Diferenzas entre revisións de «Historia de Istambul»

m
Arranxos varios using AWB
m (Banjo moveu a páxina "Historia urbana de Estambul" a "Historia de Estambul")
m (Arranxos varios using AWB)
Arrodeada dunha muralla dun quilómetro, viña a coincidir en extensión aproximadamente coa do actual [[Pazo de Topkapi]]. Dominando a cidade, a tradicional acrópole cos templos, sendo [[Hera]] a deusa tutelar, e abaixo o porto, na recollida entrada do Corno de Ouro.
 
O enclave convertiuse pronto nun posto comercial estratéxico e por iso ambicionado por calquera que fose a potencia dominante da rexión durante os seguintes seis séculos: [[Persia|persas]], [[Atenas|atenienses]], [[Esparta|espartanosesparta]]nos, xonios, [[Macedonia (rexión histórica)|macedonios]], [[gálatas]] e [[Tracia|tracios]] disputáronse a súa vasalaxe.
 
Os [[Roma antiga|romanos]] fixérona cidade do seu imperio a partir do [[-100|100 aC]] e volveu a florecer no tempo dos [[antoninos]] ([[século II|século II d.C.]]). Porén, no ano [[196]] a cidade coas súas murallas foi destruída por [[Septimio Severo]] en represalia por dar refuxio aos partidarios do seu rival.
No [[324]], a guerra civil entre [[Licinio]] e [[Constantino I o Grande|Constantino]] rematou coa derrota do primeiro e unha nova destrución das murallas da cidade. [[Constantino I o Grande]] investiuse coma único emperador e veuse na necesidade de resituar a capitalidade do Imperio ([[Roma]] estaba moi lonxe de oriente, chea de epidemias e intrigas). Bizancio era a mellor localización. Por outra banda, é preciso ter en conta que dende o [[Edicto de Milán]] no [[313]], o [[cristianismo]] era relixión oficial no imperio.
 
O plan da nova cidade ([[330|330 d.C.]]), que chamou '''Nova Roma''', superpúñase á de Septimio Severo no seu centro representativo, o remate do Hipódromo<ref> [http://pages.usherbrooke.ca/croisades/big_images/v_constantinople_hippodrome2.jpg Maqueta do Hipódromo de Constatinopla]</ref> <ref>[http://www.byzantium1200.com/hipodrom.html Reconstrución virtual do Hipódromo de Constantinopla]</ref>; un gran foro, o Augustaion, no lugar do Tetrastoon; e unindo ambos espazos públicos o Gran Pazo Imperial, coa súa porta cerimonial (Chalke) cara ao foro e o palco real (Kathisma) ao hipódromo. Ao norte do Augusteon, entre este e os templos pagáns da antiga acrópole mandou construír as primeiras [[igrexa (arquitectura)|igrexas]] (primitivas Santa Irene e Santa Sofía polo seu sucesor [[Constantino II]], [[360|360 d.C.]]).
 
[[Ficheiro:Walls of Istanbul 06135.jpg|miniatura|esquerda|250px|Murallas de Constantinopla]]
Para a cidade en si, cuadriplicou a súa superficie cara ao oeste e pechouna con novas murallas.<ref>[http://www.unc.edu/awmc/downloads/connorConstLblMed.jpg Mapa da Constantinopla bizantina]</ref> A extensión comezaba nunha esquina do foro co chamado Milion, marco de comezo de tódalas rutas do imperio. De aí arrincaba a vía principal da cidade, Mese, que no seu percorrido porticado ata as murallas ía atopando varios foros<ref>[http://www.kosovo.net/news/archive/2004/October_08/files/1097250162_s1qdaq78jk7_const6c.jpg Constantinopla]</ref>: primeiro, o circular Foro de Constantino<ref>[http://www.byzantium1200.com/forum-c.html Reconstrución virtual do Foro de Constantino]</ref>; despois o Foro Tauri o de Teodosio<ref>[http://www.byzantium1200.com/forum-t.html Reconstrución virtual do Foro de Teodosio]</ref>, o Foro dos Bois abaixo, no val do Licos, e finalmente o Foro de Arcadio. Tralo foro de Teodosio a Mese duplicábase cun ramal cara ao noroeste, onde mandou construír a fundacional (do tipo central en cruz grega con cinco cúpulas<ref>[http://www.sacred-destinations.com/turkey/images/istanbul/church-of-holy-apostles-illumination.jpg Miniatura bizantina representando a Igrexa dos Santos Apóstolos]</ref>) igrexa dos Santos Apóstolos sobre do que era un templo pagán. Alí foi enterrado cando morreu. O conxunto urbano inda estaba en construción e foron os seus sucesores os que o foron completando . A cidade recibiu entón o nome de '''[[Constantinopla]]''' (Constantinópolis).
 
