Hórreo galego: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos con en:WP:AWB using AWB
Liña 4:
[[Ficheiro:Oroso hórreo.jpg|miniatura|235px|Hórreo mixto sobre cepas de cantería en [[Oroso]].]]
[[Ficheiro:Ponteulla Vedra Galicia 12.jpg|miniatura|235px|Hórreo de madeira sobre cepas de cantería en [[Vedra]].]]
O '''hórreo galego''' é un [[edificio]] de uso agrícola destinado a secar, curar e gardar o [[millo]] antes de debullalo e moelo.<ref name="xl">Lorenzo Fernández, X. ''A terra''. Editorial Galaxia, 1982. ISBN 84-7154-407-5, 9788471544070.</ref> Consta dunha cámara de almacenaxe oblonga, estreita e permeable ao paso do ar, separada do chan para evitar a entrada de [[humidade]] e [[Animal|animais]].
 
En [[Galicia]] conviven tres tipoloxías básicas de [[hórreo]]: o tipo galego (tamén chamado «galego-portugués»), o tipo [[Hórreo asturiano|asturiano]] e o [[hórreo de corres]]. No nordeste de Galicia e no occidente de Asturias é doado atopar hórreos do tipo galego e do tipo asturiano no mesmo lugar, aínda que con diferente denominación.
Liña 19:
 
* '''Hórreo'''. A explicación máis aceptada da orixe do termo hórreo e as súas variantes (hórrio, orno e órneo) remite ao [[Latín|latino]] ''horreum'' (do [[lingua grega|grego]] ὡρεῖον, σιτοφυλακεῖον, ἀποθήκη, celeiro), que designaba en orixe un [[edificio]] no que se gardaban [[froito]]s do campo, especialmente o gran.<ref>Kaltschmidt, J.H. ''A school dictionary of the Latin language''. William and Robert Chambers, 1850.</ref> Durante o [[Imperio Romano|Imperio]] a palabra ''horreum'' empregábase para calquera lugar destinado a conservar cousas de calquera natureza, sexa [[viño]] (''horrea vinearia''), mercancías e provisións (''horreum penarium'').<ref>Schmitz, L. ''Horreum''. Artigo en Smith, W. ''A Dictionary of Greek and Roman Antiquities''. John Murray. Londres, 1875.</ref> Outros autores fan derivar o actual ''hórreo'' dun ''órreo'' prerromano presente na toponimia e na hidronimia, e que tería xa o significado de silo para o gran.<ref name="rq"/>
 
* '''Cabazo'''. O termo cabazo designa principalmente ao [[hórreo de corres]], pero por similitude funcional emprégase por zonas para nomear ao hórreo galego.
 
Liña 25 ⟶ 24:
 
* '''Canastro'''. Do latín ''canistrum'', cesto de vimbios. O nome empregábase en orixe para denominar ao hórreo de corres, pero estendeuse especialmente polo sur da provincia de Ourense. Fai referencia á arte de elaboración das paredes do cabazo.
 
* '''Paneira'''. A paneira, do latín ''panarium'' (derivado de ''panis'', o pan) é a tulla na que se garda o gran. En Asturias chámase ''panera'' ao hórreo de máis de catro ''pegollos'', e no [[hórreo tipo Ribadeo]] a paneira é o andar intermedio do hórreo de tres niveis. Nesta variante tipolóxica o primeiro andar ou ''celeiro'' emprégase para gardar as patacas, o segundo ou ''paneira'' para gardar o centeo e o trigo, e o superior ou ''hórreo'' para as mazarocas do millo.
 
* '''Piorno'''. Do latín ''viburnum'', vimbieira. É o nome dunha especie de [[xesta]] que se emprega para tecer cestos e cabazos. Chámase así ao hórreo principalmente na [[provincia de Pontevedra]], aínda que tamén se denomina así unha tipoloxía [[Piorno|de seu]].
 
