Dereito de pernada: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiños
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 1:
[[Ficheiro:Le droit du Seigneur by Vasiliy Polenov.jpg|miniatura|300px|«''Le droi du Seigneur''» (''O dereito do señor'' {{gl}}) por [[Vasily Polenov]], un [[Pintura de historia|cadro]] [[Historicismo|historicista]] no que se mostra, en ton melodramático, un pobre ancián entregando as súas fillas mozas ao ''despótico'' señor feudal.]]
O '''dereito de pernada''' (en [[latín vulgar]] medieval, ''Ius primae noctis'', «dereito da primeira noite»; en [[lingua inglesa|inglés]] úsase a expresión francesa [[w:en:Droit de seigneur|Droit de Seigneur]], aínda que en [[lingua francesa|francés]] é máis acertada a locución [[w:fr:Droit de cuissage|Droit de Cuissage]]) é un dereito feudal que teoricamente establecía a potestade señorial de ter [[Relación sexual humana|relacións sexuais]] (e polo tanto a gozar da súa [[virxindade]]) con toda doncela, serva do seu [[feudo]], que fora casar con un dos seus servos. Este presunto dereito tivo vixencia durante a [[Idade Media]] da [[Europa occidental]] (aínda que hai paralelismos noutras partes do mundo) como compoñente do [[economía feudal|modo de produción feudal]].
 
Dado que non apareceron documentos legais acerca deste presunto [[privilexio]] feudal, discutiuse moito sobre a súa natureza real. Basicamente hai quen acepta que se trata dun ''[[señorío|dereito señorial]]'' tal cal o define a [[historiografía]] tradicional, incluída a agresión sexual na noite de vodas; outros, en cambio, pensan que era un ''[[ritual|ritual simbólico]]'' de submisión que se saldaba co pagamento dunha taxa en especie ou metálico e unha [[cerimonia]]; hainos, por fin, que aceptan que o ''[[abuso sexual]]'' era un [[feito social]] (non referido ás [[voda]]s, aínda que si á servidume feudal), pero non un dereito: máis ben o reflexo da dominación dunha clase privilexiada e da baixa consideración que se tiña da muller na época.
Liña 44:
</ref>
 
Aínda que se chegou a propor que, no [[feudalismo]], o oficiante do ritual sería substituído pola persoa de máis alto rango estamental (isto é, o señor feudal), tal afirmación parece unha extrapolación simplista para a que non se obtiveron probas e, ata, algúns estudosos sosteñen que o ritual prenupcial de desfloración é algo moi distinto, ata oposto, ao dereito de pernada medieval.<ref>Trátase de rituais relixiosos que non supón ningún tipo de humillación para a muller e non son actos de dominación nin despotismo por parte do home:
 
{{Cita libro
Liña 105:
 
* Na [[Biblioteca nacional de Francia]] consérvase un texto datado no ano [[1400]], procedente dunha aldea adscrita a un mosteiro de [[Zúric]] ([[Suíza]]) na que se especifica que ''«...quen desexe contraer sacro matrimonio no territorio ou na aldea de [[Maur]], quenquera que sexa, debe entregarnos á noiva na súa primeira noite de vodas ou pagar por ela, segundo rezan os costumes tradicionais e segundo figura nos vellos escritos oficiais. Se non cumprise o prescrito, será multado con 30 peniques».''O texto foi reescrito en [[1543]] para especificar as condicións do pago: ''«o esposo debe deixar que o seu señor xaza a primeira noite de vodas coa noiva ou, pola contra, pagar cinco chelíns e catro peniques»''. En ambos os casos tratábase de cantidades razoables para os campesiños da aldea, especialmente nunha zona que era bastante próspera no [[século XVI]]<ref name=wett/>
 
