Restauración Meiji: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 9:
 
== Características ==
A restauración Meiji ''Bakumatsu non Doran'' (fin do réxime do ''[[shogun]]'') foi a caída do réxime despótico no Xapón. Este réxime era moi parecido ao [[feudalismo]] europeo, o emperador (que se cría que descendía dos deuses) non tiña o poder real senón que dependía do ''[[daimío]]'' (señor feudal) máis importante. Este titulábase "shogun", que é o maior rango que un daimío podía obter. Por iso o réxime político chamábase [[shogunato]] ou ''bakufu''. Agora ben, [[Xapón]] até [[1853]] permanecera illado do resto do mundo económica e politicamente (excepto para [[China]] e [[Países Baixos|Holanda]](que gozaban dun porto aberto, Nagasaki). Nesta data chega unha frota [[Armada dos Estados Unidos de América|armada]] estadounidense (ao mando do [[Matthew Perry (militar)|Comodoro Perry]]) que tiña como propósito demandar un tratado de comercio. Este feito coñécese tamén como "[[Kurofune raikō]]" (chegada dos barcos negros). Ao non ter Xapón unaunha armada para facerlle fronte tivo que aceptar o tratado, evidenciando o débil que era o país.
 
Esta revolución tivo unha particularidade única na historia; a mesma clase dominante (a [[aristocracia]]) foi a que viu a necesidade de cambio e de renunciar aos seus dereitos especiais. Por iso estaban divididos en dous bandos: os ''[[Kinnō-no-shishi]]'' e os partidarios do shogunato. Os terratenentes (''daimyo'') que estaban en contra do shogunato lideraron o Kinnō-no-shishi. Entre eles destacan tres dirixentes, o chamado ''[[Ishin Sanketsu]]'' (o triunvirato de ''Ishin''), cuxos integrantes eran [[Toshimichi Ōkubo]], [[Takamori Saigō]] e [[Takayoshi Kido]].