Liña 34 ⟶ 31:
=== Introdución ===
[[Ficheiro:PaneraAsturias.JPG|miniatura|esquerda|235px|Hórreo de cámara cadrada en Asturias.]]
A área de expansión do hórreo galego coincide aproximadamente cos límites da Galicia histórica, cunha exacta correspondencia co límite lingüístico polo leste. Así, mentres o hórreo de cámara cadrada ten parentesco con construcións análogas da Europa central e setentrional, propias de poboacións adicadas ao pastoreo, o hórreo de corres, xermolo do actual hórreo galego, garda similitudes con outros da rexión mediterránea propios de pobos recolledores. Atribúese a súa introdución en Galicia a pobos preceltas de procedencia e cultura mediterráneas, os coñecidos polo nome de ''[[oestrimnios]]''.
 
Paralelamente os profesores Dias, Veiga de Oliveira e Galhano propoñen un orixe suevo do hórreo de cámara rectangular, que viría modificar os hórreos de varas preexistentes. Esta tese baséase na coincidencia entre o límite de extensión do hórreo galego e as fronteiras do [[Reino Suevo]] de Galicia, no achado en territorio suevo de [[Alemaña]] dunha urna funeraria que reproduce un celeiro sobre pés e, por último, na pertenza do hórreo ao complexo agrario instituído polos suevos.<ref name="imr"/>
Liña 43 ⟶ 40:
[[Ficheiro:Cantiga de Santa Maria CLXXXVII - Horreos.jpeg|miniatura|dereita|200px|Miniatura das Cantigas de Santa María.]]
 
O uso dos celeiros aéreos vai xunguido ao cultivo do [[paínzo]], que xa se practicaba na cultura dos [[Castro (poboado)|castros]], como o demostran os achados de sementes torradas en diversas citanias e que se gardan no Museu [[Leite de Vasconcelos]], en Portugal. Algúns autores ven no hórreo unha prolongación da [[palafita]],<ref>Frankowski, E. ''Hórreos y palafitos de la Península Ibérica''. Edición facsímile. Ediciones Istmo. Madrid, 1986. ISBN 84-7090-168-0.</ref> mentres que para outros é unha dependencia doméstica segregada da [[casa]].<ref name="jls"/> Sobre a súa orixe contamos coas mencións de autores latinos, que non despexan as dúbidas sobre o aspecto formal dos celeiros aos que fan referencia.
 
Haberá que agardar á representación miniada de tres hórreos nas [[Cantigas de Santa María]], no [[século XIII]]. Cada un deles consta dunha cámara estreita e longa sobre catro esteos con tornarratos, unha porta no testeiro en [[Arco (arquitectura)|arco]] de ferradura e cuberta de [[Tella (construción)|tella]] curva a dúas augas, sen beiril, sobrepenas nin cruceiro. Esta similitude formal suxire que en Galicia o seu uso é moi anterior ao comezo do cultivo do millo, probablemente ligado ao cultivo do paínzo ou millo miúdo. Porén, a ausencia de doelas e pontóns nas paredes costais non permite a ventilación do interior da cámara, polo que estamos ante un tipo de hórreo aínda non especializado na conservación do millo.<ref name="xl">Lorenzo Fernández, X. ''A terra''. Editorial Galaxia, 1982. ISBN 84-7154-407-5, 9788471544070.</ref>
 
