Goberno provisional ruso: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot: Engado {{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos con en:WP:AWB using AWB
Liña 23:
}}
{{Contén texto cirílico}}
O '''Goberno Provisional Ruso''' formouse en [[Petrogrado]] despois da abdicación do [[tsar]] [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] durante a [[Revolución de Febreiro]] de [[1917]]. Consistiu nunha serie de sucesivos gabinetes, principalmente de coalición entre políticos liberais e socialistas moderados, que trataron infrutuosamente de resolver os graves problemas aos que se enfrontaba o país, enfrascado na impopular [[Primeira Guerra Mundial]], ata a toma do poder dos [[bolxevique]]s en novembro, ala radical do [[Partido Obreiro Socialdemócrata de Rusia]], na [[Revolución de Outubro]].
 
O primeiro goberno estivo formado exclusivamente por políticos burgueses, coa única excepción de [[Aleksandr Kerenskii]], do [[Partido Social-Revolucionario]] (SR), que ingresou no goberno a título persoal. Durou apenas dous meses antes de cesar durante a [[Crise de abril (1917)|Crise de abril]] debido ás diferenzas sobre a guerra entre socialistas e os membros máis conservadores do Consello de Ministros. Formouse entón o primeiro dos varios Gobernos de coalición entre liberais e socialistas. O príncipe [[Georgii Lvov]] mantívose á fronte do novo Goberno ata despois do fracaso da [[Ofensiva de Kerenskii]], a crise cos membros do [[Partido Democrático Constitucional]], os [[kadete]]s, pola tensión cos nacionalistas ucraínos e as [[Xornadas de Xullo]], cando lle sucedeu Kerenskii á fronte dun gabinete temporal de socialistas e liberais independentes. Estes primeiros gobernos realizaron unha ampla labor de reforma política, pero non resolveron os problemas máis importantes da poboación: a fin da guerra, a reforma agraria, os cambios nas condicións dos obreiros urbanos e as aspiracións das minorías.
 
O novo acordo entre ''kadetes'' e socialistas xurdido tras semanas de negociacións puxo fin á crise gobernamental do verán, pero non resolveu os desacordos entre eles nin permitiu avanzar nas reformas sociais e económicas esixidas cada vez con máis insistencia pola poboación nin levou a avances no fin da guerra. O verán trouxo a radicalización da situación en Rusia: mentres a dereita tendía a buscar unha figura autoritaria que impuxese orde, acabase coa crise e retomase a guerra con vigor, a esquerda reclamaba cada vez con maior insistencia a aplicación de profundas reformas políticas, sociais e económicas. A falta de resultados das accións do Goberno e o fracaso do [[golpe de Kornilov|intento de golpe de Estado]] do comandante en xefe do Exército, debilitaron tanto á dereita como ao Goberno, ao que se viu involucrado no mesmo, e reforzaron a posición da esquerda radical, favorable á toma do poder polos [[soviet]]s.
Liña 33:
== Creación do Goberno Provisional ==
[[Ficheiro:Г. Е. Львов.jpg|[[Georgii Lvov]], prestixioso liberal e primeiro presidente do Goberno Provisional trala [[Revolución de Febreiro]].|miniatura|200px|esquerda]]
O [[Comité provisional da Duma Estatal]] invitou o comité executivo do [[Soviet de Petrogrado]] a tratar a situación política o {{xulgregdata|14|3|1917}} e reuníronse esa mesma tarde.<ref name="basil29">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 29</ref><ref name="wade5">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 5</ref> Para entón o comité executivo provisional do soviet xa decidira non ingresar no novo Goberno; a toma do poder non se formulara.<ref name="ferro90"/> A reunión foi cordial entre os [[menxevique]]s [[Nikolai Chjeidze]], Sujanov e Sokolov, e os liberais [[Pavel Miliukov]], [[Aleksandr Guchkov]] e [[Georgii Lvov]]. Os primeiros mostráronse dispostos a ceder o Goberno aos segundos e manterse fora<ref name="ferro90">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 90</ref> do novo Consello de Ministros.<ref name="basil29"/> A cambio do apoio dos socialistas,<ref name="wade5"/> estes exixiron a promulgación de dereitos civís<ref name="wade5"/><ref name="wade48ferro90"/><ref name="ferro90wade48"/> (de asociación, de formación de partidos políticos, de liberdade de prensa...).<ref name="basil29"/> Debía liberarse ademais os presos políticos,<ref name="ferro90"/> estenderse os dereitos civís aos soldados e convocarse canto antes unha [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="kochan183basil29">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 183</ref><ref name="wade48ferro90"/><ref name="ferro90wade48"/><ref name="basil29kochan183">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 183</ref> Esta debía elixirse por sufraxio universal, directo, igualitario e secreto, e definiría a Constitución do país e a súa forma de Goberno (proclama do {{xulgregdata|16|3|1917|corto=true}}, ao día seguinte da formación do novo Consello de Ministros<ref name="wade53"/>).<ref name="kochan183"/><ref name="vnloewe172">[[#Bibliografía|Von Loewe (1967)]], p. 172</ref> O soviet da capital ofreceu publicamente o seu apoio<ref name="ferro93">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 93</ref> ao novo Goberno mentres se ativese ao acordo pactado,<ref name="wade48ferro90"/><ref name="ferro90wade48"/> pero rexeitou entrar no mesmo.<ref name="vnloewe172"/> O Comité Executivo do soviet rexeitou a proposta dos deputados da [[Duma|Duma Imperial de Rusia]] para incluír a Chjeidze e Kerenskii no novo gabinete,<ref name="wade5"/> aínda que Kerenskii aceptouna pola súa conta e logrou máis tarde o respaldo do pleno do soviet ao día seguinte.<ref name="wade6"/><ref name="wade48">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 48</ref><ref name="wade6"/> O soviet consideraba que a revolución fora burguesa e que, sendo así, os socialistas non debían formar parte do Goberno.<ref name="wade48"/><ref name="wade6">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 6</ref><ref name="wade48"/> Este quedou entón formado por liberais, conservadores moderados e Kerenskii.<ref name="wade48"/>
 
Cando o [[tsar]] [[Nicolao II de Rusia|Nicolao II]] abdicou o {{xulgregdata|15|3|1917}} e o seu irmán [[Miguel Aleksandrovich Romanov|o Gran Duque Miguel]], rexeitou o trono ao día seguinte, o Goberno Provisional comezou a rexer o [[Imperio Ruso]] de xeito formal, pero o seu poder estaba realmente limitado pola crecente autoridade do [[Soviet de Petrogrado]].<ref name="rabinowitch29">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 29</ref>
 
O novo Goberno pareceu contar inicialmente cun apoio abrumador e contou con moitas das máis brillantes figuras dos liberais rusos, como o novo Primeiro Ministro [[Georgii Lvov]],<ref name="ferro93"/><ref name="wade54">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 54</ref><ref name="ferro93"/> progresista e respectado veterano do traballo nos ''[[Zemstvo|zemtsvos]]''.<ref name="rabinowitchxxi">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXI</ref> A maioría dos seus membros proviñan do [[Partido Democrático Constitucional]] encabezado por [[Pavel Miliukov]], quen ocupou a carteira de Exteriores.<ref name="wade54ferro93"/><ref name="ferro93wade54"/> O novo Consello de Ministros, porén, era débil e a súa autoridade era limitada en gran parte do país e na propia capital.<ref name="basil97">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 97</ref> Os diversos nacionalismos do Imperio, as divisións entre os socialistas e a oposición entre estes e os liberais menoscababan o poder gobernamental.<ref name="basil97"/> Petrogrado quedou a mercede do soviet.<ref name="vnloewe174">[[#Bibliografía|Von Loewe (1967)]], p. 174</ref> O desexo da poboación de non limitar a revolución a reformas políticas, senón que incluíse medidas sociais e económicas complicou ademais desde o comezo as relacións entre os liberais e os socialistas.<ref name="mosse104"/> As diferenzas sobre a guerra —moi impopular— tamén dificultaron o entendemento entre ambos os grupos.<ref name="mosse105">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 105</ref> A concepción provisional do Goberno, o convencemento de que só aquel que xurdise da Asemblea Constituínte elixida democraticamente por sufraxio universal secreto podería decidir as cuestións fundamentais políticas, sociais e económicas,<ref name="ferro220">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 220</ref> e os desacordos entre fraccións no Goberno fixeron que este pospuxese continuamente as reformas de importancia.<ref name="wade55">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 55</ref>
 
== A situación política ==
Liña 63:
Aínda que o {{xulgregdata|18|3|1917}} o Goberno aboliu certos cargos tsaristas como os gobernadores e os vicegobernadores provinciais, recomendou aos substitutos, presidentes dos ''[[zemstvo]]s'', manter a administración anterior, incapaz de substituíla por completo de forma inmediata.<ref name="gill243"/> Xurdiu unha división notable nas organizacións xurdidas nas aldeas e nos distritos (''[[vólost]]''), controladas polo campesiñado, e as das cidades de provincias, ''[[uezd]]'' e provincias, dominadas polas clases urbanas e intelectuais, máis próximas ao Goberno.<ref name="wade131"/> Se ben este aconsellaba consultar coas organizacións locais, formadas en numerosas ocasións polos campesiños,<ref name="wade131">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 131</ref> indicaba tamén a conveniencia de incluír nestas aos terratenentes e intelectuais locais.<ref name="gill244">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 244</ref> A pesar de que estas medidas debían ser provisionais antes de entregar a administración a novas institucións máis democráticas,<ref name="ferro373"/> para cando parte destas medidas comezaron a aplicarse, a finais do verán de 1917, o Goberno xa perdera o favor dos campesiños.<ref name="gill244"/> Ante a lentitude das reformas ata a caída do Goberno a comezos de novembro, a administración no campo quedou, en opinión dos campesiños, nas mans dos antigos amos, funcionarios tsaristas e terratenentes que impedían a súa participación.<ref name="gill245">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 245</ref> O Goberno parecía decidido a perpetuar a antiga orde de poder con novos nomes.<ref name="gill245"/>
 
A toma de terras e facendas dos terratenentes tampouco recibiu a resposta gobernamental que o campo esperaba: o Goberno condenou severamente as ocupacións e as revoltas no campo, insistindo en tratar legalmente o traspaso da propiedade e aconsellando paciencia aos campesiños.<ref name="gill245"/> A utilización da forza por parte do Goberno para impedir as accións dos campesiños, aínda que esporádica, non gustou<ref name="ferro373"/> a estes e reforzou a súa percepción do mesmo como un representante dos intereses dos terratenentes.<ref name="gill245"/> Nas rexións onde a comuna fora a forma tradicional de repartimento de terra entre os campesiños da aldea, a idea de que cada familia só debía ter a terra que puidese traballar estaba moi arraigada,<ref name="wade133ferro369"/><ref name="ferro369wade133"/> e levaba a considerar aos terratenentes absentistas como parasitos do campo.<ref name="gill245"/> Consideraban que os seus problemas económicos acabarían co inmediato repartimento das terras dos terratenentes, que debían outorgárselles de xeito inmediato e sen necesidade de compensar aos antigos propietarios.<ref name="gill246">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 246</ref>
 
A política agraria do Goberno era completamente insatisfactoria para os campesiños.<ref name="gill246"/> Dirixida a aumentar a produción e a asegurar o abastecemento das cidades e do Exército,<ref name="wade131"/> ordenaba a recollida de información que permitise á futura [[Asemblea Constituínte Rusa]] resolver o problema agrario,<ref name="ferro373"/> mantendo mentres a propiedade e estruturas existentes.<ref name="gill246"/> Aínda que lóxica, a actitude do Goberno era politicamente insostible no ambiente de 1917, xa que impoñía un atraso á [[reforma agraria]],ao que se opoñían os campesiños.<ref name="wade131"/><ref name="gill247">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 247</ref><ref name="wade131"/> As prioridades do Goberno e dos campesiños non coincidían, o que levou pronto ao conflito entre as dúas partes.<ref name="wade131"/> A expropiación das terreos reais e aristocráticas, a anulación das leis de [[Piotr Stolypin|Stolypin]], a prohibición da venda de terras ou a instauración de comités agrarios eran medidas demasiado conservadoras para satisfacer ao campesiñado.<ref name="ferro373">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 373</ref> Os comités agrarios, nomeados para reunir a información desexada e xestionar as disputas sobre as terras, a miúdo quedaron en mans de elementos non campesiños e foron impopulares no campo.<ref name="wade131"/><ref name="gill248">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 248</ref><ref name="wade131"/> Mal vistos polos campesiños e sen unha estrutura clara, tampouco contaban con forza algunha para impoñer a política gobernamental no agro.<ref name="gill249">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 249</ref> Os niveis máis baixos de xerarquía de comités agrarios, pola contra, si quedaron en xeral nas mans dos propios campesiños, que os utilizaron a miúdo para xestionar as tomas de terreos dos terratenentes.<ref name="wade133ferro369"/><ref name="ferro369wade133"/>
 
Para tratar de garantir a subministración de alimentos, crucial para manter o novo réxeme e para a caída do tsar, o Goberno decretou o {{xulgregdata|7|4|1917}} o monopolio dos cereais<ref name="wade131"/> e o establecemento dun comité de abastecemento, ao que era obrigatorio vender as colleitas a prezos fixos.<ref name="gill249"/> A inflación desbordada, o transporte ineficiente e a escasa produción de artigos de primeira necesidade para os campesiños—a industria estaba dirixida á produción bélica<ref name="wade132">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 132</ref>— fixeron que un número crecente destes se negase<ref name="ferro377">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 377</ref> a entregar a prezo fixo as súas colleitas ao Goberno,<ref name="wade132"/> o que creou escaseza nas cidades<ref name="wade132"/> e o campo, desabastecido.<ref name="gill251">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 251</ref> Os intentos de resistencia dos grandes propietarios consistiron en reclamar o amparo gobernamental, tratar de deter os cultivos, realizar vendas ficticias a cidadáns estranxeiros para evitar a expropiación ou intentar reunir o apoio das antigas administracións.<ref name="ferro371">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 371</ref> Os comités, de novo non formados por campesiños, non contaban tampouco cos medios para obrigar aos campesiños a ceder as súas colleitas pola forza.<ref name="gill251wade132"/><ref name="wade132gill251"/> O campo, radicalizado tardiamente comparado coas principais cidades,<ref name="ferro369"/> limitouse na primavera e comenzos do verán<ref name="ferro369"/> a acosar aos terratenentes, pero no outono os campesiños xa queimaban abertamente as colleitas, destruían as facendas e asasinaban aos seus propietarios.<ref name="pethybridge88">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 88</ref> Para entón tamén agudizarase a escaseza de produtos manufacturados básicos que utilizaban os campesiños e que tamén afectou a outros traballadores; a enorme demanda do Exército, o transporte deficiente e o propio aumento das necesidades civís contribuían á penuria.<ref name="pethybridge89">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 89</ref>
 
As diferenzas sobre a política agraria entre liberais e socialistas agravou ademais a tendencia gobernamental a pospoñer as medidas á futura reunión da Asemblea Constituínte. A pesar do nomeamento do prestixioso socialrevolucionario [[Víctor Chernov]] como ministro de Agricultura do primeiro gabinete de coalición en maio, este resultou incapaz de vencer a oposición dos seus colegas ministros e do seu propio partido a aplicar unha reforma agraria xeral; a pasividade gobernamental favoreceu a ocupación de terras polos campesiños, que o Goberno non podía evitar pola forza.<ref name="wade134">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 134</ref> A pesar do crecemento da violencia nestas accións segundo avanzou o ano e dos casos de asasinatos de terratenientes, en xeral a revolución campesiña foi incruenta; os campesiños estaban en xeral máis interesados no repartimento das terras e bens daqueles e en asegurar a imposibilidad do seu regreso.<ref name="wade137">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 137</ref>
Liña 87:
A paz era o principal problema do país, a súa ausencia impedía atender outros ou satisfacer as aspiracións da poboación.<ref name="wade287">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 287</ref> Dado o desexo de paz da poboación, pero a súa oposición inicial a unha rendición incondicional ou a unha paz separada cos [[Imperios centrais]], ao comezo do período revolucionario a actitude con maior respaldo resultou ser a dos ''defensistas'' revolucionarios, que avogaban por unha paz sen anexións e a defensa de Rusia mentres se alcanzaba.<ref name="wade37"/> Esta actitude, representada principalmente polo menxevique [[Irakli Tsereteli]], foi rápidamente adoptada pola maioría do [[Soviet de Petrogrado]] e permitiu aos seus seguidores dominar o órgano.<ref name="wade38">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 38</ref> Unha vez controlado o Soviet, os ''defensistas'' propuxéronse impoñer ao Goberno o seu plan de paz, o que levou á primeira crise de Goberno pola oposición de Miliukov a aceptar os obxectivos dos ''defensistas'' revolucionarios e a súa defensa da continuación dos combates ata a vitoria.<ref name="wade38"/> Miliukov defendía o mantemento dos obxectivos bélicos do antigo réxime [[tsar]]ista.<ref name="mosse105"/> Os ministros de Defensa, primeiro Guchkov e máis tarde [[Aleksandr Kerenskii]], apoiaron a continuación da participación rusa na [[Primeira Guerra Mundial|contenda]].<ref name="mosse105"/>
 
