Avelino Cachafeiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos varios using AWB
Liña 15:
 
== Traxectoria ==
De familia de gaiteiros da [[Comarca de Tabeirós - Terra de Montes|Terra de Montes]], aprendeu do seu avó Xan e tocaba polas carballeiras encanto coidaba do gando. O seu pai, Fermín, regaloulle as súas propias gaitas, deixándoas para dedicarse só ao [[bombo]]. Formou o grupo de gaiteiros [[Os Gaiteiros de Soutelo]] cos seus irmáns Castor (gaita) e Bautista (voz e [[caixa (música)|caixa]]), o seu pai Fermín (bombo) e a súa tía Andrea, que algunhas veces se axuntaba a eles para tocar o [[pandeiro]]. No grupo Avelino era o símbolo, o director, o compositor; nunha palabra, a alma do grupo.
 
En 1922 entrou no coro da Sociedade Artística de Pontevedra. Con só 25 anos foi proclamado o mellor gaiteiro de Galicia no concurso celebrado en Santiago en [[1924]] (a parte literaria gañouna [[Eladio Rodríguez González]]). En [[1928]] gravaron para a compañía [[Regal]] a "[[Muiñeira de Chantada]]", a "Alborada de Rosalía", a "Muiñeira de Pontesampaio", "Fandango de Pontevedra", "Marcha do Corpus", "Viva Barriño de Arén", "Heicho de dar queridiña", "Foliada de Luxán", "Foliada Rianxeira", "Estróupele-Estróupele", "Farruquiña chaman á porta", a "Muiñeira de Ourense" e o pasacorredoira "A volta da festa".
Liña 38:
* [http://www.webterrademontes.com/GentAve.htm Asociación Amigos da Terra de Montes]
 
{{ORDENAR:Cachafeiro, Avelino}}
{{Control de autoridades}}
 
{{ORDENAR:Cachafeiro, Avelino}}
[[Categoría:Artigos destacados]]
[[Categoría:Artigos destacados sobre Galicia]]