O documento galego máis antigo no que se atopa unha referencia ao hórreo é unha escritura de [[1219]] pola que o rei [[Afonso IX]] lles cedía o castro de Untia, lugar no que se asenta hoxe a cidade de [[Betanzos]], aos veciños da parroquia de [[Tiobre, Betanzos|Tiobre]], hoxe chamado [[Betanzos o Vello, Tiobre, Betanzos|Betanzos o Vello]]. No documento lese ''Inde per viam quae tendit ad orreum vrum. Excepto ipso orreo cum suo currali''.<ref>Vaamonde Lores, C. ''Ferrol y Puentedeume. Escrituras referentes a propiedades adquiridas por el monasterio de Sobrado en dichos partidos en los S. XII, XIII y XIV''. A Coruña, 1909. Apéndice VII. Citado en Martínez Rodríguez, I. ''El hórreo gallego''. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.</ref>
Liña 70 ⟶ 67:
Ata a introdución do millo o cultivo cerealeiro organizábase tradicionalmente en ciclos anuais nos que alternaban o cereal de inverno e o de verán. Os invernais adoitaban ser trigo ou ben centeo, o de verán era xeralmente paínzo, cereal de gran miúdo que daba un pan mediocre, polo que se mesturaba con centeo. O sistema agrario tradicional baseábase, especialmente naquelas zonas de predominio das agras, nunha organización comunitaria da rotación do traballo de pastoreo e cultivo sobre cada unha das ''follas'' de terra. A aparición do millo como novo cultivo de verán obrigou a alterar este sistema agrario vixente aos prazos vexetativos do novo cultivo, e a desprazar as épocas de pastoreo para facelas coincidir cos novos períodos de barbeito. Isto leva a supoñer que a introdución do millo se fixo en cada lugar ao mesmo tempo e por acordo conxunto dos veciños.<ref name="bouhier">Bouhier, A. ''Galicia: Ensaio xeográfico de análise e interpretación dun vello complexo agrario'', 2 vols. Santiago de Compostela. Xunta de Galicia. Consellería de Agricultura, Gandería e Política Agroalimentaria-Caixanova. 2001, 1.407 páxs. ISBN 84-453-2769-0</ref>
[[Ficheiro:Hórreo en Ames.jpg|miniatura|esquerda|190px|Hórreo en [[Ames]].]]
O millo é un [[cereais|cereal]] que ten a súa orixe nas zonas [[Trópico|tropicais]] e subtropicais do continente [[América|americano]]. Require durante tres meses temperaturas non inferiores aos 18&nbsp;°C durante o día e aos 13&nbsp;°C durante a noite. Precisa de moita humidade para o seu crecemento, especialmente tras a floración. Grazas á acción dos ventos mareiros a distribución anual das chuvias en Galicia corresponde a un réxime oceánico de chuvias permanentes cun marcado predominio invernal. O cultivo do millo faise posible como cultivo de sequeiro e de regadío. En Galicia adaptáronse ben como cultivo de verán certas variedades de curto período vexetativo que frutifican antes da chegada do [[outono]].
 
O millo seméntase a fins de [[abril]] ou comezos de [[maio]] e apáñase en [[outubro]]. Como as plantas precisan gardar unha certa distancia, os primeiros gromos entresácanse para alixeirar os eidos. Grazas a esta transparencia é posible sementar na mesma parcela cultivos intercalares tales como fabas ou cabazas, e se se vai dedicar a pasto de inverno pódese sementar a herba antes da colleita do millo. Ademais do gran, as follas e as canas do millo producen un gran volume de forraxe que permite manter ao gando estabulado.<ref name="imr">Martínez Rodríguez, I. ''El hórreo gallego''. Fundación Pedro Barrié de la Maza. A Coruña, 1975. ISBN 84-85728-00-9.</ref>
 
As [[clima de Galicia|peculiaridades climáticas de Galicia]] impiden que o millo complete a súa maduración no campo. As mazarocas apáñanse cun grao de humidade aínda elevado, polo que para conservalo é imprescindible secalo e mantelo a temperatura controlada. Se a temperatura aumenta, no gran húmido prodúcese a hidratación do amidón, que se converte en glicosa. Se a humidade acada o 30% o gran fermenta rapidamente. Para conseguir o arrefriamento e o secado do gran mantense constantemente ventilado. Por ese motivo almacénanse as mazarocas enteiras, sen debullar, para facilitar o paso do ar entre elas.
 
As mazarocas amoréanse na cámara do hórreo coa axuda de táboas transversais que a dividen en sectores, formando tabiques efémeros e descontinuos que permiten o paso do ar. As táboas van separadas por intervalos nos que as mazarocas van colocadas paralelamente e coa parte máis estreita cara a dentro. Se o hórreo está cheo disponse un tabique similar na porta. Cando o hórreo é moi ancho os tabiques son lonxitudinais e deixan entre eles un espazo central de acceso. En calquera caso estes tabiques provisionais non pasan dos dous terzos da altura interior libre da cámara e deixan sempre aberta a parte superior.<ref name="imr"/>
 
== Partes compoñentes ==
O hórreo do tipo galego-portugués componse, basicamente, dunha base, unha cámara, un medio de acceso e uns elementos [[Ornamento|ornamentais]] e [[Símbolo|simbólicos]]. A base ten como finalidade afastar a cámara do chan. A cámara, pola súa parte, debe poñer o gran en contacto co ar evitando que se molle. O acceso faise a través dunha escada móbil ou fixa. Os ornamentos representan o poderío da [[casa]] e invocan a protección da [[Deus|divindade]]. Para a súa resolución emprégase múltiples solucións arquitectónicas que varían coas características [[Clima|climatolóxicasclima]]tolóxicas e [[Solo|edafolóxicas]] do lugar, coas necesidades da casa e co peculiar xeito de facer de cada mestre de obras.
 
=== Elementos sustentadores ===
Liña 85 ⟶ 82:
[[Ficheiro:Desde abajo.jpg|200px|miniatura|dereita|Sistema arquitrabado no hórreo de [[San Mamede de Carnota, Carnota|Carnota]].]]
 
En xeral existen tres tipos básicos de soportes: os ''[[Pé de hórreo|esteos]]'' ou columnas, as ''cepas'' ou muros transversais, o ''celeiro'' ou base pechada, e a ''cepa maciza''. É común atopar solucións que combinen todas ou varias das solucións tipo. En todos eles interpóñense entre os soportes e a cámara unhas pezas de [[xisto]] ou [[granito]], planas e de escaso grosor, chamadas [[tornarratos]], ''capas'', ''capelas'', ''rateiras'', ''toldas'', ''postas'' ou ''moas'', que teñen como finalidade evitar a entrada de [[roedor]]es e de humidade á cámara dende o chan. <ref name="imr"/> Cando un tornarratos cobre á vez unha parella de esteos, solución abundante en Ourense e Portugal, chámase ''mesa''.
 
Os esteos son empregados nas zonas nas que o granito é compacto e resistente, e que corresponde con case toda a provincia de Pontevedra, a parte inmediata da de Ourense e o occidente da Coruña. Os esteos son monolíticos e teñen formas variables tendentes sempre á simplicidade xeométrica.
Liña 99 ⟶ 96:
=== Accesos ===
[[Ficheiro:Hórreo, O Vilar de Santiago, Santiago de Mondoñedo, Mondoñedo 02.jpg|200px|miniatura|Cabozo entre penais en [[Mondoñedo]].]]
Como norma xeral os elementos que resolven o acceso á cámara do hórreo non deben permitir a entrada de animais. Se algunha escaleira fixa ou pasarela conduce á cámara, detense a unha distancia suficiente para garantir o seu illamento. Normalmente o acceso resólvese simplemente cun elemento móbil, sexa escada de man de poucos chanzos ou tallo de madeira, colocada sobre o patamal de desembarco para salvar a altura entre este e a cámara.
 