* Podemos indicar outra fonte máis, extraida da [[Sentenza arbitral de Guadalupe]]:''«ni tampoco puedan'' [os señores] ''la primera noche quel payés prende mujer dormir con ella o en señal de senyoria»''.<ref>
{{Cita libro
Liña 162 ⟶ 161:
(«Alegoría do bo e do mal goberno»)]]
 
É entón cando o que viña considerándose un ''mal costume'' (aceptado tacitamente), un dereito, ata un privilexio feudal, pasa a converterse, simplemente, nun [[crime]]: nunha ''[[wiktionary:gl: malfeitoría| malfeitoría señorial]]''. Estariamos, pois, ante un feito lamentable, pero non ante un dereito. Algo que, ademais, non ten relación algunha con rituais de [[desfloración]], nin con cerimonias ancestrais asociadas ao matrimonio, senón caprichos dun señor descontrolado e incapaz de respectar a lei e a dignidade das persoas ao seu cargo.
 
Entre as rebelións campesiñas máis coñecidas e dilatadas está a dos [[Guerra dos Remensas|Campesiños de Remensa]] en [[Cataluña]] (entre [[1440]] e [[1486]]), os cales fan unha relación de agravios entre os que figuran os abusos sexuais.<ref>{{Cita libro
Liña 195 ⟶ 194:
| páxina= 69
|url=http://www.ambitoediciones.com/
}}</ref> xunto a iso, engaden que o citado conde ''«tenía consigo en la dicha fortaleza algunos criados e parientes suyos y les consentían que matasen ombres y llevasen mujeres casadas e que matasen después aquellos que las llevaban a sus maridos e por aquella cabsa en la dicha villa se han desfecho ocho o nueve casas de oficiales»''<ref name=Barros/>
 
Outros incidentes destacables son o de Fadrique Enríquez, [[Casa de Trastámara|Conde de Trastámara]], [[Ducado de Arjona|Duque de Arjona]], que morreu axustizado por [[Xoán II de Castela|Xoán II]] en [[1430]] por mor das súas ''malfeitorías ''. Ou o asunto de Don Rodrigo de Luna, [[Santiago de Compostela|arcebispo de Santiago de Compostela]] e sobriño do coñecido [[condestable]], [[Álvaro de Luna]], contra quen se rebelaron os seus propios [[cabaleiro]]s en [[1458]] por mor dos seus actos deshonestos e criminais.
Liña 260 ⟶ 259:
}}
</ref>
 
 
Só nas últimas décadas puidemos desfacer o engano, pero non sen que moitos historiadores ou filósofos sexan acusados de complicidade, ao aceptar como certas lendas, tópicos e contos tendenciosos que desvirtuaron a realidade da Idade Media, caricaturizándoa. O peor de todo isto é que a muller segue sendo a vítima, pois foi utilizada sen miramentos, con moita hipocrisía e con [[dobre moral]] polos [[Ilustración#Pensadores ilustrados|ilustrados]],<ref>Non esquezamos que os revolucionarios franceses, nin sequera os máis radicais, xamais recoñeceron os dereitos femininos. Moi ao contrario, opuxéronse vehementemente á igualdade entre sexos: como mostra temos o que lle ocorreu a [[Olympe de Gouges]] por intentar defender os [[Declaración dos Dereitos da Muller e a Cidadá|dereitos das mulleres]]</ref> filósofos, historiadores e literatos, como un medio para alterar o xuízo popular, como unha ''moeda de cambio'' para fins políticos.<ref>
Liña 272 ⟶ 270:
}}
</ref>
 
 
Unha cousa é aceptar que existiu a dominación consuetudinaria, en culturas menos evolucionadas, como a Idade Media (do home sobre a muller e do señor sobre o servo) e, outra, é consideralo un dereito formalmente recollido polas leis.
Liña 302 ⟶ 299:
|dataacceso = 11 de abril de 2009
|}}:
{{cita|«Adversus nobilitatem crudelis et avarus, infimi generis hominibus familiaris. Cum in stupra virginum et matronarum, et immoderata convivia se totum daret, circa se symphoniacos et histriones omnisque generis voluptatum ministros semper habebat.»<br />
 
