Angkor Wat: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
{{Control de autoridades}}
Banjo (conversa | contribucións)
m Arranxos con en:WP:AWB using AWB
Liña 17:
'''Angkor Wat''' (en [[lingua khmer]] {{lang|km|អង្គរវត្ត}} ou '''Ângkôr Vôtt''', traducido como ''Cidade templo'' ou ''Cidade de templos'') é un templo [[Pobo khmer|khmer]], situado no sitio arqueolóxico de [[Angkor]], en [[Cambodja]], preto da cidade de [[Siem Reap]]. Trátase do [[templo]] máis grande e mellor conservado dos que integran o complexo de Angkor. Está considerado como a maior estrutura relixiosa xamais construída,<ref name=elpais/> e un dos tesouros arqueolóxicos máis importantes do mundo. Consonte o [[Libro Guinness dos Récords]] é o meirande sitio relixioso do mundo.<ref>{{Cita web|url=http://www.guinnessworldrecords.com/world-records/largest-religious-structure/|título=Largest religious structure|lingua=en|data-acceso=1 de setembro de 2015|páxina-web=Guinnes World Records}}</ref> É o lugar do país máis visitado polos turistas anualmente, cuns 800&nbsp;000 visitantes por ano.<ref>{{Cita web|url=http://www.travelandleisure.com/slideshows/worlds-most-visited-ancient-ruins/21|título=No. 20 Angkor Wat, Angkor Archaeological Park, Cambodia|páxina-web=Travel+Leisure|lingua=en|data=23 de maio de 2012|data-acceso=3 de setembro de 2015|apelidos=Orcutt|nome=April}}</ref> Foi fundado orixinalmente como templo [[hinduísmo|hindú]] para o [[Imperio khmer]], mais gradualmente transformado nun templo [[budismo|budista]] cara ao final do [[século XII]].<ref name="cyark">{{Cita web |url=http://www.cyark.org/news/recycling-monuments-the-hinduismbuddhism-switch-at-angkor |título=Recycling Monuments: The Hinduism/Buddhism Switch at Angkor |nome=Ashley M. |apelidos=Richter |data=8 de setembro de 2009 |editorial=[[CyArk]] |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
Situado a 5,5&nbsp;km ao norte da actual [[Siem Reap]], na [[Provincia de Siem Reap|provincia homónima]] de Cambodja, Angkor Wat forma parte do complexo de templos construídos na zona de [[Angkor]], a antiga capital do Imperio khmer durante a súa época de esplendor, entre os [[século IX|séculos IX]] e [[século XV|XV]]. Angkor abrangue unha extensión en torno a 200&nbsp;km², aínda que recentes investigación falan dunha posible extensión de 3&nbsp;000 &nbsp;km² e unha poboación de ata medio millón de habitantes.<ref>{{Cita novas|url=http://news.bbc.co.uk/2/hi/science/nature/6945574.stm |título=Map reveals ancient urban sprawl |editorial=[[BBC]] |dataacceso=5 de xaneiro de 2010 |lingua=en}}</ref> O templo ten a forma dun rectángulo, cunha lonxitude aproximada de 1,5 &nbsp;km de oeste a leste e 1,3 &nbsp;km de norte a sur. No interior do foso que circunda completamente o muro perimetral de 3,6 &nbsp;km hai tres galerías rectangulares, construídas unha sobre outra. No centro do templo levántanse cinco torres. Angkor Wat contén dúas principais características da [[Arquitectura de Camboxa|arquitectura cambodjana]]: o ''templo outeiro'' que se ergue no interior dun foxo e que simboliza o ''[[Monte Meru (mitoloxía)|Meru]]'' (a montaña dos deuses na relixión [[Hinduísmo|hindú]], de feito o templo está consagrado a [[Visnú]]<ref name=apsara>{{cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/angkor/temples_sites/temples/angkor_vat.html |título=Angkor Vat |dataacceso=3 de xaneiro de 2010 |lingua=en }}</ref> ), e os sucesivos ''templos de galería''.
 