Os dirixentes [[menxevique]]s que controlaban o [[Soviet de Petrogrado|soviet da capital]], propuxeron a firma dunha paz sen anexións nin indemnizacións, para o que levaron a cabo unha actividade paralela<ref name="wade38"/> no Soviet e no Goberno desde o seu ingreso neste en maio.<ref name="basil73"/> O seu plan consistía na reconstitución da [[Internacional socialista]] <ref name="wade39">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 39</ref> e posteriormente na convocatoria dunha conferencia<ref name="wade38"/> socialista en [[Estocolmo]] que debía conducir ao apartamento do poder das burguesías nacionais e a toma do poder dos socialistas, a firma da paz, e o xurdimento dunha nova orde económica e social nas distintas nacións.<ref name="basil73"/> Para isto necesitaban a cooperación dos socialistas dos resto de países belixerantes<ref name="wade40">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 40</ref> e dos seus Gobernos.<ref name="basil73"/> Porén, os socialistas Aliados que acudiron a Rusia trala [[Revolución de Febreiro]], estaban máis interesados en reforzar o esforzo bélico ruso que nas propostas de paz do soviet.<ref name="basil74">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 74</ref> As condicións impostas polos socialistas dos países Aliados negaban na práctica reticente aquiescencia á convocatoria da conferencia socialista<ref name="ferro323">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 323</ref> proposta polos rusos.<ref name="wade60">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 60</ref> O acordo entre o soviet e aqueles resultou imposible,<ref name="wade41">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 41</ref> o que imposibilitou o rexurdimento da Internacional e fixo fracasar o plan de paz.<ref name="basil81"/> Os Gobernos Aliados, pola súa banda, tampouco se mostraron dispostos a cooperar<ref name="wade172">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 172</ref> e prohibiron a viaxe dos seus cidadáns a [[Estocolmo]] (franceses, italianos e estadounidenses a finais de maio e comezos de xuño, máis tarde os británicos<ref name="wade62"/>).<ref name="wade41"/><ref name="basil81">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 81</ref><ref name="wade41"/><ref name="wade62">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 62</ref><ref name="ferro333">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 333</ref> Dada a intención do [[Soviet de Petrogrado]] de continuar a defensa do país ata a consecución da paz desexada,<ref name="basil71"/> o fracaso das súas propostas de paz levou a que a belixerancia de Rusia continuase. O Goberno, enfrontado á hostilidade Aliada aos plans de paz, limitouse a calmar á opinión pública rusa e dar sensación de actividade, pero sen avance real algún xa a comezos do verán.<ref name="wade42">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 42</ref> O temor á hexemonía alemá, a sospeita de que Rusia xa non era considerada un aliado útil polos seus aliados da [[Tripla Entente]] e o apego á alianza co [[Reino Unido]] e [[Francia]] fixeron que o Goberno non planificara presentar un ultimato, ameazando con abandonar o conflito no caso de que non se satisfixesen as súas exixencias de paz.<ref name="wade42"/>
 
En parte para reforzar a súa posición negociadora, tanto o Soviet como o Goberno fomentaron a preparación dunha [[ofensiva de Kerenskii|ofensiva militar]] durante o verán que, tras efémeros avances, acabou en derrota e acelerou a desintegración do Exército e, con el, a fortaleza da posición negociadora rusa ante os seus aliados.<ref name="wade43">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 43</ref>
Liña 96:
A caída da autocracia fomentou o crecemento dos nacionalismos do antigo [[Imperio Ruso]], que xurdiron con diversa forza e variadas exixencias, desde modestas autonomías culturais ata a independencia.<ref name="wade144">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 144</ref> Estes movementos foron radicalizándose ao longo de [[1917]],<ref name="wade144"/> aínda que as exixencias de independencia total da nova república rusa escasearon.<ref name="wade2000147">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 147</ref>
 
Socialistas e liberais coincidían en opoñerse<ref name="wade147"/><ref name="ferro381">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 381</ref> a reformar o Imperio de acordo a divisións culturais e relixiosas, a pesar do seu desexo de reforzar os Gobernos locais.<ref name="basil97"/> Trataron de impedir a secesión das diversas minorías culturais do país e pospoñer as medidas sobre posibles autonomías ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]],<ref name="wade147"/><ref name="ferro387">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 387</ref> que confiaban apoiaría a centralización do país.<ref name="basil97"/> Tanto o [[Soviet de Petrogrado]] como o Goberno Provisional opuxéronse ás exixencias políticas das minorías non rusas do Imperio.<ref name="wade147"/><ref name="basil98">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 98</ref><ref name="wade147"/> Rexeitouse tamén a reforma das unidades militares para crear novas formacións de acordo á nacionalidade.<ref name="ferro389">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 389</ref> O Goberno confiaba ademais que as novas liberdades políticas acabasen coas tensións nacionalistas e consideraban este problema como secundario.<ref name="wade148">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 148</ref> Os bolxeviques e o resto da esquerda radical mostráronse máis favorables ás exixencias nacionalistas, pero dunha maneira vaga.<ref name="ferro385">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 385</ref>
 
As Cortes finlandesas encontráronse coa desaprobación de socialistas moderados e liberais ao proclamar a autonomía, e estes trataron de atrasar as negociacións cos nacionalistas ucraínos ata que finalizase a guerra.<ref name="basil98"/> A proclamación dunha ampla autonomía pola [[Rada Central Ucraína]] o {{xulgregdata|23|6|1917}} foi rexeitada polo Goberno Provisional,<ref name="ferro391">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 391</ref> que rogou á Rada que pospuxese calquera medida ata a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="basil98"/> A negativa da Rada e as posteriores negociacións entre as dúas partes precipitaron a crise de Goberno que en xullo acabou co primeiro goberno de coalición pola dimisión en bloque dos ministros ''[[kadete]]s'', opostos ás concesións aos [[Ucraína|ucraínos]].<ref name="ferro391"/><ref name="basil99">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 99</ref><ref name="ferro391"/> Só o último gabinete de coalición do outono prestou certa atención aos nacionalismos e realizou algunhas concesións tardías que non satisfixeron aos nacionalistas das minorías e que en última instancia quedaban condicionadas ás decisións da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]].<ref name="wade148"/>
 
=== As exixencias dos obreiros ===
Liña 105:
A reacción represora do empresariado radicalizou aos traballadores, a pesar das peticións de moderación do Goberno e do [[Soviet de Petrogrado]].<ref name="uldricks616"/> Os obreiros responderon creando comités nas fábricas<ref name="wade92">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 92</ref> e, en ocasións, tomando o control das mesmas e atacando aos capataces e donos destas.<ref name="uldricks616"/> O número de [[bolxevique]]s e anarquistas, ambos extremistas, elixidos como representantes nos comités, nos soviets e nas xuntas sindicais, foi crecendo co tempo.<ref name="uldricks616"/> Os comités das fábricas se foron convertendo nun poder alternativo ao do Soviet da capital e ao gobernamental.<ref name="uldricks616"/> Moi próximos ás fábricas e talleres onde eran elixidos, eran organismos primordiais para expresar as aspiracións dos traballadores e rexeitados en xeral polos industriais, particularmente polos seus desexos de supervisar o funcionamento das fábricas.<ref name="wade92"/> A finais de maio, nun gran congreso de comités de fábrica con representantes de 300&nbsp;000 obreiros,<ref name="ferro364">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 364</ref> creouse un comité central de maioría bolxevique e avogouse pola creación dunha milicia obreira e o traspaso do poder aos soviets.<ref name="ferro366">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 366</ref>
 
Os industriais comenzaron por ceder ás exixencias de aumentos salariais dos obreiros —principalmente nas grandes cidades, con máis resistencia nas localidades de tamaño medio e nas pequenas fábricas<ref name="ferro347"/>— pero a inflación acabou xa no verán coa mellora na situación económica destes e as novas peticións foron rexeitadas,<ref name="wade90"/><ref name="ferro349">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 349</ref> en parte por razóns políticas e en parte económicas: os beneficios empresariais desapareceran co grande aumento dos custos das materias primas, o combustible, os soldos e a caída na produtividade.<ref name="wade186ferro349"/><ref name="ferro349wade186"/> Incapaz de controlar a maioría dos custos de produción, o empresariado ruso centrouse nos salarios, o que enfrontouno aos traballadores.<ref name="wade187">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 187</ref> Mentres os primeiros desexaban asociar os salarios á produtividade,<ref name="ferro349"/> os segundos desexaban que se axustasen ao custo da vida.<ref name="wade187"/> As exixencias obreiras de supervisar as fábricas víronse en xeral rexeitadas polos industriais.<ref name="wade187"/> Os traballadores sospeitaban que os recortes tiñan un obxectivo político, cando en realidade a maioría das veces tiñan unha orixe económica.<ref name="wade187"/> Os obreiros percibían os peches de empresas como un ataque á revolución,<ref name="ferro361">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 361</ref> e esta impresión reforzaba a reivindicación de traspasar o Goberno aos soviets, que debían defender os seus intereses.<ref name="wade188">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 188</ref> Algúns destes peches, especialmente no verán, tiñan efectivamente carácter político e estaban organizados polos empresarios para premer ao Goberno e aos traballadores.<ref name="ferro361"/> O enfrontamento levou a un aumento das folgas e da tensión entre as dúas partes.<ref name="wade187"/> A vacilación do Goberno entre as exixencias do proletariado e as do empresariado defraudou a ambas partes.<ref name="wade188"/> Os intentos de mediación fomentados polo Goberno fracasaron nunha serie de conversas nas que as cuestións se delegaban a diversas comisións e os industriais alegaban problemas financeiros para aceptar as reformas exixidas polos representantes obreiros.<ref name="ferro352">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 352</ref> Os industriais comenzaron a clamar por un «Goberno forte» que favoreceu aos conservadores ao final do verán; os obreiros, por unha maior intervención gobernamental na industria, incluso pola socialización das fábricas.<ref name="wade188"/> A oposición do Goberno e a falta de respaldo da dirección do [[Soviet de Petrogrado]] aos comités das fábricas conduciu a que estes apoiasen cada vez máis á esquerda radical.<ref name="wade93">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 93</ref> A continua inflación, a guerra e a pobreza alimentaron o crecente extremismo obreiro.<ref name="wade100">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 100</ref>
 