Para comezos do [[século V]], Constantinopla rebordara os seus muros, polo que baixo [[Teodosio II]] emprendeuse a construción dun novo cinto murario exterior ([[408]]-[[413|13]]). Eran 5.630 metros de soberbia fortificación entre o [[Mar de Mármara]] e o suburbio de Blanquernas no Corno de Ouro (onde se fixo unha pequena ampliación un século despois) para acoller unha crecente poboación (300.000 habitantes). A entrada cerimonial da cidade era a do sur, a magnífica Porta Áurea<ref>[http://www.messala.de/landmauer-konstantinopel.htm Artigo sobre as murallas de Constantinopla en lingua alemá]</ref>. Ademais estaban os 16 &nbsp;km de muralla do mar. Resistiu os ataques bárbaros e islámicos e a cidade foi inexpugnable ata [[1204]].
 
== Xustiniano ==
[[Ficheiro:Constantinople_center.svg|miniatura|300px|Centro monumental de Constantinopla arredor do Gran Palacio|]]
O cénit deste primeiro esplendor da capital lógrase co goberno de [[Xustiniano I]] ([[527]]-[[565|65]]), onde Constantinopla xa é a meirande cidade do mundo (500.000 habitantes).
 
O comercio de Europa con oriente e Asia declinou o que forzou a buscar novas rutas polo [[Atlántico]]. A era dos descubrimentos, a [[Idade Moderna]], daba comezo.
 
O primeiro feito para a cidade foi o radical cambio relixioso-cultural: o mesmo día da conquista, o sultán [[Mehmed II]] o Conquistador foi rezar a Santa Sofía coa cabeza mirando [[A Meca]]. As igrexas foron de inmediato convertidas en mesquitas.
 
Non correu esa sorte a dos Santos Apóstolos. Pola súa significación como lugar de enterramento dos emperadores bizantinos, Mehmed quixo levantar no seu lugar a primeira mesquita imperial da nova capital do [[Imperio Otomán]]: a [[Mesquita Fatih]] ([[1463]]-[[1470|70]]), derrubada por un tremor en [[1766]]), moito máis que unha mesquita, é todo un complexo (''kulliie'') que reúne tamén madrasa (escola coránica) e tumba nunha disposición de orden e proporcions clásicas.<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=5914&image_id=170676 Plano da Mesquita de Fatih].</ref>
Tamén Mehmed II deu inicio as primeiras construcións dun pazo imperial axeitado (o bizantino estaba en ruínas). Elixiu o sitio da primitiva acrópole grega e cos séculos completaríase coma o [[Topkapi]].
Asemade, para fornecer o comercio, comezou a erección do [[Gran Bazar]]<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=9181&image_id=55364 Imaxe do Gran Bazar]</ref> (vastamente agrandado no s.XVI) nas inmediacións do antigo foro de Teodosio.
Tralo sinal deixado na cidade do "Conquistador" (Fatih), cada sultán quixo deixar a súa pegada con algunha grande obra. Así a [[Mesquita de Bayaceto II]] xunto ao bazar ([[1491]]-[[1506]]).
Pero o esplendor da capital otomana viría da man de [[Suleimán o Magnífico]] e o seu arquitecto [[Sinan]] (a altura do contemporáneo [[Miguel Anxo]]). Con el a arquitectura otomá alcanzaría o clasicismo, conxugando as súas antigas raizames persas coa influencia bizantina exemplificada no modelo de Santa Sofía. A primeira obra mestra será a [[Mesquita Shezade]] ([[1543]]) xunto ao acueduto de Valente.
Nela consegue a integración e claridade espacial que serán canónicas nos interiores das mesquitas otomás, mediante una cúpula central rodeada de catro semicúpulas<ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=4388&image_id=137001 Imaxe do interior da Mesquita de Shezade]</ref>. A culminación conseguiuna coa [[Mesquita Suleimaniye]] ([[1557]]), onde volverá á valoración dun eixo lonxitudinal coma en Sta. Sofía eliminando dúas cúpulas laterais. A súa monumentalidade dominando o Corno de Ouro cos característicos minaretes otománs resulta abraiante<ref>[http://www.yusuftuvi.com/photo_large/Istanbul%20-%20Turkey.htm Imaxe de Hagia Sofia cos seus minaretes]</ref>.
 