Dende a súa construción a principios do [[século XII]] e ata o traslado da sede real ao próximo [[Bayon]], a finais do mesmo século, Angkor Wat foi o centro político e relixioso do imperio. O recinto —entre cuxos muros calculouse que vivían 20&nbsp;000 persoas—,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=150}}</ref> cumpría as funcións de templo principal, e albergaba ademais o [[palacio]] real. Outras hipóteses apuntan aque tamén servíu de [[mausoleo]], un lugar onde o rei podería ser venerado despois da morte,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Higham|2001|sp=si|p=118}}</ref> xa que a entrada principal está situada no oeste, como nos templos funerarios hindús.<ref>{{Cita web|url=http://www.lonelyplanet.com/cambodia/travel-tips-and-articles/77381|título=Angkor what? Everything you ever wanted to know about Cambodia’s most iconic temple|páxina-web=Lonely Planet|lingua=en|data=16 de xullo de 2012|data-acceso=3 de setembro de 2015}}</ref>
 
O templo consta de tres recintos rectangulares concéntricos de altura crecente, rodeados por un lago perimetral de 3,6 &nbsp;km de lonxitude e dunha anchura de 200 m. No recinto interior érguense cinco torres en forma de loto, acadando a torre central unha altura de 42 m sobre o santuario,<ref name=ref_duplicada_11>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=52}}</ref> e 65 m sobre o nivel do chan.<ref name=hh />
 
Angkor Wat converteuse nun símbolo de Cambodja, ata o punto de figurar na [[bandeira de Cambodja|bandeira do país]].<ref>{{Cita web |url=https://www.cia.gov/library/publications/the-world-factbook/geos/cb.html |título=The World Factbook. Cambodia |editorial=[[Central Intelligence Agency]] |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> O [[14 de decembro]] de [[1992]] foi declarado pola [[Unesco]] ''[[Patrimonio da Humanidade]]''.<ref>{{Cita web |url=http://www.cambodianview.com/documents/articles/Brief_Presentation.pdf |título=Brief_Presentation |editor=Cambodian-Canadian Community in Calgary |dataacceso=20 de xuño de 2015 |ano=2005 |formato=PDF |lingua=en}}</ref>
Liña 32:
Angkor Wat é o máximo expoñente da arquitectura do [[Imperio khmer]], cuxos primeiros templos se remontan ao [[século VI]].<ref name=gris /> O xigantesco ''monte-templo'' foi feito construír polo monarca [[Suryavarman II]], quen reinou dende o ano 1113 ata o 1150. Suryavarman II alcanzou o poder logo de asasinar o daquela rei Dharanindravarman, saltando sobre el mentres o monarca paseaba no seu elefante, polo que algúns historiadores opinan que as colosais dimensións deste templo están motivadas en parte polo desexo de contrarrestar a aparente ilexitimidade do seu reinado.<ref name=natgeo />
 
Segundo conta a lenda, o rei quixo situar o templo nun lugar do agrado dos deuses, polo cal soltou un boi na chaira e decidiu construír o templo no lugar onde se deitase.<ref name=elpais /> Sexa certa a lenda ou non, Suryavarman II estableceu o templo xunto á antiga cidade de ''Yashodharapura''<ref name=ref_duplicada_3>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=151}}</ref> (que en [[sánscrito]] significa «cidade sagrada»),<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Behnke|2008|p=20}}</ref> situada a escasos quilómetros da actual cidade de [[Siem Reap]], e ao igual que os seus predecesores, dispuxo o palacio dentro do recinto amurallado do complexo. Os traballos no templo interrompéronse á morte do rei e non foron continuados, polo que a construción do complexo durou unicamente 37 anos.<ref name=gris>{{Cita web |url=http://huntingtonarchive.osu.edu/seasia/angkor.html |título=Angkor Wat |editor=huntingtonarchive.osu.edu |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
En [[1177]] Angkor foi saqueada polos [[Pobo cham|Cham]], un pobo localizado no actual [[Vietnam]]<ref name=new1 /> e inimigo tradicional dos khmer. Poucos anos despois, coa chegada do rei [[Jayavarman VII]] expulsouse os invasores e ampliáronse as fronteiras do imperio. Este importante rei, cuxo reinado se estendeu desde o 1181 ata o 1220,<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=12}}</ref> abandonou o hinduísmo e converteuse ao budismo da rama [[Mahāyāna]],<ref name=new1 /> establecendo a nova capital no próximo [[Angkor Thom]], con [[Bayon]] como novo templo.
 
