Claudio Abbado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
Liña 125:
Porén, posteriormente as súas interpretacións caracterizáronse pola súa enerxía e emoción, que acompañaron á súa técnica. Tamén destacou por ser un bo director, tanto nas pasaxes en ''staccato'' como nas pasaxes en ''espressivo'' e ''cantabile'', un fenómeno que segundo o produtor de [[Deutsche Grammophon]] e antigo compañeiro de Abbado en Viena [[Rainer Brock]], é pouco común. Tamén [[Plácido Domingo]] compartía esta opinión e destacaba o seu xeito único de indicar o ''legato'' á orquestra, posiblemente porque os movementos dos seus brazos eran moi bos e daban a impresión de fundirse o un no outro.<ref name="Mat64"/>
 
Abbado destacou pola súa gran versatilidade, reflexada no seu coñecemento do repertorio, tanto orquestral como operístico.<ref name="Encarta"/> Se ben, foi especialmente coñecido polas súas interpretacións do repertorio sinfónico alemán, e posteriormente polo seu grande interésinterese na obra de [[Gioachino Rossini]] e [[Giuseppe Verdi]].<ref name="EnBrit"/>
 
O traballo de Abbado durante os ensaios caracterizábase pola calma e a concisión, con mínimas explicacións verbais, o que se explica coa crenza de Abbado en que as orquestras tiñan que aprender a comprender as súas intencións só con mirar os seus ollos e as súas mans, que eran as súas únicas ferramentas de comunicación cos músicos durante o concerto, considerando a capacidade para comunicar cos ollos e os xestos como algo fundamental nun director.<ref name="Mat">{{Cita Harvard|Matheopoulos|sp=sí|pp=56-57}}</ref> Para Abbado os principais atributos dun director debían ser: