Fernando VII: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 18:
== Chegada ao trono ==
=== Motín de Aranjuez===
{{Artigo principal|Motín de Aranjuez}}
Debido ao aborrecemento que sentía por eles, dende moi pequeno Fernando xa conspirara contra os seus pais e contra Godoy. En torno ao Príncipe de Asturias vaise formando un núcleo opositor formado por membros da alta nobreza que, temerosos do poder que tiña, perseguían que Godoy non chegase ao trono como se viña supoñendo, por iso en [[1807]] levouse a cabo a primeira conspiración. Por causa dun descuido, esta conspiración foi descuberta polo que Fernando foi xulgado no denominado Proceso de El Escorial. O príncipe, nun xesto propio do seu carácter e reinado, denunciou a todos os implicados e pediu desculpas aos seus pais, máis tarde o tribunal absolveu a todos os implicados.
 
Liña 23 ⟶ 24:
 
Tras este motín, Fernando volveu á Corte, onde foi aclamado polo pobo de Madrid. Porén, as tropas francesas xa ocuparan Madrid o día anterior (23 de marzo). O destronado rei Carlos e a súa dona pasaron a estar baixo protección de [[Napoleón]]. Este invitou a Fernando a reunirse con el, ao que accedeu con esperanza de que o emperador o apoiase como rei de España. Nun principio a reunión ía ser en España, pero logo pasou a celebrarse en Baiona. Chegaron a Baiona o 30 de abril, mentres que en Madrid o pobo comezaba a loitar contra os franceses. Os fitos do 2 de maio de [[1808]] marcan o inicio da [[Guerra da Independencia española]].
 
===Abdicacións de Baiona ===
Durante a reunión en Baiona, Carlos IV afirma que a renuncia ao trono producida tras o "Motín de Aranjuez" era nula, polo que pedía que lle foran devoltos os seus dereitos como rei, pero logo cédellos a Napoleón a cambio de asilo político en [[Francia]] así como unha pensión de 30 millóns de reais anuais. Cando chegaron a Baiona as noticias de que Madrid se levantara en contra dos franceses, Napoleón ordenou a Fernando que recoñecese ao seu pai como lexítimo, a cambio dun castelo e 4 millóns de reais de pensión anual, aceptou. A coroa de España recaeu en Napoleón, o cal lla deu ao seu irmán José Bonaparte que reinaría como [[José I]]. Este complicado traspase da coroa española coñécese como ''"Abdicacións de Baiona"''.