A finais do [[século XIII]], o rei [[Jayavarman VIII]] retornou ás crenzas hinduístas, destruíndo parte do legado de Jayavarman VII e mellorando algúns templos hinduístas, incluído Angkor Wat.<ref name=ref_duplicada_9>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=13}}</ref> A Jayavarman VIII sucedeulle [[Indravarman III|Srindravarman]] en [[1295]]: este novo rei, que nos anos anteriores fora ordenado monxe budista en [[Sri Lanka]], cambiou novamente a relixión do imperio cara ao budismo, aínda que adoptando esta vez as crenzas da rama [[Theravāda]].<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|pp=8-13}}</ref> Entre os séculos [[Século XIV|XIV]] e [[Século XV|XV]], o Imperio khmer viu chegar dende Sri Lanka os primeiros monxes budistas Theravadas, que transformarían os templos para a nova relixión. Foi nese tempo cando o templo de Angkor Wat se remodelou para adaptarse ao culto budista [[Theravāda]],<ref name=ref_duplicada_9 /> feitos que sucederon pouco antes do abandono final de Angkor.
Liña 47:
=== Descubrimento en occidente ===
[[Ficheiro:De drie torens van den tempel van Angkor-Wat.jpg|miniatura|Fotografía de Angkor, tomada en 1866 por Emile Gsell.]]
Logo do seu abandono a finais do século XVI, Angkor foi sepultada pola selva, coa única excepción do templo de Angkor Wat, que permaneceu habitado por monxes budistas.
 
Aínda persiste a lenda de que Angkor Wat caeu no esquecemento ata que foi redescuberto a finais do [[século XIX]] polo naturalista francés [[Henri Mouhot]], quen se topou co templo accidentalmente mentres cazaba bolboretas.<ref name=elpais /><ref>{{Cita web |url=http://web.archive.org/web/20100109052153/http://www.viajeros.com/diarios/ciudad-de-siem-riep/angkor-wat-angkor-thom-y-ta-prohm |título=Angkor Wat, Angkor Thom y Ta Prohm |editorial=viajeros.com |data=4 de novembro de 2009 |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=es}}</ref><ref name=elpais /> Esta historia é un mito, pois Mouhot non foi o primeiro occidental en visitar o templo, e este nunca foi completamente abandonado, permanecendo na memoria colectiva do pobo khmer e mesmo transcendendo as fronteiras do seu imperio. A primeira visita documentada dun occidental a Angkor Wat tivo lugar no ano 1586, e foi realizada polo [[frade]] [[Orde dos Irmáns Menores Capuchinos|capuchino]] portugués [[António da Madalena]].<ref name=ptg>{{Cita web |url=http://indochina-mon-amour.blogspot.com/2009/08/os-primeiros-chegar-angkor-wat.html |título=Os primeiros a chegar a Angkor Wat |editor=Indochina Mon Amour |data=17 de agosto de 2009 |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=pt}}</ref> As impresións do frade foron recollidas por un funcionario e historiador portugués chamado Diogo do Couto,<ref name=goobk>{{Cita libro |url=http://books.google.es/books?id=XElPGqQmC9QC&pg=PT11&lpg=PT11&dq=%22Diogo+do+Couto%22+angkor+wat&source=bl&ots=9ZwRvnRq2L&sig=j8PoA3L-I9PHIvg0xveYLEChwW0&hl=es&ei=ArtGS4X0BtXM4gbqmu2GAw&sa=X&oi=book_result&ct=result&resnum=3&ved=0CBIQ6AEwAg#v=onepage&q=&f=false |título=Angkor Wat. Unearthing Ancient Worlds |apelidos=Behnke |nome=Alison |ano=2009 |lugar=[[Minneapolis]] |editor=Twenty-First Century Books |dataacceso=19 de xuño de 2015 |lingua=en |isbn=978-0-8225-7585-6}}</ref><ref name=ref_duplicada_1>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=70}}</ref> quen as deixaría por escrito:<ref name=ptg /><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Higham|2001|pp=1-2}}</ref>
 