=== O abastecemento das cidades e da fronte ===
O problema do transporte, incapaz de abastecer<ref name="pethybridge83">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 83</ref> á vez á fronte e de satisfacer as necesidades dos civís das cidades,<ref name="pethybridge388"/> agravouse<ref name="pethybridge14">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 14</ref> trala caída da autocracia, en parte polas accións dos propios ferroviarios.<ref name="pethybridge379">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 379</ref> Fronte aos 4272 &nbsp;km de liñas construídos o ano anterior, en 1917 só se instalaron 995, o número de vagóns dispoñibles afundiuse de 463.419 a 174.346, e tamén o fixo o número de locomotoras. O transporte por ferrocarril era caótico.<ref name="pethybridge11">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 11</ref> O importante transporte fluvial, xestionado por empresas privadas,<ref name="pethybridge83"/> era tamén moi deficiente e apenas controlado parcialmente polo Estado desde 1916.<ref name="pethybridge379"/><ref name="pethybridge84">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 84</ref> As condicións dos traballadores deste transporte eran tan malas que creceu o número dos que cambiaban de traballo. O número de barcos dispoñibles tamén decreceu coa guerra e moitos estaban en malas condicións.<ref name="pethybridge84"/> O sistema de estradas era tan anticuado,<ref name="pethybridge84"/> e a falta de animais de tiro tan grande debido ás requisicións do Exército (dous millóns de cabalos<ref name="pethybridge84"/>) que non tiña un papel relevante nos transportes rusos.<ref name="pethybridge380">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 380</ref> A falta destes animais complicaba moito o traslado das colleitas ata as estacións de ferrocarril e reducía as zonas que aprovisionaban ao resto do país.<ref name="pethybridge84"/> A crise do transporte levou ao desabastecemento, a inflación<ref name="pethybridge28">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 28</ref> e paro por falta de materias primas nas cidades, o desperdicio no campo, a especulación no comercio,<ref name="pethybridge28"/> o deterioro das comunicacións, e problemas na subministración da fronte. Todo isto facilitou a radicalización da revolución.<ref name="pethybridge14">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 14</ref> A capital, con gran poboación e dependente do abastecemento exterior, sufriu pronto a inflación e a escaseza de alimentos, ao igual que [[Moscova]].<ref name="pethybridge87"/> Os ferroviarios, a pesar de estar mal pagados, tardaron, porén, en mostrar activamente o seu descontento mediante folgas ata comezos do verán.<ref name="pethybridge30">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 30</ref> O Goberno tratou de atrasar a satisfacción das exixencias destes ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] e tratou en balde de calmar os ánimos con subidas de algúns soldos, en parte por non contar cos fondos para máis.<ref name="pethybridge31">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 31</ref>
 
A comezos do período interrevolucionario, ao problema do transporte engadíase a imposibilidade de satisfacer á vez as necesidades do Exército e da poboación civil: calcúlase que o país contaba con gran unicamente para o 50% das necesidades do primeiro e apenas o 41% das da segunda.<ref name="pethybridge87">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 87</ref> Os campesiños preferían vender os seus produtos ao Exército, en parte polo carácter campesiño da maioría dos seus recrutas.<ref name="pethybridge87"/> Xa na primavera, as principais zonas produtoras de alimentos comezaran a gardar os seus excedentes e a non distribuír nas cidades e noutras rexións menos favorecidas.<ref name="pethybridge87"/><ref name="pethybridge382">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 382</ref><ref name="pethybridge87"/> As cidades mostráronse ademais incapaces de abastecer de produtos manufacturados ao campesiñado e á propia poboación urbana debido ao gran consumo do Exército, as malas comunicacións e o aumento da demanda.<ref name="pethybridge384">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 384</ref> As fábricas sufrían ademais de falta de combustible para operar.<ref name="pethybridge384"/> A hostilidade política entre traballadores e patróns afectaba tamén á produción.<ref name="pethybridge385">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 385</ref> O enorme aumento do prezo dos produtos manufacturados e a imposición gobernamental pouco despois da revolución dun prezo fixo polo gran acrecentaron o desabastecemento das cidades ao desincentivar a venda deste polos campesiños.<ref name="pethybridge90"/> Os escasos esforzos do Goberno por impoñer prezos fixos tamén aos produtos manufacturados<ref name="pethybridge90"/> de primeira necesidade foron inútiles.<ref name="pethybridge385"/> Os campesiños, convencidos da próxima desaparición dos impostos e incapaces de comprar os produtos industriais que desexaban coa venda do seu gran a un prezo excesivamente baixo, non vían razón para facelo.<ref name="pethybridge386">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 386</ref>
 
O Exército, que crecera en millóns en 1916, tampouco recibía a cantidade de alimentos necesarios para manter ás tropas, e a recomendación de reducir o número de efectivos para non ter que reducir as racións non foi aceptada polas autoridades.<ref name="pethybridge387">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 387</ref> O desabastecemento das tropas fomentaba o descontento<ref name="wade2000133">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 133</ref> e a insubordinación.<ref name="pethybridge388">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 388</ref> Os pertreitos tamén escaseaban, en parte pola crise política que reduciu a produción de armamento, moi concentrada na capital.<ref name="pethybridge389">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 389</ref> A falta de recursos foi crucial na decadencia do Exército e no aumento das desercións, que contribuíron a desbaratar aínda máis o sistema de transporte.<ref name="pethybridge391">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 391</ref> O aumento do derrotismo, das desercións e a falta de control gobernamental do Exército tiveron importantes consecuencias: os soldados que abandonaban a fronte, na súa maioría campesiños, levaron con eles a propaganda bolxevique, que estendeuse polas provincias e avivou o desexo dunha entrega inmediata das terras; a falta dun instrumento de coerción impediu ao Goberno enfrontarse ao caos crecente.<ref name="pethybridge97">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 97</ref> Desaparecida a antiga policía tsarista, as novas milicias non estaban baixo o control do Goberno de Petrogrado e, a miúdo, nin sequera dos Gobernos locais.<ref name="wade56">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 56</ref>
 
O Goberno Provisional tratou de solucionar o problema do desabastecemento mediante tres medidas principais:<ref name="pethybridge391"/><ref name="pethybridge97"/>
* O establecemento do monopolio do gran<ref name="ferro377"/><ref name="pethybridge90">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 90</ref><ref name="ferro377"/> ({{xulgregdata|4|4|1917|curto=true}}) para tratar de acabar coa especulación<ref name="pethybridge28"/> e o aumento dos prezos.<ref name="pethybridge98">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 98</ref> Este indispuxo aos comerciantes privados de gran e aos campesiños.<ref name="pethybridge98"/><ref name="pethybridge392">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 392</ref><ref name="pethybridge98"/> Os primeiros declararon que o Estado sería incapaz de substituílos,<ref name="pethybridge98"/> e os segundos o vían como un roubo legalizado das súas colleitas e preferiron retelas,<ref name="pethybridge98"/> vendelas a estraperlistas ou convertelas en licor.<ref name="pethybridge392"/> Tras intentar en vano convencer aos campesiños para que vendesen o seu gran ao prezo oficial, o {{xulgregdata|9|9|1917|curto=true}} o Goberno decidiu duplicar o prezo ofrecido, sen resultados.<ref name="pethybridge392"/> A organización do sistema monopolístico foi ademais deficiente, lenta e incapaz de coaccionar ao campesiñado.<ref name="pethybridge393">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 393</ref>
* A imposición de cartillas de racionamento.
* A creación de comités de recursos para encargarse da colección das colleitas. A miúdo impotentes para impoñer a súa autoridade ou formados por intereses opostos que complicaban o seu funcionamento.<ref name="pethybridge395">[[#Bibliografía|Pethybridge (1970)]], p. 395</ref>
Liña 135:
=== Primeiro gabinete ===
[[Ficheiro:Временное правительство (Россия).jpg|Ministros do primeiro gabinete do Goberno Provisional.|miniatura|dereita]]
Os membros máis destacados do primeiro gabinete do Goberno Provisional foron políticos dos partidos burgueses,<ref name="wade7">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 7</ref> entre eles o profesor de historia [[Pavel Miliukov]] (na carteira de Exteriores<ref name="rabinowitch29"/> e figura dominante do Goberno), [[Nikolai Nekrasov]] (Transporte), [[Andrei Shingariov]] (Agricultura) e [[Aleksandr Manuilov]] (Educación), todos eles membros do [[Partido Democrático Constitucional]].<ref name="rabinowitchxxi"/> O ministerio da Guerra quedou nas mans do magnate conservador [[Aleksandr Guchkov]],<ref name="rabinowitchxxi"/> do máis conservador [[Partido Outubrista]].<ref name="rabinowitch29"/> Finanzas pasou a estar dirixido por [[Mikhail Tereshchenko]], magnate xurdido da nada, mentres que para xustiza nomeouse ao [[Partido Social-Revolucionario|socialrrevolucionario]] [[Aleksandr Kerenskii]]<ref name="wade6"/><ref name="rabinowitchxxii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXII</ref><ref name="wade6"/> que infrinxiu a prohibición do [[Soviet de Petrogrado]] de que os socialistas participaran no Goberno.<ref name="rabinowitch29"/>
 