Despois de Sinan, seguindo o seu modelo, erixíronse moitas máis mesquitas, entre as que cabe salientar a célebre [[Mesquita Azul]] ([[1609]]-[[1616|16]]) que se alza xunto ao Hipódromo e Sta. Sofía na punta da península, compoñendo un cadro urbano único.<ref>[http://cache.eb.com/eb/image?id=93158&rendTypeId=4 Imaxe da Mesquita Azul na punta da península]</ref> A cidade volvía a ser a maior do mundo.<ref>[http://historic-cities.huji.ac.il/turkey/istanbul/maps/jaspar_isac_before_1654_istanbul_b.jpg Plano de Estambul antes de 1654]</ref><ref>[http://historic-cities.huji.ac.il/turkey/istanbul/maps/scheffler_ca1730_istanbul_b.jpg Plano de Estambul circa 1730].</ref>
== Século XIX ==
[[Ficheiro:Dolmabahce.jpg|miniatura|esquerda|250px|Pazo de Dolmabahçe]]
Pero coa decadencia do Imperio Otomán, Estambul tamén perdeu pulo. Os [[século XVIII|séculos XVIII]] e [[século XIX|XIX]] supuxeron os dun adormecemento no que o organismo urbano do pasado bastaba para conter a cidade presente.<ref>[http://www.tooleys.co.uk/m07/e020.jpg Plano de Constantinopla no século XIX]</ref> Só cabe salientar algunha obra singular coma o [[Pazo de Dolmabahçe]] á beira do Bósforo. Dende a metade do século o centro da cidade moderna desprázase progresivamente cara ao norte do corno, máis aló dos barrios de Gálata e Pera (Beyoglu), coa rúa Istiklal coma eixo e a Praza Taksim coma foco<ref>[http://www.photoeurasia.com/pictures/maps/000/00/m/0016607m.jpg Plano de Constantinopla]</ref><ref>[http://archnet.org/library/images/one-image-large.jsp?location_id=2610&image_id=166715 Localización do barrio Beyoglu]</ref>. Para tal desenvolvemento precisábanse pontes sobre do corno e, por primeira vez na súa longa historia (houbera proxectos do sultán Bayaceto no [[século XVI|XVI]] mesmo con [[Leonardo da Vinci]]), dous tendéronse en sucesivas estruturas ao longo do XIX.
 
== Estambul contemporáneo ==
[[Ficheiro:Taksim Square.jpg|miniatura|200px|Praza Taksim]]
[[Ficheiro:Bosphorus.jpg|miniatura|400px|esquerda|Ponte sobre o Bósforo.]]
 
 
A proclamación en [[1923]] por [[Kemal Atatürk]] da República de [[Turquía]] con capital en [[Ankara]] supuxo a puntilla para a súa decadencia, aínda que nunca deixou de ser o centro económico, financeiro, industrial, comercial e cultural da rexión. Nas décadas de [[1950]] e [[1960]] a cidade sufríu un grande cambio estrutural cando a noutrora numerosa e próspera comunidade grega, procedente da poboación antiga, se viu mermada a consecuencia do [[Pogrom de Estambul]] de [[1955]], que provocou que a maioría dos gregos de Turquía fuxisen para Grecia.
* [http://www.sinanasaygi.com/en/ Páxina sobre a obra do arquitecto otomán Sinan] (en inglés).
* [http://www.ibb.gov.tr/en-US/Organization/MunicipalHistory/Pages/AnaSayfa.aspx Historia de Istanbul na páxina oficial do concello] (en inglés).
 
{{ORDENAR:Estambul}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Estambul}}
[[Categoría:Artigos destacados]]
[[Categoría:Estambul]]