{{Cita centrada |...unha construción de tal modo extraordinaria que non é posible describila por escrito, especialmente é diferente de calquera outro edificio no mundo. Posúe torres, decoración e todos os refinamentos que o xenio humano pode concibir.|autor=Diogo do Couto}}
Liña 64:
=== Restauración ===
[[Ficheiro:Angkor-Wat-from-the-air.JPG|miniatura|300px|Vista aérea do complexo en 2005.]]
En 1898 fundouse a ''École Française d'Extrême-Orient'' co propósito de estudar o patrimonio artístico da [[Indochina]] baixo dominio francés. En 1907 [[Siam]] (actual [[Tailandia]]) cedeu varios territorios a Cambodja, entre os que se encontra a zona de Angkor. A raíz deste feito a conservación dos monumentos pasou a ser responsabilidade da ''École'', que tan só un ano despois iniciou os labores de conservación.<ref name=ref_duplicada_5 /> A tarefa foille encomendada a un militar e administrativo francés chamado Jean Commaille, quen entre 1908 e 1910 decidiu concentrar os esforzos en Angkor Wat.<ref>{{Cita web |url=http://angkor.wat.online.fr/dec-commaille.htm |título=Jean COMMAILLE |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=fr |editorial=angkor.wat.online.fr}}</ref> Logo do asasinato de Commaille en 1916, sucedeulle no posto o arquitecto Henri Marchal, xa un verdadeiro técnico, que levou a Angkor o método da [[anastilose]], aprendido dos neerlandeses durante unha viaxe a [[Xava]] nos anos 30. Marchal foi sucedido por [[Maurice Glaize]] en 1937 e por outros máis tarde,<ref name=ref_duplicada_6>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=41}}</ref> ata que os traballos de restauración da ''École'' foron interrompidos nos anos 70 pola devastadora revolución dos [[Khmers Vermellos]].<ref name=new1>{{Cita web |url=http://www.bayonpearnik.com/Cambodia/SiemReapAngkorWat/TheKingdomOfAngkor.html |título=Cambodia, Siem Reap The Kingdom Of Angkor |editorial=Bayon Pearnik |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
En 1993, un ano despois da declaración de Angkor como ''Patrimonio da humanidade'', e a raíz dunha conferencia intergobernamental en [[Toquio]], estableceuse un Comité de Coordinación Internacional para restaurar e preservar o patrimonio de Angkor, presidido por xaponeses e franceses. Paralelamente, o goberno cambodjano creou a ''APSARA'' (Autoridade para a xestión e protección de Angkor e a rexión de Siem Reap) co obxectivo de obter o status permanente de ''Patrimonio da humanidade'' por parte da [[UNESCO]]; un status que se conseguiu no ano 1995.<ref>{{Cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/apsara.html |título=APSARA. Authority for the Protection and Management of Angkor and the Region of Siem Reap |dataacceso=20 de xaneiro de 2015 |lingua=en |editorial=APSARA}}</ref>
 