O Goberno, elixido principalmente pola [[Duma Estatal do Imperio Ruso|Cuarta Duma]] que se formara por un censo moi restrinxido, non era tan representativo da poboación como pareceu a moitos dos seus contemporáneos.<ref name="rabinowitchxxii"/> Os [[soviet]]s, xurdidos en febreiro e durante o resto da primavera en todo o [[Imperio Ruso]], crearon en maio e xuño uns consellos executivos (un de campesiños e outro de soldados e traballadores) que, en conxunto, eran un mellor reflexo da poboación e constituían un centro de poder<ref name="wade8">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 8</ref> alternativo ao Goberno.<ref name="rabinowitchxiii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXIII</ref> Os desacordos entre o Goberno, fundamentalmente liberal e decidido a pospoñer a [[reforma agraria]] e a continuar a guerra ata lograr a vitoria, e o [[Soviet de Petrogrado]], formado por socialistas desexosos de aplicar reformas sociais, apareceron pronto.<ref name="rabinowitch30"/> Estes diferentes<ref name="wade8"/> puntos de vista plasmáronse xa na ausencia dunha postura sobre a guerra<ref name="wade9">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 9</ref> e o problema da terra no programa do Goberno publicado o {{xulgregdata|15|3|1917}}.<ref name="rabinowitch30"/> A pesar disto, foi durante o período deste primeiro gabinete do Goberno Provisional cando levouse a cabo o groso da tarefa lexislativa aprobada durante os oito meses anteriores á [[Revolución de Outubro]].<ref name="mosse416">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 416</ref>
 
Os soviets ata o outono de 1917 non constituíron unha ameaza seria para o Goberno ao estar controlados maioritariamente polos partidos socialistas moderados ([[menxevique]]s e [[Partido Social-Revolucionario]]), partidarios de manter a coalición cos elementos burgueses e do mantemento do esforzo bélico ata o logro dunha paz negociada.<ref name="rabinowitchxiiirabinowitch29"/><ref name="rabinowitch29rabinowitchxiii"/> Os elementos máis radicais, entre eles os [[bolxevique]]s de [[Lenin]], recen regresado a Rusia en abril, eran minoritarios,<ref name="rabinowitch30">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 30</ref> tanto nos soviets como nas simpatías dos soldados, campesiños e traballadores, e contaban entre eles cunha parte moderada ([[Lev Kamenev]]) contraria ao enfrontamento co Goberno e a ruptura cos demais socialistas, máis moderados.<ref name="rabinowitchxiii"/> A situación de debilidade dos radicais fixo que o propio [[Partido bolxevique]] se comprometese en abril só vagamente a emprender unha revolución socialista, sen fixar data nin procedemento para levala a cabo («[[Teses de abril]]»).<ref name="rabinowitchxxv">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXV</ref>
 
O deterioro da situación económica ao longo da primavera supuxo, porén, unha desilusión crecente dunha parte importante da poboación co novo Goberno.<ref name="rabinowitchxxv"/> A continuación da guerra,<ref name="wade9"/> o aumento da crise alimentaria e a escaseza de artigos, a inflación crecente e o caos nos abastecemento ás cidades e ao campo, o fracaso do racionamento implantado polo Goberno desluciron as esperanzas orixinais.<ref name="rabinowitchxxv"/> Ao longo da primavera, o interese do Goberno por manter a fronte e as súas declaracións patrióticas fixeron que un número crecente de traballadores e soldados comezase a velo como o representante unicamente das clases adiñeiradas, lonxe do pobo.<ref name="rabinowitchxxvi">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVI</ref> Os soviets gañaron prestixio, considerándose as institucións verdadeiramente democráticas, en contraste co Goberno.<ref name="rabinowitchxxvi"/>
 
A pesar da promesa de reunir a [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]] o antes posible, o Goberno realizou os preparativos moi lentamente: a xunta que debía redactar o estatuto regulador das votacións na Asemblea só fundouse formalmente o {{xulgregdata|7|4|1917|curto=true}}, os delegados do soviet á xunta elixíronse a mediados de maio e esta reuniuse por primeira vez o {{xulgregdata|7|6|1917|curto=true}}.<ref name="kochan183"/> O Goberno finalmente propuxo a data de eleccións para o {{xulgregdata|30|9|1917|curto=true}} e a apertura da Asemblea para o {{xulgregdata|13|10|1917|curto=true}}, propostas que [[Kerenskii]] reiterou o {{xulgregdata|21|7|1917|corto=true}}. Porén, o {{xulgregdata|22|8|1917|corto=true}}, o Goberno decidiu atrasar as eleccións ao {{xulgregdata|25|11|1917|corto=true}}<ref name="wade172"/> e a reunión da Asemblea ao {{xulgregdata|11|12|1917|corto=true}}.<ref name="kochan184">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 184</ref> A lentitude nos traballos preparatorios e o pospoñer a reunión da Asemblea Constituínte debeuse en gran parte á actitude dos ''[[kadete]]s''.<ref name="kochan184"/><ref name="mosse104">[[#Referencias|Mosse (1967)]], p. 104</ref><ref name="kochan184"/> A primeira data elixida polo Goberno fixouse pola presión dos bolxeviques nas rúas, ante as continuas discrepancias na xunta electoral e os intentos dos ''kadetes'' de atrasar as eleccións e a apertura da Asemblea.<ref name="kochan188">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 188</ref> Para cando finalmente se levaron a cabo as eleccións á Asemblea, o Goberno Provisional xa fora substituído polo soviético, o [[Sovnarkom]].<ref name="wade172"/>
 
Foi a posición gobernamental ante a guerra, publicada por primeira vez o {{xulgregdata|20|3|1917|corto=true}},<ref name="wade9"/> a que provocou a primeira crise de Goberno do período interrevolucionario e a formación do primeiro gabinete de coalición social-liberal.<ref name="wade287"/><ref name="wade84">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 84</ref><ref name="wade287"/> Os liberais con Miliukov á cabeza desexaban continuar coa contenda ata a vitoria e non estaban dispostos a abandonar as compensacións acordadas co resto de países Aliados durante o período anterior,<ref name="wade13">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 13</ref> actitude que non compartía a maioría da poboación, farta xa para entón da [[Primeira Guerra Mundial|Gran Guerra]].<ref name="wade11">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 11</ref> O desacordo levou a manifestacións de ambos bandos e a choques violentos con derramamento de sangue. O temor a desencadear unha [[guerra civil]] levou ao Goberno e ao [[Soviet de Petrogrado]] a pactar unha solución que non acabou, porén, coa dualidade no poder.<ref name="wade84"/>
 