«Fronte á nobreza (a pesar de ser el mesmo un nobre) era cruel e avaro, amigo dos homes do xénero máis baixo. Como se entregase de maneira total á violación de doncelas e matronas, e aos banquetes inmoderados, tiña sempre ao seu ao redor músicos e bufóns (histrións, comediantes) e servidores de todo tipo de praceres» |[http://www.philological.bham.ac.uk/scothist/5lat.html Rerum Scoticarum Historia, Liber V, XLIII REX]}}
Liña 331 ⟶ 328:
* Billardon de Sauvigny, Louis Edme (1768). ''L'innocence du premier âge en France.'' De Lalain, [[París]].: Unha fábula na que o pobo se enfronta aos abusos señoriais e celebra o seu triunfo. {{cita|«Alors fut bornée l'autorité paternelle. A seize ans le fils est libre. L'Etat y gagne un citoyen, le père un ami. Dans la fête qu'ils célébrèrent au jour de leurs mariages, le Ciel et leurs compagnes reçurent leurs serments à la lueur d'un vaste bûcher dont, chaque année, on renouvelle la mémoire. Là furent consumés, avec joie, ces titres pompeux, faible aliment de la vanité des nobles, garant plus faible encore de leur mérite.»
::«Entón a autoridade dos patriarcas foi limitada: aos dezaseis anos o fillo convertíase nun home libre. O estado gañaba un cidadán e o pai un amigo. Na festa que celebraban o día dos seus esponsais, o Ceo e as súas testemuñas escoitaban os seus votos ao resplandor dunha gran fogueira; a cal, cada ano, servía para reafirmalos. Alí foron consumados, con alegría, os seus pomposos títulos nobiliarios, escaso alimento da vaidade señorial, feble garantía dos seus privilexios»|Páxina 102}}
 
 
::Á que seguen outras obras do mesmo autor e na mesma liña romántica contra o [[Antigo Réxime]] (''Histoire amoureuse de Pierre Lle Long et de sa trés-honorée dáme Blanche Bazu'', ''A Rose'' ou ''A fête de Salency''...).
* A novela de [[George Orwell]], ''[[Nineteen Eighty-Four|Mil novecentos oitenta e catro]]'', onde, no capítulo 7 da Primeira Parte dise: ''«the law by which every capitalist had the right to sleep with any woman working in one of his factories»'' (''«A lei pola cal cada empresario ten o dereito de durmir con calquera das mulleres que traballan na súa empresa»'').
* A película '''''[[Carmiña, flor de Galicia]]''''' é un [[filme]] mudo español producido por [[Hispánica Film]] de [[Madrid]], dirixido polo [[Italia|italianoitalia]]no [[Rino Lupo]] en [[1926]] e estreado en [[1927]], onde un mozo asasina o seu señor para impedir que cumpra o dereito de pernada coa súa moza.
* A película de [[Joseph Losey]] ''[[The Servant]]'' ([[1963]]), na que o mordomo, Hugo Barret ([[Dirk Bogarde]]), sérvese da súa suposta irmá Beira ([[Sarah Miles]]), co propósito seducir ao seu señor ([[James Fox]]) e manter o dominio que conseguiu sobre el.
* A película de [[Mel Gibson]] ''[[Braveheart]]'' ([[1995]]), na que un membro da comunidade de [[William Wallace]] é obxecto desta humillación ao comezo do relato.
Liña 356 ⟶ 352:
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.fernandodannemann.recantodasletras.com.br/visualizar.php?idt=675145 Privilexio da primeira noite] {{pt}}.
* [http://www.h-debate.com/cbarros/spanish/pernada_castellano.htm Rito y violación: derecho de pernada en la Baja Edad Media]] {{es}}
{{Control de autoridades}}