Diversos equipos de varios países teñen participado, ou participan aínda, nos labores de restauración no templo: un equipo alemán encargouse de restaurar os relevos de [[apsara]]s; un equipo italiano encargouse do lago, e varios equipos xaponeses teñen realizado distintas intervencións, destacando as restauracións da esquina norte do muro oeste (iniciada en 1995)<ref>{{Cita web |url=http://www.autoriteapsara.org/en/apsara/about_apsara/projects/sophia.htm |título=Sophia Asia Center for Research and Human Development Projects |editorial=APSARA |dataacceso=20 de xuño de 2015 |lingua=en}}</ref> e da biblioteca norte.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=42}}</ref>
 
Do mesmo xeito que noutros templos de Angkor, a maioría dos labores de restauración lévanse a cabo mediante o método da «reintegración» ou anastilose;<ref name=moles /> un proceso de reconstrución consistente en recolocar as pezas orixinais derruídas, ou nalgúns casos mesmo en elaborar de novo as pezas faltantes —sempre e cando exista información suficiente para facelo fielmente—.<ref>{{Cita novas |url=http://www.bbc.co.uk/news/world-asia-19279491 |título=Restoring ancient monuments at Cambodia's Angkor Wat |nome=Guy |apelidos=De Launey |data=21 de agosto de 2012 |xornal=BBC |dataacceso=16 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> Outra técnica empregada consiste en desmontar peza por peza o monumento para proceder á súa limpeza e/ou a súa consolidación, para posteriormente restituílo ao seu estado orixinal.
Liña 91:
==== Recinto exterior ====
[[Ficheiro:Angkor Wat M2.png|miniatura|esquerda|Planta xeral de Angkor Wat.]]
O recinto exterior, rodeado polo lago, ten unhas dimensións de 1&nbsp;025 × 800 m, ocupando 82 hectáreas. O perímetro do lago, que ten unha lonxitude total de 5,5 &nbsp;km, está feito con varias ringleiras de pedra postas en bancada.<ref name=apsara /> Dúas pasarelas de 12 m de ancho e adornadas cunha [[balaustrada]] coa típica forma de ''[[Naga]]'' (serpe mítica con aspecto de cobra e 5 ou 7 cabezas),<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=235}}</ref> cruzan o lago ao leste e ao oeste, permitindo a entrada e a saída ao templo.
 
O recinto está pechado por un muro de [[laterita]] de 5 m de altura<ref name=hh>{{cita web |url=http://web.archive.org/web/20101209062116/http://www.ourworldwonders.com/AngkorWat/History.htm |título=Angkor Wat History |editorial=OurWorldWonders.com |dataacceso=4 de xullo de 2015 |lingua=en}}</ref> sobre o que se asenta un pórtico de 235 m de lonxitude que posúe un corredor con columnas na súa parte exterior. No pórtico destacan tres torres marcando senllas entradas: a principal consiste nunha ''[[gopura]]'' ou pavillón de entrada, precedida por un pequeno soportal, flanqueada por dúas entradas menores, habilitadas ao parecer para permitir o paso dos elefantes e as carruaxes.<ref name=apsara /><ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=152}}</ref>
 
Quizais por ser un templo funerario para o rei, ou quizais por estar adicado ao deus Vishnú (asociado ao cuadrante oeste do universo),<ref name=ref_duplicada_3 /> Angkor Wat, ao contrario que o resto de templos, oriéntase cara ao oeste.<ref name=hh /> Por este motivo, a dirección das historias narradas nos relevos do templo han de lerse no sentido contrario ás agullas do reloxo.<ref name=apsara />
 