A situación da porta é variable segundo os tipos e bastante constante dentro do mesmo tipo. Adoita ir nun dos penais, con menor frecuencia nun dos costais. Normalmente ten a mesma altura que a propia cámara. A súa apertura é sempre exterior e con frecuencia ten un prominente limiar que axuda a conter o gran dentro da cámara. En casos excepcionais podemos atopar dúas portas, unha nun penal e outra nun costal, ou ben nun penal cada unha. Ás veces diante da porta hai un patamal que facilita o acceso e a carga do hórreo, unhas veces como ampliación dun dos tornarratos, outras como prolongación do chan da cámara.
Liña 119 ⟶ 116:
{{imaxe dupla|dereita|Cabalo con hórreo, Foz.jpg|140|Camino de Santiago, June 2008.jpg|115|Remates cónicos en [[Foz]] (esquerda) e pináculo (dereita).}}
 
Formando parte da composición do hórreo hai toda unha serie de elementos que non teñen utilidade práctica. Adornan o hórreo contribuíndo a aumentar a súa beleza e, asemade, expresan a concepción que ten o paisano da súa relación co cultivo e coa garda do gran, dende unha perspectiva antropolóxica e cultural.
 
Sobre o tellado é doado atopar un amplo repertorio de elementos terminais cun sentido a medio camiño entre o decorativo e o funcional:<ref name="imr"/>
Liña 146 ⟶ 143:
 
== Características formais e construtivas ==
O hórreo galego é un [[edificio]] de pequeno tamaño, oblongo e de planta rectangular, con cuberta a dúas augas e coxía e altura escasas. As súas dimensións, os seus materiais e o aparello empregado na súa construción son moi variados, aínda que sempre dentro da [[economía]] e do repertorio habituais na [[arquitectura]] popular: altura libre mínima, volumes moi netos, fábricas e carpinterías de materiais locais. Accédese á cámara a través dunha [[escaleira]] exterior que non chega a tocar a porta do hórreo ou, raramente, dunha pasarela.
 
=== Evolución das técnicas ===
Liña 173 ⟶ 170:
=== Situación ===
[[Ficheiro:Horreo Larañiño 02-02.jpg|miniatura|dereita|235px|A elevación mellora a ventilación.]]
A situación do hórreo ten máis relación coa casa e non tanto coa milleira. A necesidade de situalo nas inmediacións da casa obriga a adaptar o hórreo ao tamaño e á forma da eira, o cal da pé a localizacións diversas, máis elaboradas canto máis escasea o espazo: sobre os muros da eira, sobre o portalón de entrada, sobre unha corredoira ou en agrupacións sobre un terreo comunal. Estas posicións elevadas favorecen a interceptación das correntes de aire e a ventilación do gran.
 
En terreos inclinados o hórreo sitúase polo xeral no sentido da pendente. Neste caso, se o hórreo vai sobre esteos, e dado que estes teñen todos a mesma lonxitude, faise preciso chantalos nun zócolo horizontal que fai de lousa de cimentación. Se vai sobre cepas a compensación da pendente resólvese aumentando a altura das cepas da parte máis baixa.<ref name="imr"/>
Liña 185 ⟶ 182:
Nos casos nos que cómpra construír soportes de fábrica procúrase minimizar o número de xuntas verticais para reducir ao mínimo a cantidade de humidade que poida ascender dende o chan por capilaridade. Nos hórreos sobre esteos este problema está resolto polo monolitismo do propio esteo. para conseguir o mesmo afecto, nas cepas de cachotería adóptase o uso de tornarratos horizontais, que cortan a comunicación da cámara co chan a través de xuntas verticais de morteiro.
 
