Hititas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 41:
[[Ficheiro:Hittite Empire.png|300px|miniatura|Imperio hitita.]]
[[Ficheiro:Hatti.JPG|miniatura|300px|Localización dos principais xacementos da Anatolia hitita.]]
Os '''hititas''' foron un pobo [[pobos indoeuropeos|indoeuropeo]] que habitou a [[Asia Menor]] durante a [[Idade Antiga|Antigüidade]]. Invadiron a Asia Menor central sobre o [[-2500]]. Someteron o pobo autóctono, os [[hatti]]s dos que tomaron prestados varios deuses, mitos e ritos.<br /><br />
 
== Historia ==
Liña 55:
No [[Neolítico]] (VII milenio), desenvólvese unha civilización florecente nos [[Balcáns]] e a [[Conca fluvial|conca]] do [[Danubio]]. Esta civilización, cuxa continuidade non se pon en dúbida, desenvólvese ata o IV milenio. Moi refinada, parece ter mesmo creado unha especie de [[escrita]], probabelmente un [[silabario]]. Paralelamente, no V milenio, un pobo máis rudo, que falaba moi probabelmente unha lingua próxima do indoeuropeo orixinal, esténdese nas chairas entre o [[río Dniepr|Dniepr]] e o [[río Volga|Volga]]. Esta civilización caracterízase principalmente polas tumbas das súas elites: foxas recubertas de pequenos túmulos, chamadas en ruso [[kurgán]]. Elas deron nome a esta civilización: a [[cultura dos Kurgáns]]. Ás veces, un pouco impropiamente, xa que unha cultura non é un pobo, chámaselles pobo dos kurgáns.
 
Certos membros da cultura dos kurgáns van emigrar, en tres ondas, entre o Vº e o IIIº milenio, cara a civilización danubiana e hana destruír. Numerosos pobos, por asimilación recíproca, van resultar deles.
 
Non se sabe se os hititas xurdiron da primeira vaga dos kurgáns ([[-4400]] – [[-4200]]) que, tras teren chegado aos Balcáns, se viron obrigados a emigraren cara [[Anatolia]] baixo a presión da segunda onda de migracións ou se xurdiron desta segunda migración ([[-3400]] – [[-3200]]) pero a [[arqueoloxía]] non testemuña movementos de poboación desde os Balcáns ata Anatolia ata o final do IIIº milenio antes da nosa era. Algunhas poboacións de [[lingua luvita]] parecen instalarse sobre os anos [[-2300]] – [[-2200]]: numerosas cidades de [[Asia Menor]], entre as cales está [[Troia]], son devastadas. Unha segunda onda, cara [[-2000]] – [[-1900]] semella terse instalado máis lentamente, son as poboacións que falaban o [[lingua hitita|hitita-nesita]], esencialmente na curva do río [[Halys]].
Liña 125:
 
* os [[gasgas]], que fixeran as súas primeiras aparición baixo o reinado de Hantilis I, vólvense máis ameazadores. Obrigan a Hantilis II a reforzar as defensas da capital e das cidades próximas ás fronteiras do reino.
 
* os [[hurritas]], que se unifican e forman o reino de [[Mitanni]], cuxo poderío aumenta rapidamente. Este estado anexa ou converte en vasalos os reinos de [[Alepo]], de [[Alalah]] e de [[Kizzuwatna]].
 
Liña 208 ⟶ 207:
 
[[Ficheiro:Hattusa.temple1.jpg|miniatura|300px|O Gran Templo (templo 1) Hattusa, Turquía, século -XIII}]]
Era unha relixión profundamente [[politeísmo|politeísta]], ata tal punto que os mesmos hititas falaban dos seus «''mil deuses''». A súa relixión caracterizábase por tres fenómenos fundamentais:
 
* A relixión hitita é o resultado dun [[sincretismo]] entre a relixión orixinal deste pobo e a practicada polos [[hatti]] autóctonos.
 
* Nunca houbo [[Panteón (mitoloxía)|panteón]] oficial; cada rexión, cada localidade, tiña o seu propio panteón, que variaba a medida das conquistas e das defeccións.
 
* Os deuses adorados polos hititas variaron considerabelmente no curso dos séculos pola asimilación das divindades dos pobos veciños, por veces identificándoas con outras semellantes do panteón anterior.
 
Liña 259 ⟶ 256:
 
* Os textos máis antigos son de tipo histórico, crónicas e [[anais reais hititas|anais]], nos que un soberano expuña como se desenvolvera o seu reinado. Aínda sendo as fontes principais de información sobre a época, convén abordalos baixo un ángulo crítico.
 
* O segundo tipo de textos máis frecuentemente atopados son xurídicos; son códigos de leis hititas, que contan máis de 200 artigos de lei en diversos ámbitos. Estes textos permítenos determinar os fundamentos da sociedade hitita, sen podermos confirmar a súa aplicación real. Quizais se trate de exemplos escolares destinados ao adestramento dos xuristas.
 