Dende a entrada oeste ata os tres recintos concéntricos do templo central desenvólvese un camiño elevado de 10 m de ancho e 352 m de lonxitude,<ref name=gris /> tamén flanqueado con ''nagas''. Cada 50 m a balaustrada interrómpese con dúas escaleiras simétricas que permiten descender o metro e medio que separa o camiño do chan. No amplo terreo deste primeiro recinto situábase o palacio real e aloxábase a poboación permanente do templo, mais debido ao perecedoiro das estruturas nas que habitaban, hoxe en día case non quedan vestixios, á parte dos edificios de pedra exentos que cumprían a función de bibliotecas, situados tamén de xeito simétrico ao camiño central. Os dous grandes lagos rectangulares de aproximadamente 50 m de anchura que aparecen ao final deste percorrido central foron construídos con data posterior ao templo orixinal.<ref name=ref_duplicada_4>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=155}}</ref> Actualmente o terreo alberga amais un pequeno asentamento de monxes budistas e outro pequeno poboado no lado oposto do templo, todos eles de construción moito máis recente e sen interese arquitectónico.
Liña 110:
Accédese ao segundo recinto subindo unhas empinadas escaleiras, que segundo a iconografía hindú simbolizan o ascenso á montaña dos deuses. No segundo recinto, de 115 × 100 m, tamén aparecen dúas novas bibliotecas máis pequenas. Este segundo recinto ou nivel xa non era accesible para o pobo, polo que a súa arquitectura cambia: os muros exteriores son cegos, e a galería só se abre ao interior mediante fiestras atravesadas por columnas de complexo relevo. Dentro do segundo recinto aparece a plataforma do recinto central, elevada entre 11 e 13 metros segundo as distintas fontes, e á que se accede mediante empinadísimas escaleiras con pendentes en torno aos 70°,<ref name=ref_duplicada_8>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=170}}</ref> salvo no lado oeste, seguindo a dirección principal, onde a pendente é de 50°.<ref name=ref_duplicada_11 />
 
O primeiro recinto, accesible só para o rei e o sumo sacerdote, é un cadrado de 60 metros de lado que contén, dispostos en [[quincuncio]], os cinco ''prasat'' ou templos piramidais que representan os picos do monte Meru.<ref name=ref_duplicada_7>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=172}}</ref> Os cinco templetes están conectados entre si mediante novos corredores que xeran catro patios, similares aos do ''Preah Poan''. O ''prasat'' central é maior que os demais, e na súa base alberga un amplo nicho de 4,6 m de lado onde se aloxaba unha estatua de Vishnú.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=22}}</ref> O nicho dispuña orixinalmente de aperturas aos catro puntos cardinais, mais logo da reconversión ao culto budista, trasladouse a estatua e cegáronse as portas para esculpir nelas imaxes de Buda.
 
En [[1908]] abriuse unha das catro entradas do ''prasat'' central, e en [[1934]] descubriuse un foxo de 25 m de profundidade baixo o lugar onde debía ter descansado a estatua de Vishnú. O foxo gardaba unicamente dúas follas de ouro e catro máis pequenas xunto con dous zafiros brancos,<ref name=ref_duplicada_7 /> polo que se cre que o tesouro foi saqueado con anterioridade.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=54}}</ref>
Liña 148:
== Construción ==
[[Ficheiro:Cajeado.jpg|miniatura|200px|Caixeado labrado en pedra no templo de [[Phimeanakas]].]]
Aínda que o muro exterior foi construído con [[laterita]],<ref name=ref_duplicada_3 /> e algunhas fontes falan tamén de usos esporádicos de [[limonita]],<ref name=eb>{{cita web |url=http://www.gutenberg.org/catalog/world/readfile?fk_files=98878&pageno=41 |título=Angkor |enciclopedia=[[Encyclopaedia Britannica]] |editorial=Project Gutenberg |edición=11ª |volume=2 (Parte 1) |autor=Varios |dataacceso=4 de xullo de 2015 |lingua=en}}</ref> o templo está edificado case na súa totalidade en [[arenito]]. Os bloques, que chegaban a pesar catro toneladas,<ref name=albanese1 /> eran transportados por canles dende unha canteira situada a 40 &nbsp;km ao nordeste do templo. Calcúlase que o volume de pedra empregado (5 millóns de toneladas) é equivalente ao empregado para a construción da [[pirámide de Quefrén]], en [[Giza]], o que tivo que requirir milleiros de traballadores. Un enxeñeiro contemporáneo estimou que a construción de Angkor Wat na actualidade requiriría 300 anos,<ref>{{Cita libro |título=Time Life Lost Civilizations series: Southeast Asia: A Past Regained |ano=1995 |páxinas=67-99,116,117,132,133}}</ref> mentres que o templo real foi construído en menos de 40.
 