=== Segundo gabinete, coalición de partidos liberais e socialistas ===
{{VT|Crise de abril (1917)}}
[[Ficheiro:Kerensky--insiderussianrev00dorrrich.png|[[Kerenskii]], figura clave dos Gobernos de coalición entre liberais e socialistas moderados.|miniatura|200px|dereita]]
Tralas [[crise de abril (1917)|protestas contra continuación da guerra en abril]], que só foron disoltas grazas á intercesión do [[Soviet de Petrogrado]],<ref name="rabinowitchxxvii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVII</ref><ref name="rabinowitch43">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 43</ref> Miliukov<ref name="wade38"/><ref name="ferro301">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 301</ref> e Guchkov abandonaron o Goberno e algúns destacados socialistas asumiron carteiras,<ref name="rabinowitch43"/><ref name="wade49">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 49</ref> como o notable menxevique [[Irakli Tsereteli]]<ref name="wade38"/> (Correos e Telégrafos),<ref name="basil70wade49"/><ref name="wade49basil70"/><ref name="wade86"/> [[Matvéi Skóbelev]]<ref name="wade49ferro301"/><ref name="ferro301wade49"/> (tamén menxevique, Traballo<ref name="ferro301"/><ref name="basil70"/><ref name="wade86">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 86</ref><ref name="ferro301"/>) ou os socialrevolucionarios [[Viktor Chernov]]<ref name="wade38"/> (Agricultura),<ref name="basil70wade49"/><ref name="wade49basil70"/><ref name="wade86"/> [[Pável Perevérzev]] (Xustiza), [[Alexei Peshejonov|Alexei Peshejónov]] (Abastecemento<ref name="ferro301"/>) ou o popular<ref name="basil70"/> Kerenskii (Guerra<ref name="wade49"/><ref name="wade86"/> e Mariña).<ref name="rabinowitchxxvii"/> O nomeamento deste debeuse ao desexo de que fose capaz de revitalizar o espírito combativo das tropas grazas á súa popularidade revolucionaria.<ref name="ferro313">[[#Bibliografía|Ferro (1975)]], p. 313</ref> A entrada no executivo de ministros socialistas non foi, porén, inmediata, e supuxo un cambio substancial na anterior postura do [[Soviet de Petrogrado]], no que aínda unha minoría sostivo a anterior postura de permanecer fora do Goberno.<ref name="radkey173">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 173</ref> As discusións entre liberais e socialistas alongáronse durante días e só a intervención final de Kerenskii fixo posible o acordo, que anunciouse ao día seguinte, o {{xulgregdata|18|5|1917}}.<ref name="basil70">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 70</ref><ref name="wade89">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 89</ref> O III Congreso dos socialrevolucionarios aprobou a entrada dos seus membros na coalición (Perevérzev non recibiu aprobación, o que se considera proba de que en realidade non pertencía á formación).<ref name="radkey176">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 176</ref>
 
Os cambios no Goberno non afectaron ao seu carácter:<ref name="rabinowitchxxviii">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. XXVIII</ref> os liberais tiñan como obxectivo entorpecer as reformas ata a convocatoria da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]], reforzar o poder gobernamental e manter o esforzo <ref name="basil71"/> bélico;<ref name="rabinowitch30"/> mentres que os socialistas preocupábanse de satisfacer as ansias populares por reformas inmediatas e tratar de lograr unha paz<ref name="basil71">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 71</ref> sen indemnizacións de guerra nin anexións<ref name="basil73">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 73</ref> o máis rápidamente posible.<ref name="rabinowitchxxviii"/> As tensións no Goberno agudizáronse;<ref name="rabinowitchxxviii"/> ás diferenzas políticas entre socialistas e liberais uniuse a incapacidade de manter a coalición entre estes e cumprir á vez as ansias da poboación.<ref name="wade287"/><ref name="wade86"/> Incluso numericamente os ministros socialistas (seis) estaban en minoría<ref name="ferro301"/> respecto aos burgueses (nove<ref name="wade49"/>), ademais de non ser un grupo unido<ref name="ferro301"/> dentro do gabinete.<ref name="radkey176"/> A inclusión dos socialistas moderados neste fíxolles perder popularidade e a súa imaxe quedou asociada aos fracasos do Goberno, o que favoreceu aos bolxeviques, única forza relevante de oposición.<ref name="rabinowitchxxviii"/> O relevo de Miliukov tampouco cambiou a política exterior nin a actitude fronte á guerra do Goberno, <ref name="basil71"/> que quedou en mans de Teréshchenko, quen continuou a liña do seu antecesor, pero con máis discreción.<ref name="radkey180">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 180</ref> O novo gabinete prometeu loitar contra a desorganización da economía, mellorar as condicións de traballo, aumentar os impostos sobre os beneficios excesivos, aumentar o autogoberno e convocar canto antes a Asemblea Constituínte, pero a cuestión da propiedade da terra quedaba posposta ata a reunión da Asemblea.<ref name="basil71"/> O seu principal obxectivo, porén, era o reforzamento do Exército; a finais de maio, Kerenskii comezou os seus esforzos para mellorar a súa moral e favorecer a próxima ofensiva, que todas as forzas políticas apoiaron a excepción da extrema esquerda.<ref name="wade89"/> Para a dereita, o fortalecemento das forzas armadas podería servir incluso para debilitar aos seus rivais de esquerda.<ref name="wade89"/> Para os socialistas moderados, a ofensiva era necesaria para demostrar a forza do país e reforzar así a súa posición a favor da paz ante os demais países enfrontados na guerra.<ref name="wade91">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 91</ref> A pesar deste amplo apoio político, a poboación mantiña un intenso rexeitamento á guerra, que desembocou nas [[Xornadas de Xullo]].
 
O {{xulgregdata|16|6|1917|corto=true}} comezou o [[Congreso dos Soviets de Todas As Rusias|Primeiro Congreso Nacional dos Soviets]], dominado pola fracción ''defensista'' revolucionaria encabezada por Tsereteli.<ref name="wade68">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 68</ref> a posibilidade, aínda aparentemente viable, de que se lograse a paz a través do plan da dirección do consello dunha conferencia socialista seguida dunha negociación dos contendentes, outorgoulle o respaldo maioritario dos delegados, que aprobaron o seu programa.<ref name="wade68"/> Os dirixentes do [[Soviet de Petrogrado|Soviet da capital]] puxeron en marcha dúas medidas para favorecer os seus plans de paz: tratar de obter o apoio da poboación nas nacións belixerantes á súa conferencia de paz mediante o envío dunha delegación socialista aos países Aliados, e apoiar a inminente ofensiva militar que debía servir, na súa opinión, para reforzar a importancia de Rusia ante os Aliados e demostrar que seguía sendo unha gran potencia.<ref name="wade70">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 70</ref> Esta última medida levou á perda do respaldo da poboación, que opoñíase á continuación da guerra incluso se se xustificaba como un paso necesario para acadar a paz.<ref name="wade73">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 73</ref> A [[Ofensiva Kerenskii|ofensiva militar]] foi moi impopular e resultou unha catástrofe militar e política.<ref name="wade170">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 170</ref> O optimismo da primavera deu paso a un verán de desilusión pola incapacidade do Goberno de resolver os graves problemas do país, e repleto de crises políticas constantes e empeoramento da situación económica.<ref name="wade170"/>
Liña 163:
Os intentos de reforma agraria de Chernov no verán produciron unha gran tensión interna no gabinete, e os ''[[kadete]]s'' exixiron a súa expulsión para continuar no Goberno.<ref name="gill256">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 256</ref> As relacións entre socialistas e liberais non eran boas e xa o {{xulgregdata|1|6|1917}} dimitira o ministro ''kadete'' de Industria e Comercio [[Aleksandr Konoválov|A. I. Konoválov]], e máis tarde sufrira duras críticas o tamén ''kadete'' A. A. Manúilov, ministro de Educación.<ref name="basil100">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 100</ref>
 
Ao desacordo en política agraria, sumouse a tensión entre o gabinete e as minorías: aínda que trala revolución a discriminación fora abolida, só no caso de [[Polonia]] prometérase a independencia dunha das minorías do Estado.<ref name="rabinowitch141">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 141</ref> A relación con [[Gran Ducado de Finlandia|Finlandia]], á que se ofreceron concesións consideradas polos nacionalistas insuficientes, era mala e, co resto, a política gobernamental limitarase a pospoñer calquera cambio á reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa]].<ref name="rabinowitch141"/> Esta situación, polo xeral insatisfactoria, empeorara polas accións dos nacionalistas ucraínos, que formaron un goberno autónomo, a [[Rada Central Ucraína]], que [[Proclamas da Rada Central de Ucraína|arroxouse en xullo ao poder]] na rexión, acción rexeitada polo Goberno de [[Petrogrado]].<ref name="rabinowitch141"/> Os intentos de conciliación de algúns dos ministros progresistas foron rexeitados polos membros do [[Partido Democrático Constitucional]], que utilizou o desacordo para dimitir,<ref name="basil99"/> a pesar de non limitarse este á cuestión ucraína, senón que era a política agraria a causa fundamental das discrepancias e da renuncia.<ref name="wade194"/><ref name="rabinowitch143">[[#Bibliografía|Rabinowitch (1991)]], p. 143</ref><ref name="radkey261">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 261</ref><ref name="wade194"/> Catro ministros abandonaron o executivo mentres que Nekrásov, ''kadete'' pero moi independente, abandonou o partido para permanecer no Goberno.<ref name="radkey275">[[#Bibliografía|Radkey (1958)]], p. 275</ref>
 
