Fernando VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 36:
=== Regreso a España ===
[[Ficheiro:Ferdinand VII when Prince of Asturias.png|miniatura|esquerda|150px|Fernando VII cando era Príncipe de Asturias ([[Metropolitan Museum of Art]], New York)]]
En decembro de 1813 Napoleón firmou a paz con Fernando, no denominado Tratado de Valençay, e Fernando quedou en liberdade<ref>http://www.cervantesvirtual.com/bib/historia/monarquia/fernando7.shtml</ref>. Fernando volvería a España por terras de Xirona en 1814 e dende alí dirixiuse a Valencia, onde apoiado polo xeral Elio, emitiu un decreto o 4 de maio de 1814 que implicaba un golpe de estado pola súa parte, derogando a Constitución de 1812 e restaurando o absolutismo.
 
Tras isto, en 1814, Fernando VII entra en España por [[Xirona]] co fin de ir a [[Valencia]], e deste xeito evitar ir a Madrid, onde tería que asinar a [[Constitución española de 1812|Constitución de 1812]].
 
Nada máis chegar a España atopa apoios e invitacións para gobernar como un rei tirano e absoluto: o do [[Xeneral Elio]] e o dunha serie de deputados que lle presentan o ''Manifesto dos Persas'', no que os 69 deputados pedíanlle ó rei a volta ó absolutismo. Ademais disto, Fernando VII contaba co apoio e simpatía do pobo.
 
O rei decide entón restaurar o absolutismo asinando un decreto o [[4 de maio]] de [[1814]] polo que se declaraba nulo o decreto das cortes e a Constitución promulgada en Cádiz an 1812.
 
Comezou, entón, unha persecución aos máis liberais, mentres que se facía imposible a reconquista das antigas colonias americanas que facía que España fose soamente unha gran potencia europea. Para frear esta situación confiouse o poder a un equipo moderado de políticos (León e Pizarro e Garay), pero esta resistencia durou dous anos 1816 - 1818.