As pezas de arenito eran coidadosamente labradas para encaixar perfectamente, xa que na maior parte da construción non se empregou ningún tipo de [[argamasa]],<ref name=hh /> empregándose en ocasións mesmo sistemas de [[agargalado]] do tipo [[caixa e espiga]] para mellorar a cohesión entre as pezas. Nos puntos onde se fixo uso de pastas de unión puideron terse empregado resinas.<ref name=moles /> Os khmeres coñecían as argamasas, que confeccionaban cunha mestura de [[cal]], azucre de palma, e zume de lianas;<ref name=albanese1>{{Cita Harvard sen parénteses|Albanese|2006|p=52}}</ref> unha técnica herdada de séculos anteriores, cando empregaban [[ladrillo]]s para construír os seus templos. Non obstante as argamasas caeron en desuso a partir do [[século X]], e apenas se empregaron en Angkor Wat.
 
Empregouse laterita nos cimentos, plataformas e nos muros exteriores de cerramento. Estas pedras cortábanse en tamaños que oscilaban entre os 30 × 40 × 60 &nbsp;cm e os 40 × 50 × 80 &nbsp;cm, se ben encontráronse pezas de ata 2 m de lonxitude.<ref name=albanese1 /> Posto que o acabado da laterita é excesivamente basto, os ocos practicados nos muros deste material rematábanse con arenito. Moitos arqueólogos están convencidos de que os paramentos de laterita que hoxe están ao descuberto deberon estar guarnecidos con [[estuco]], e probablemente tamén pintados.<ref name=book2 />
 
Tamén se documentou o emprego de madeira nalgúns teitos do templo, así como tellas cerámicas e de chumbo.<ref name=book2>{{Cita Harvard sen parénteses|Freeman|2003|p=29}}</ref>
 