Os materiais de cubrición empregados son tres: a tella cerámica (case sempre curva), a lousa de xisto e a lousa de granito. A tella cerámica é material exclusivo de toda a área occidental e meridional. O xisto atópase na área oriental. A lousa de granito é empregada raramente, máis canto máis ao sur. <ref name="imr"/>
 
As áreas de distribución das cubricións de tella e xisto correspóndense coas dúas zonas fundamentais do mapa xeolóxico: a occidental, de granito e gneis, e a oriental, de xistos paleozoicos. O límite entre unha e outra segue aproximadamente os vales do [[Río Sil|Sil]], o [[Río Cabe|Cabe]], o [[Río Masma|Masma]] e a [[ría de Foz]].
Liña 191 ⟶ 188:
== Clasificación tipolóxica ==
{{Artigo principal|Clasificación tipolóxica do hórreo galego}}
A gran diversidade xeográfica de Galicia propicia unha enorme variedade formal na súa arquitectura. Desta variedade nacen múltiples tipos arquitectónicos que teñen áreas de distribución con límites imprecisos ou que se interpenetran. Por todo isto as diferentes variedades tipolóxicas do hórreo non teñen unha correspondencia clara coas comarcas. A seguinte clasificación dos tipos de hórreo é a empregada por [[Ignacio Martínez Rodríguez]], único autor que afondou no seu estudo tipolóxico.<ref name="imr"/> Está ordenada segundo as localidades nas que se dan as súas características definitorias.
 
{| style="width:100%; background:none"
Liña 278 ⟶ 275:
[[Ficheiro:Meis Simes 01-032.jpg|miniatura|dereita|235px|Hórreo en esquina en [[Meaño]].]]
 
Na zona costeira de Galicia, especialmente na máis meridional, preséntase outra variante tipolóxica escasamente difundida e pouco desenvolvida, coñecida como ''hórrea'', e que equivale aproximadamente ao que na área eo-naviega se chama ''cabazón''. Suponse que se trata dunha evolución serodia do hórreo ([[século XX]]) desenvolvida para asumir rendas cuantiosas en especie ou ben, máis recentemente, o incremento da produción agrícola resultado da mecanización da [[agricultura]] e do emprego de fertilizantes químicos.
 
A hórrea non se prodiga moito e é escasamente coñecida, se cadra polas súas enormes similitudes formais co hórreo. Difire do hórreo no seu maior tamaño e capacidade, dadas sobre todo polo aumento da coxía. Desta peculiaridade formal da hórrea deriva a necesidade de introducir variantes nos elementos de sustentación, que neste caso son ou ben tríos de pés no canto de parellas, ou ben cepas transversais, ou ben celeiros corridos, solución esta última a máis habitual. No interior, a hórrea ten o espazo partido en varias cámaras, distribuídas ao longo dun corredor central.<ref name="cs">Caamaño Suárez, M. ''Agrupamentos e tipoloxías singulares no mundo dos hórreos galegos''. Actas del II Congreso europeo del hórreo en la arquitectura rural. Foro Cultural del Noroeste. San Tirso de Abres, 2004. ISBN 9788488071493.</ref>
Liña 318 ⟶ 315:
 
=== Inventario ===
Descoñécese o número de hórreos que hai en Galicia, pero calcúlase que supera longamente a decena de milleiros. En poucas décadas ten pasado de ser un equipamento indispensable en toda casa labrega a caer no desuso. Este cambio forzoso de status produtivo obriga agora a optar entre consideralo un elemento patrimonial ou avogar pola súa desaparición a curto prazo.
 
A diferenza doutras comunidades autónomas, Galicia non ten emprendido unha campaña de recollida de datos que culmine coa elaboración dun ficheiro que recolla todos os hórreos e a información relevante sobre cada un deles. É xusto dicir que ese tipo de ficheiro non existe sobre ningún elemento patrimonial nin está previsto elaboralo, a pesar de que está ordenado así na lexislación autonómica en materia de protección do patrimonio.
Liña 336 ⟶ 333:
* ''Hórreo no alto e bodega embaixo''.
* ''Moita chuvia en xaneiro, mala anada no cabaceiro''.
</div>
 
=== Cantigueiro ===
Liña 343 ⟶ 340:
: ''e miña sogra ten tres,
: ''en ningún deles os ratos
: ''topan un grau que roer''.
 
* ''Miña Virxe de Xurés