo de edición
Sem resumo de edição
DorlandsID = 12869721
}}
A '''zona fasciculada''' ou fascicular (''zona fasciculata'') constitúe a zona media do [[córtex adrenal]], e está situada debaixo da [[zona glomerulosa]] e encima da [[zona reticular]]. As células que a forman están organizadas en feixes ou fascículos, de aí o seu nome.
 
A zona fasciculata produce fundamentalmente [[glicocorticoide]]s (principalmente [[cortisol]] nos humanos), que regulan o [[metabolismo]] da [[glicosa]], especialmente en momentos de estrés (por exemplo, como parte da [[resposta de loita ou fuxida]]). É estimulada pola [[hormona adrenocorticotrípica]] (ACTH), que se libera da porción anterior da [[hipófise]] ou pituitaria e actúa sobre a glándula adrenal. Este tecido xera tamén unha pequena cantidade de [[andróxeno]]s de efecto feble (por exemplo, a [[deshidroepiandrosterona]]). Con todo, a principal fonte de andróxenos é a [[zona reticular]], que está debaixo. En certos animais como os [[roedores]], a falta de [[CYP17A1|17alfa-hidroxilase]] ten como resultado a síntese de [[corticosterona]] en vez de cortisol.
205.519

edicións