Como norma habitual, os [[baixorrelevo]]s que decoran as paredes do templo non se engadían con posterioridade, senón que se esculpían ''in situ'' directamente sobre a rocha do templo, como testemuña o templo inacabado de [[Ta Keo]], onde se aprecia a volumetría xa rematada das torres, aínda que nunca chegaron a ser esculpidas.<ref>{{Cita Harvard sen parénteses|Dumarçay|Royère|2001|sp=si|p=68}}</ref>
Liña 167:
Despois da relativa normalización da situación política de Cambodja na década de 1990, Angkor e o seu templo principal, Angkor Wat, convertéronse nun importante destino turístico: En 1993 recibiu tan só 7&nbsp;650 visitantes,<ref>{{Cita novas |url= http://www.theguardian.com/world/2007/feb/25/travel.travelnews |título=Tourist invasion threatens to ruin glories of Angkor Wat |nome=Justine |apelidos=Smith |data=25 de febreiro de 2007 |xornal=The Observer |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref> mentres que en 2004 aproximadamente 561&nbsp;000 turistas estranxeiros visitaron a provincia de Siem Reap, aproximadamente o 50% de todos os turistas que visitaron Cambodja.<ref>{{Cita web |url=http://www.tourismcambodia.com/Statistics/index.asp?Year=2005 |título=Executive Summary from Jan–Dec 2005 |dataacceso=2 de agosto de 2015 |editorial=Tourism of Cambodia |obra=Statistics & Tourism Information Department, Ministry of Tourism of Cambodia |urlarquivo=http://web.archive.org/web/20080413115411/http://www.tourismcambodia.com/Statistics/index.asp?Year=2005 |dataarquivo=13 de abril de 2008}}</ref> Ao ano seguinte chegaron 677&nbsp;000, cerca dun millón de turistas en 2008,<ref name=elpais /> e máis de dous millóns en 2012 e 2013.<ref>{{Cita web |url=http://www.tourismcambodia.org/images/mot/statistic_reports/tourism_statistics_annual_report_2012.pdf |título=Tourism Annual Report 2012 |editorial=Ministry of Tourism |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref><ref>{{Cita novas |url=http://www.phnompenhpost.com/business/ticket-sales-angkor-wat-exceed-2-million |título=Ticket sales at Angkor Wat exceed 2 million |xornal=The Phnom Penh Post |data=21 de xaneiro de 2015 |lingua=en}}</ref> O sitio está xestionado polo grupo privado [[Sokimex]] dende 1990, que o alugou ao [[Goberno Cambodjano]]. O turismo tamén proporcionou algúns fondos adicionais para o seu mantemento: a partir do ano 2000 aproximadamente o 28% dos ingresos da venda de entradas foi destinado a este fin, se ben a maior parte dos traballos realizados lévase a cabo por equipos patrocinados por gobernos estranxeiros e non polas autoridades cambodjanas.<ref name="tales">{{Cita web |editorial=Tales of Asia |url=http://www.talesofasia.com/cambodia-interviews-AC.htm |título=Preserving Angkor: Interview with Ang Choulean |data=13 de outubro de 2000 |dataacceso=2 de agosto de 2015 |lingua=en}}</ref>
 
Se ben a afluencia de turistas ten causado relativamente poucos danos, con excepción dalgunhas pintadas, para evitar o desgaste producido pola masiva afluencia de turistas, e tamén con obxecto de previr o vandalismo, a comezos do século XXI comezouse a protexer e a acondicionar algunhas zonas do templo especialmente delicadas con cordas e escaleiras de madeira para protexer os baixorrelevos e algunhas plantas. Entre as iniciativas que permiten diminuír a presión de visitantes no templo estanse a barallar opcións como establecer distintos percorridos alternativos, ou iluminar o templo con luz artificial para poder prolongar o horario de visita despois da posta do sol.<ref name="tales"/><ref>{{Cita novas |url=http://web.archive.org/web/20110728165646/http://lacomunidad.elpais.com/apolvorinos/2009/9/5/angkor-y-factura-la-luz |xornal=[[El País]] |título=Angkor y la factura de la luz |data=5 de setembro de 2009 |data-acceso=14 de xaneiro de 2010 |lingua=es}}</ref><ref name="tales"/>
 
A causa do incremento na afluencia de turistas a Angkor Wat durante as últimas décadas, a [[UNESCO]] e o seu Comité Internacional para a Defensa e o Desenvolvemento do Lugar Histórico de Angkor (ICC), xunto con representantes do Goberno Real e do [[APSARA]], organizaron seminarios para debater o concepto de «turismo cultural». Co obxectivo de evitar o turismo comercial masivo, os seminarios fixeron énfase na importancia de prover os visitantes de aloxamento e servizos de alta calidade para que o goberno cambodjano se puidese beneficiar economicamente, sen deixar de lado a presenza da cultura do país. En [[2001]], todo isto deu como resultado o concepto da "Cidade Turística de Angkor", que habería de ser desenvolvida seguindo as características da arquitectura tradicional khmer, debería contar con instalacións de ocio e turísticas, así como hoteis de luxo nos que se puidesen aloxar grandes cantidades de turistas.<ref name="sciencedirect.com">{{Cita publicación periódica |url=http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S0160738306000697 |título=Rethinking tourism in asia |ano=2007 |apelidos=Winter |nome=Tim |publicación=Annals of Tourism Research |volume=34 |páxinas=27}}</ref>