Tralo fracasado intento de [[Xornadas de Xullo|golpe contra o Goberno a comenzos de xullo]], apoiado pola ala radical do [[Partido bolxevique]], o Goberno tratou de reforzar a súa autoridade e esmagar aos radicais de esquerda, con escaso éxito máis aló das aparencias.<ref name="rabinowitch55">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 55</ref> O arresto dalgúns dirixentes bolxeviques non impediu a fuga de outros (como o propio [[Lenin]]) e o Goberno mostrouse incapaz de sometelos a xuízo a pesar das presións dos conservadores.<ref name="rabinowitch57">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 57</ref>
Liña 171:
=== Cuarto gabinete, terceira coalición, o regreso dos kadetes e o golpe de Kornilov ===
[[Ficheiro:19170704 Riot on Nevsky prosp Petrograd 2.jpg|Escena da [[Xornadas de Xullo|revolta de comezos de xullo]] de 1917, que debilitou temporalmente o ascenso [[bolxevique]].|thumb|200px|right]]
O {{xulgregdata|15|7|1917}} dimitiu o segundo gabinete, e Kerenskii non logrou formar un novo ata o {{xulgregdata|23|7|1917|curto=true}}.<ref name="rabinowitch55"/> As longas<ref name="wade196993"/> e complicadas<ref name="wade194"/> negociacións cos ''kadetes'' para que regresasen ao Goberno concluíron coa súa volta ao Consello de Ministros, xa presidido por [[Aleksandr Kerenskii]], que recibiu amplos poderes ademais de conservar o Ministerio de Defensa.<ref name="basil119">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 119</ref> Por exixencia dos ''kadetes'', os ministros quedaban libres de responder ante os seus partidos ou ante o soviet, que comprometíase a non interferir na labor do Goberno.<ref name="basil119"/> Kerenskii forzara o novo acordo entre os socialistas e os liberais ameazando con dimitir;<ref name="wade194"/><ref name="wade94">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 94</ref><ref name="wade194"/> tralo pacto do {{xulgregdata|4|8|1917|curto=true}} o gabinete tomou posesión dous días máis tarde,<ref name="wade196993"/> con catro ministros ''kadetes'',<ref name="wade94"/> outros tres liberais e varios ministros socialistas.<ref name="basil119"/> Tsereteli abandonou o Goberno,<ref name="wade94"/> pero permanecieron Skóbelev e Chernov,<ref name="wade94"/> este a pesar do rexeito dos ''kadetes''.<ref name="basil119"/> [[Kerenskii]] logrou que os ''kadetes'' regresasen ao Goberno e que aceptasen a Chernov,<ref name="wade195">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 195</ref> ao que non tiña simpatía pero consideraba necesario.<ref name="gill257">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 257</ref> O novo Goberno, débil, quedou controlado polo triunvirato formado por Kerenskii, Teréshchenko e Nekrásov.<ref name="wade94"/> Os ''kadetes'' impuxeron na práctica a Kerenskii un veto que impedía a promulgación de novas reformas sociais e políticas ata a resolución destas cuestións pola [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]], cuxa reunión, pola súa banda, trataron de atrasar.<ref name="kochan189">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 189</ref> Poucas semanas despois, para satisfacción de Miliukov, o Goberno pospuxo a elección da Asemblea.<ref name="kochan189"/> A preocupación ''kadete'' pola Asemblea debíase tanto ao seu desexo de que as eleccións se celebrasen democraticamente e de acordo a dereito, como ao seu temor de que o resultado lles privase do gran poder do que desfrutaban no Goberno Provisional.<ref name="kochan190">[[#Bibliografía|Kochan (1967)]], p. 190</ref>
 
Días antes, o {{xulgregdata|1|8|1917|curto=true}}, Keresnkii nomeara ao xeral [[Lavr Kornílov]], Comandante en Xefe do Exército ruso; este exixira autonomía para restaurar a disciplina nas Forzas Armadas que seis días máis tarde perderían [[Riga]],<ref name="basil142">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 142</ref> tomada por unidades alemás.<ref name="basil143kochan190">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 143</ref><ref name="kochan190basil143">[[#Bibliografía|KochanBasil (19671984)]], p. 190143</ref>
 
[[Ficheiro:General Kornilov and his staff.png|[[Lavr Kornílov]], Comandante en Xefe do Exército ruso e líder do fracasado [[golpe de Kornílov|golpe de Estado]] contrarrevolucionario en setembro de 1917.|miniatura|200px|esquerda]]
 
O terceiro gabinete caracterizouse pola abundancia dos relevos entre os ministros que acentuou o caos administrativo.<ref name="rabinowitch55"/> Tralo aparente esmagamento do poder dos bolxeviques a mediados de xullo, a finais do mes e en agosto comezouse unha nova radicalización da poboación ante o agravamento da crise.<ref name="rabinowitch94">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 94</ref> A situación alimenticia a mediados de agosto na capital volveuse desesperada,<ref name="rabinowitch94"/> o [[1 de setembro]] os alemáns ocuparon [[Riga]], a anarquía estendíase xunto coas ocupacións de terreos polos campesiños, mentres que os movementos autonomistas non encontraban freo no Goberno, e os soldados da fronte adoptaban posturas cada vez máis radicais a favor das reformas.<ref name="rabinowitch94"/>
 
Consciente do descontento popular, Kerenskii non logrou, porén, acordar entre os seus ministros un programa de reformas que enderezase en parte a situación e non se decidiu a aplicar unha represión radical;<ref name="rabinowitch95">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 95</ref> o Goberno quedou paralizado.<ref name="rabinowitch95wade195"/><ref name="wade195rabinowitch95"/> Ante esta situación, influíntes elementos liberais e conservadores comenzaron a formularse a posibilidade de apoiar un intento de implantar un Goberno militar que restaurase a orde na fronte e frease o caos crecente.<ref name="rabinowitch95wade195"/><ref name="wade195rabinowitch95"/> A maioría do [[Partido Democrático Constitucional]], encabezado por Miliukov, adoptou esta postura, mentres unha minoría mantiña o seu respaldo á coalición cos socialistas.<ref name="rabinowitch95"/>
 
As organizacións partidarias dun Goberno militar sopesaron varios candidatos para o posto de ditador, decantándose finalmente polo xeneral [[Lavr Kornílov]], Comandante en Xefe do Exército, valente pero pouco intelixente, de ideas políticas conservadoras e algo primitivas.<ref name="rabinowitch97">[[#Referencias|Rabinowitch (1978)]], p. 97</ref> Tralo [[golpe de Kornílov|fracaso da intentona militar]] a comezos de setembro, o poder real do Goberno desapareceu.<ref name="basil148">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 148</ref> Esfumouse definitivamente o espírito de cooperación entre socialistas moderados e liberais nos que se baseaba a súa autoridade.<ref name="basil148"/> Importantes socialistas que defenderan anteriormente a cooperación cos ''kadetes'' comenzaron a criticar a continuación da colaboración, como o ex-ministro socialrevolucionario [[Víctor Chernov]]; entre os menxeviques creceu o apoio á corrente internacionalista oposta aos pactos cos liberais.<ref name="basil149">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 149</ref>
 
=== O directorio e o quinto gabinete ===
Kerenskii creou un directorio de cinco membros<ref name="wade214">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 214</ref> o {{xulgregdata|14|9|1917|corto=true}}, ao tempo que proclamaba a república.<ref name="basil156">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 156</ref> Carente de figuras políticas de relevancia, no fondo supuxo a creación dun Goberno persoal do Primeiro Ministro, que quedou teoricamente reforzado polo nomeamento de Kerenskii como comandante en xefe do Exército; a autoridade civil e militar do país quedou nas súas mans.<ref name="wade214"/> Consciente da súa debilidade<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref> política,<ref name="wade119"/> buscou recuperar o apoio dos ''[[kadete]]s'' a pesar da hostilidade<ref name="wade214"/> cara estes de gran parte dos dirixentes socialistas tralo [[golpe de Kornilov|intento de Golpe de Estado]] do xeral [[Lavr Kornilov]].<ref name="basil156"/> Este aumentou o respaldo aos bolxeviques,<ref name="mosse417">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 417</ref> que acusaron aos socialistas moderados que controlaran ata entón o [[Soviet de Petrogrado]] de convenza co Goberno e os militares no golpe.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> A debilidade dos socialistas moderados plasmouse na perda<ref name="mosse417"/> da presidencia do Soviet da capital o {{xulgregdata|22|9|1917|corto=true}}, que [[Trotski]] pasou a presidir dezaseis días máis tarde. Os moderados tiveron que continuar coas súas actividades a través do [[Comité Executivo Central de Todas as Rusias]], elixido no Primeiro [[Congreso dos Soviets de Todas as Rusias]] en xuño e que aínda controlaban.<ref name="wade119">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 119</ref> Incluso entre os socialistas moderados creceu o rechazo a continuar cos gabinetes de coalición cos liberais.<ref name="wade214"/><ref name="wade121">[[#Bibliografía|Wade (1969)]], p. 121</ref><ref name="wade214"/> Con grande esforzo, porén, Tsereteli e os seus partidarios lograron manter o apoio socialista á coalición na [[Preparlamento|Conferencia Democrática]] a comezos de outubro: as confusas votacións aprobaron a continuación da coalición, pero rexeitaron que esta incluíse ao último partido liberal significativo —o [[Partido Democrático Constitucional]]— e deron paso ao encargo de Tsereteli de aclarar a situación con Kerenskii.<ref name="wade121wade214"/><ref name="wade214wade121"/>
 
