Lois I de España: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 19:
|escudo = Escudo de Felipe V de España Toisón y Espiritu Santo Leones de gules.svg
}}
'''Luís I de España''', chamado '''«o Ben Amado»''' ou '''«o Liberal»''', nado en [[Madrid]] o [[25 de agosto]] de [[1707]] e finado na mesma vila o [[31 de agosto]] de [[1724]], foi rei de [[España]] durante menos dun ano, sendo o seu reinado de 229 días, o máis breve da [[Historia de España]] (sen contar o goberno de [[Filipe I de Castela|Filipe ''o Fermoso'']]). Era o fillo maior do [[Filipe V de España|Rei Filipe V]] e [[María Luísa Gabriela de Savoia|María Luísa de Savoia]].
 
== Primeiros anos ==
[[Ficheiro:Birth of the Prince of Asturias.jpg|miniatura|200px|esquerda|Nacemento de Luís nun [[calendario]] de [[1708]] conservado na [[Biblioteca Nacional de Francia]].]]
Luís naceu no [[Palacio do Bo Retiro]], en Madrid, o [[25 de agosto]] de [[1707]].{{sfn|González Cremona|1998|p=35}} Bautizado Luís Filipe Fernando Xosé,{{sfn|Aquino de Belén|1709|p=7}} en honor aos reis [[Luís IX de Francia]] e [[Fernando III de Castela]],{{sfn|Pérez de Guzmán e Galo|1880|p=271}} era o fillo primoxénito do primeiro Borbón español [[Filipe V de España|Filipe V]] e a súa primeira esposa María Luísa de Savoia, e polo tanto, bisneto de [[Luís XIV de Francia]], por liña paterna, e de [[Vítor Amadeo II de Savoia]], pola materna.
 
Foi o primeiro membro da [[Casa de Borbón]] nado en terras castelás, o que fixo que os casteláns lle demostrasen unha esperanza cega e lle amosasen sempre unha gran simpatía. O seu nacemento, en plena [[Guerra de Sucesión Española|Guerra de Sucesión]], serviu a Filipe V como método de propaganda, e, por isto, a mesma raíña mostraba orgullosa o bebé, exclamando diante do pobo: «Este é Luisiño, o voso paisano!».{{sfn|González Cremona|1998|p=35}} O [[7 de abril]] de [[1709]], cando contaba con tan só dous anos, Filipe V convocou as cortes a fin de que xurasen a Luís como [[Príncipe de Asturias]] e sucesor da coroa.{{sfn|Pérez de Guzmán e Galo|1880|p=271}}
 
A súa nai, María Luísa de Savoia, morreu cando Luís tiña sete anos, un feito que lle comportou a el e aos seus irmáns unha serie de carencias emocionais. Por tal de suplir a figura materna, decidiu ter cura dos seus irmáns e facerse responsable, sobre todo a partir do casamento do seu pai con [[Isabel de Farnesio]]. Logo da tutela de [[Marie-Anne de la Trémoille]], princesa dos Ursins, a chegada da súa madrastra, malia que nunca tratou mal os fillos do primeiro matrimonio de Filipe V, non deu continuidade ao ambiente familiar e deixou ao herdeiro en mans de [[Julio Alberoni]].{{sfn|González Cremona|1998|p=35}}{{sfn|Vidal Salas|1994|p=59}} Desde entón Luís foi instruído polo xesuíta Ignacio de Labrussel, pero non tivo unha educación en profundidade. Luís non tiña un interese especial nas disciplinas comúns, senón que se mostraba máis interesado pola música e, especialmente, pola danza; en xeral foi amante das artes.{{sfn|González Cremona|1998|p=36}}
 
Con trece anos, Luís combinaba a vida de palacio con actividades mundanas. Afeccionouse ao roubo en hortos próximos ao Palacio do Bo Retiro e saía a altas horas da noite con xente de mala reputación.{{sfn|González Cremona|1998|p=38}} Saía cos seus criados a buscar mulleres polas rúas de Madrid; herdando así o carácter sensual do seu pai, case sempre ía acompañado do servente Lacotte.{{sfn|Vidal Salas|1994|p=61}} Este costume mantívoo ata logo de casar, por tal de afastarse da súa muller. Isto fíxoo inmensamente coñecido polo pobo madrileño, que o vía constantemente polas rúas.{{sfn|González Cremona|1998|p=41}} Pola vila circulaba un comentario:
Liña 37:
Luís I casou con [[Luísa Isabel de Orleáns]], filla de [[Filipe III de Orleáns|Filipe de Orleáns]] e [[Francesca Maria de Blois]]. A cerimonia tivo lugar o [[20 de xaneiro]] de [[1722]] en [[Lerma, Burgos|Lerma]] ([[provincia de Burgos|Burgos]]). Non tiveron descendencia.{{sfn|Pericot García|1983|p = 46}}
 
O seu matrimonio foi o resultado dunha das estrataxemas políticas da súa madrastra [[Isabel de Farnesio]], que tiña como obxectivo converter aos seus fillos naturais en reis. Luís converteuse nunha moeda de cambio ofrecida a Filipe de Orleáns, que era o rexente de [[Reino de Francia|Francia]]. O obxectivo era casar nun futuro a [[Luís XV de Francia|Luís XV]], por aquel entón menor de idade, coa infanta [[María Ana Vitoria de España|María Ana Vitoria]], filla de Isabel e Filipe V.{{sfn|Pericot García|1983|p = 44}}{{sfn|González Cremona|1998|p = 36}}
 
A esposa de Luís tiña unha conduta lixeira, a causa do ambiente no cal crecera. Luísa Isabel foi unha fonte inesgotable de problemas para o monarca, quen chegou a cansarse dela, aínda que se afirma que Luís a quería de verdade.{{sfn|Martín|1998|p = 1679}} Durante o breve matrimonio, foi protagonista dunha serie de accións que escandalizaron á corte española e, ademais, amargou o que lle quedaba de vida ao seu esposo. Bebía en exceso, acostumaba a vestir máis lixeiramente do que estaba estipulado para unha conduta decente na época{{sfn|Martín|1998|p = 1679}} e foi descuberta en diversas ocasións con algunha das súas camareiras, todas espidas, nas súas habitacións.{{sfn|González Cremona|1998|p = 43}} Estes escándalos foron utilizados polo embaixador francés en [[Madrid]] para intentar convencer a Filipe V e Isabel de Farnesio da anulación do matrimonio. A razón última era que Luísa Isabel pertencía á [[Casa de Orleáns]] que por aquel entón era inimiga dos [[Casa de Borbón|Borbóns]], reinante en Francia. Por outra banda, Luísa Isabel tampouco era do gusto de Filipe V e Isabel que chegaron a pensar seriamente na anulación do matrimonio do seu fillo.{{sfn|González Cremona|1998|p = 48}}