* Unha terceira categoría de textos que se atopan en gran número son os tratados internacionais e as instrucións administrativas, que os hititas consideraban como similares. Tratábase, de feito, de instrucións enviadas aos delegados locais representantes do poder central (gobernadores das cidades ou soberanos dos reinos feudatarios), ou instrucións militares e de alfándegas. Estas últimas, dirixidas aos gardas de fronteira, permitiron delimitar as fronteiras do Imperio Hitita ao longo do tempo. Os tratados internacionais atinxen as relacións coas potencias veciñas: isto permítenos calibrar a importancia deste reino en toda a [[Asia Menor]]. Téñense atopado así intercambios diplomáticos entre o imperio hitita e o [[antigo Exipto|Exipto]] redactados en [[lingua acadia|acadio]]. Esta correspondencia amósanos a existencia de relacións, en xeral cordiais por distantes, e en particular no século - XIV tras o asasinato de [[Tutankhamon]].
 
* A gran maioría dos 750 textos hititas atopados son relixiosos: unha primeira parte deles son de tipo ritual, empregados en todas as situacións, para pedir a protección dun deus. Son relativamente curtos e compóñense dunha descrición contextual do ritual e unha serie de instrucións. Hai rituais para todo tipo de situacións e o seu número non tería cesado de aumentar no curso da historia. Unha segunda parte destes textos relixiosos son de tipo mitolóxico, baixo a forma de relatos. Están moito menos desenvolvidos que os da [[Grecia Antiga]], e describen o panteón hitita dominado polo deus da Tempestade, e logo unha serie de deuses importantes encargados da agricultura, a guerra etc., e finalmente, os deuses locais ou menores. Unha terceira parte destes textos atinxe a maxia, que engloba tamén a medicina, pois a noción mesma de medicina fai uso de prácticas máxicas que se basean na adiviñación. Estes poderes son patrimonio de mulleres, de bruxas na súa maioría [[luvitas]], encargadas de interpretaren os presaxios. Mesmo hoxe, continúase a atopar documentos hititas en [[Anatolia]].
 
== A sociedade ==
 
O mundo hitita está dividido en dous: A ''corte'' — formada por membros da familia real, por un certo número de familias aristocráticas e membros das familias dos soberanos veciños, ligados ao Imperio hitita por tratados, por altos sacerdotes así como por persoal do palacio — vive illada, e só se lles pode aplicar a xustiza real.
 
O pobo baixo está dividido en homes libres, servos e escravos:
 
* os homes libres son esencialmente os artesáns, os comerciantes e os labregos.
 
* os [[servos]] están formados polas poboacións deportadas como consecuencia das guerras: estes servos, ligados á terra onde son establecidos, non se poden desprazar libremente. Estas deportacións tiñan como finalidade repoboar as rexións devastadas.
 
* o [[escravo]] ten un verdadeiro estatuto xurídico, cousa excepcional para a época. O seu amo pódeo vender ou castigar, pero os escravos poden apelar á xustiza, casar cunha muller libre ou mesmo posuír bens de seu.
 
Liña 282 ⟶ 274:
A realeza hitita era moi diferente dalgunhas monarquías contemporáneas, en particular da monarquía exipcia: en efecto, ao contrario do [[faraón]], o rei non era considerado como un deus mentres vivía. As terras hititas pertencían aos deuses, o rei era o seu representante e xestionábaas no seu nome. Só despois da súa morte o rei era divinizado, a súa estatua uníase á dos seus devanceiros. Ademais, o termo empregado para indicar a morte do rei significaba tamén «converterse en deus».
 
Así, en tanto que representante dos deuses, investido polo deus da Tempestade Tarhunt, a función de ''gran sacerdote'' predominaba sobre as outras. Así, aínda que era ''comandante en xefe'' dos exércitos hititas permanentes, o rei non dubidaba en interromper campañas, mesmo afastadas, para exercer o seu papel na liturxia.
 
A parte destes dous papeis, o rei era igualmente o ''xefe do poder xudicial'', e neste ámbito é o último recurso en xustiza e o responsábel da ''diplomacia''.
Liña 310 ⟶ 302:
=== Dereito ===
 
O dereito hitita é bastante mal coñecido. Éo esencialmente por coleccións de leis (dúas táboas atopadas en [[Hattusa]]) e carecemos de documentos da súa práctica, como os contratos. Semella ser un dos máis evolucionados da Antigüidade e é moi antigo, pois data do segundo milenio antes da nosa era. Ao datar do [[século -XIV]], as leis están compostas por un fondo [[consuetudinario]] arcaico, por [[xurisprudencia]] e por leis reais de épocas diferentes.
 
A [[dereito penal|parte penal]] busca máis a reparación do prexuízo sufrido (como a reparación dunha plantación devastada) que vinganza. As disposicións lexislativas poñen o acento sobre a emenda do culpábel, e prevense numerosas compensacións pecuniarias. Prevense as incapacidades temporais de traballo, e o responsábel debe suplir a vítima, en persoa ou por un escravo e paga tamén o médico e unha indemnización. As compensacións pecuniarias son menos elevadas se o crime se comete contra unha persoa do común.