Un novo Consello de Ministros de coalición —con dous ministros socialistas— acabou formándose o {{xulgregdata|8|10|1917|corto=true}}.<ref name="basil156wade214"/><ref name="wade121basil156"/><ref name="wade214wade121"/> A pesar das votacións contrarias dos socialistas durante a conferencia democrática,<ref name="wade121"/> Tsereteli logrou a aprobación final da nova coalición, incluso despois de non lograr manter a súa promesa aos delegados socialistas de que o novo Goberno respondería ante o [[Preparlamento]] formado pola Conferencia.<ref name="basil156"/> Este último Goberno foi débil,<ref name="wade121wade214"/><ref name="wade214wade121"/> pouco máis que unha camarilla de Kerenskii, carente de verdadeiro apoio de socialistas e liberais,<ref name="basil156wade214"/><ref name="wade214basil156"/> que sumíronse pronto en disputas no Preparlamento.<ref name="basil157">[[#Bibliografía|Basil (1984)]], p. 157</ref> Os ministros eran figuras de segunda fila da política nacional e, a pesar do reforzamento das correntes esquerdistas no país tralo golpe frustrado, máis conservadores que os sus predecesores.<ref name="anin443">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 443</ref>
 
== A revolución bolxevique e a fin do goberno provisional ==
Liña 199:
O Goberno Provisional nunca contara cun poder completo sobre o aparato do Estado, dependendo do acordo coas forzas políticas e do respaldo popular a través de organizacións como o [[Soviet de Petrogrado]] ante a súa falta de lexitimidade formal.<ref name="gill241"/> A pesar de aprobar unha inxente cantidade de leis<ref name="pethybridge146">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 146</ref> e importantes reformas políticas (amnistía, abolición da discriminación relixiosa ou nacional, extensión dos dereitos civís, abrogación da pena de morte, igualdade de dereitos para as mulleres, separación da Igrexa e do Estado, concesión de autonomía a diversas rexións...) e sociais (aprobación da xornada de oito horas, formación de comités de empresa, instauración dun Ministerio de Traballo, implantación dun monopolio sobre o gran...) o Goberno non puido aplicar moitas delas pola falta de control administrativo do país.<ref name="mosse412">[[#Referencias|Mosse (1964)]], p. 412</ref><ref name="pethybridge191">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 191</ref> Os seus intentos de publicitar as reformas aprobadas foron un fracaso.<ref name="pethybridge146"/>
 
Para a súa desgraza, pouco logo da súa formación, o Goberno provisional gañouse a antipatía de grandes sectores da poboación e quedou nunha posición debilitada e vulnerable. Unha das causas principais da impopularidade crecente do Goberno foi a súa política agraria, que se gañou a oposición do campesiñado, o que ademais influíu na hostilidade das tropas da capital, de extracción campesiña. O Goberno non logrou estender o seu control máis aló das cidades de provincias e foi incapaz de convencer ou forzar aos campesiños a entregar as súas colleitas para abastecer as cidades, o que levou á falta de recursos das mesmas e á radicalización dos traballadores.<ref name="gill253">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 253</ref> A antiga administración disolveuse en numerosas ocasións e os delegados gobernamentais, os comisarios, carecían en moitos casos de poder real para aplicar as decisións do Consello de Ministros.<ref name="wade56"/><ref name="pethybridge212">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. 212</ref><ref name="wade56"/> Este houbo de compartir autoridade cos soviets que xurdiron por todo o país, ademais de con outras organizacións. Malia contar coa responsabilidade de goberno e a autoridade teórica, o poder residía a miúdo non no Consello de Ministros, senón nestas organizacións. As coalicións formais entre socialistas e liberais non puxeron fin a esta situación de tensión polo poder entre Goberno e Soviet de Petrogrado, que se repetiu por todo o país.<ref name="wade57">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 57</ref> Os sucesivos gabinetes, case en continua crise, carecían ademais da lexitimidade de ser elixidos, xa que eran o resultado de acordos entre reducidos grupos de dirixentes políticos da capital.
 
Os sucesivos gabinetes, inexpertos na xestión do Estado, mostráronse incapaces de formular políticas claras<ref name="anin446">[[#Bibliografía|Anin (1967)]], p. 446</ref> e de aplicalas coa celeridade necesaria pola situación de crise.<ref name="gill253"/> Os cinco gabinetes mostraron ademais unha perpetua división<ref name="anin446"/> entre as tendencias presentes no seu seo: a dereita, que desconfiaba da institución do [[Soviet de Petrogrado]], e a esquerda, temerosas das posibles accións do alto mando militar.<ref name="gill253"/> As tensións internas levaban continuamente a compromisos de mínimos para lograr un acordo interno.<ref name="gill254">[[#Bibliografía|Gill (1978)]], p. 254</ref> O empeño dos socialistas moderados en manter a coalición cos liberais a pesar das diferenzas levou ademais á parálise do Goberno e ao desprestixio dos socialistas.<ref name="wade36">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 36</ref> Os diversos Gobernos non lograron tampouco acabar coa guerra, un dos principais intereses da poboación, esgotada polo conflito.<ref name="wade37">[[#Bibliografía|Wade (1968)]], p. 37</ref> O programa liberal, constituído fundamentalmente pola promulgación dunha amnistía e da extensión de dereitos e liberdades civís á poboación, cumpriuse practicamente nos dous primeiros meses do período revolucionario, pero os obxectivos máis desexados polas masas (o fin da guerra, a recuperación económica e o repartimento de terras) non foron alcanzados polo Goberno.<ref name="uldricks614">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 614</ref><ref name="pethybridgeIX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. IX</ref> A maioría da poboación non cifraba as súas esperanzas en cambios políticos, senón noutros, sociais e económicos, que os bolxeviques souberon sintetizar nos seus lemas favorables ao control obreiro das fábricas, o repartimento das leiras dos terratenentes e o fin da guerra mundial.<ref name="pethybridgeX">[[#Referencias|Pethybridge (1972)]], p. X</ref> Os liberais entorpeceron en gran medida a súa consecución ao defender a continuación dos combates ata a vitoria, manter os obxectivos de guerra imperialista do antigo réxime, opoñerse á reforma agraria ou rexeitar control obreiro da industria. Lograron ademais pospoñer a reunión da [[Asemblea Constituínte Rusa|Asemblea Constituínte]]. A insistencia gobernamental en pospoñer calquera medida fundamental —a reforma agraria, a situación das minorías…— ata a reunión da Asemblea Constituínte, e o continuo atraso da súa convocatoria minaron a súa posición.<ref name="wade277">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 277</ref> Estes atrasos permitiron duras críticas da oposición, causaron o temor da poboación a unha contrarrevolución que terminase por impedir a súa reunión, e favoreceron aos partidarios de que os soviets tomasen o poder como salvagarda da Asemblea.
 
Os socialistas moderados, convencidos da natureza burguesas da revolución que acabara coa autocracia tsarista, rexeitaron tomar o poder.<ref name="uldricks614"/> Temían ademais que unha radicalización da revolución levase á alianza das forzas liberais e as reaccionarias que conducise á contrarrevolución, como entendían que sucedera na [[Revolución Rusa de 1905|revolución de 1905]].<ref name="uldricks615">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 615</ref> A moderación da súa posición privounos paulatinamente do apoio das masas, cada vez máis radicais<ref name="uldricks615"/> ante o deterioro da situación económica causado pola guerra e a propia revolución.<ref name="uldricks616">[[#Bibliografía|Uldricks (1975)]], p. 616</ref> Opostos unha e outra vez á toma do poder a pesar das crecentes peticións das masas, membros menores da coalición e incapaces de aplicar as reformas exixidas por campesiños, soldados e obreiros, os socialistas moderados acabaron por perder o respaldo inicial e facilitar o auxe dos [[bolxevique]]s, única oposición disposta a defender os obxectivos da poboación.<ref name="uldricks618"/> A esquerda radical viuse favorecida por unha crecente crise económica que xerou descontento e agudizou os problemas políticos e sociais.<ref name="wade186">[[#Bibliografía|Wade (2000)]], p. 186</ref>
 
== Primeiros ministros do goberno provisional ==