Abrir o menú principal

Cambios

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
}}
[[Ficheiro:Esquema papillonaceae.JPG|thumb|Esquema dunha flor de Faboideae (Papilionoideae) e as súas compoñentes; vista lateral.]]
[[FileFicheiro:FAB-ESQ-1.jpg|thumb|Compoñentes da corola dunha flor de Faboideae (Papilionoideae); vista fronto-lateral (''Vicia sativa''.)]]
 
'''Faboideae''' é unha das tres subfamilias nas que se divide a familia das leguminosas ou Fabáceas ([[Fabaceae]]). O nome alternativo para a subfamilia é [[Papilionoideae]]. É a división máis grande da familia, e esténdese por todos os continentes agás as rexións árticas. Comporta 476 xéneros e 13.900 especies. Os xéneros con maior número de especies son ''[[Astragalus]]'' (2400 a 3270), ''[[Indigofera]]'' (700), ''[[Crotalaria]]'' (700), ''[[Mirbelia]] sensu lato'' (450), ''[[Tephrosia]]'' (350), ''[[Desmodium]]'' (300), ''[[Aspalathus]]'' (300), ''[[Oxytropis]]'' (300), ''[[Adesmia]]'' (240),'' [[Trifolium]]'' (240), ''[[Rhynchosia]]'' (230), ''[[Lupinus]]'' (200), ''[[Aeschynomene]]'' (160), ''[[Hedysarum]]'' (160), ''[[Lathyrus]]'' (160), ''[[Vicia]]'' (160), ''[[Dalea]]'' (150), ''[[Eriosema]]'' (150), ''[[Lotononis]]'' (150), ''[[Millettia]]'' (150), ''[[Vigna]]'' (150), [[Swartzia]] (140), ''[[Daviesia]]'' (135), ''[[Lonchocarpus]]'' (135), ''[[Machaerium]]'' (130), ''[[Onobrychis]]'' (130), [[Ormosia]] (130), ''[[Lotus (género)|Lotus]]'' (inc. ''[[Coronilla (planta)|Coronilla]],'' 125), ''[[Lonchocarpus]]'' (120), ''[[Erythrina]]'' (110), [[Gastrolobium]] (110), ''[[Mucuna]]'' (105) e ''[[Pultenaea]]'' (100). As especies leñosas son preferibelmente termófilas, moitas herbáceas son de rexións temperadas e frías, porén están tamén representadas nos trópicos. Comporta moitas plantas útiles e moi coñecidas, como [[Pisum sativum|ervello]], [[Cicer arietinum|garavanzo]], [[Phaseolus vulgaris|feixón]], [[Lathyrus odoratus|chícharo de olor]], [[Trifolium|trevos]], [[Vicia faba|faballón]], [[Medicago sativa|alforfa]], [[Glycine max|soia]], entre outras.<ref name="uno">Burkart, A. Leguminosas. ''En:'' Dimitri, M. 1987. ''Enciclopedia Argentina de Agricultura y Jardinería''. Tomo I. Descripción de plantas cultivadas. Editorial ACME S.A.C.I., Buenos Aires. pag.: 467-538. </ref><ref name="Lewis">Lewis, G., B. Schrire, B. MacKinder, and M. Lock (eds). 2005. ''Legumes of the world''. Royal Botanical Gardens, Kew, UK.</ref> Ademais pertencen a esta subfamilia plantas bravas moi comúns dos montes galegos, coma os [[Ulex|toxos]], as [[xesta]]s, a [[carqueixa]], ornamentais rubideiras como a [[glicinia chinesa]], ou incluso árbores como a [[falsa acacia]].
 
As plantas desta subfamilia recoñécense das demais subfamilias de [[leguminosa]]s por mor das súas [[flor]]es, que posúen catro [[pétalo]]s envoltos entre si, creando un tubo por cuxo extremo sobresaen os seus longos [[estame]]s. O quinto pétalo está estendido coma unha vela e denomínase ''estandarte'', ''velame'' ou ''vexilo''.
 
== Descrición ==
Son [[árbore]]s, [[arbusto]]s, [[planta rubideira|rubideiras]] leñosas ou [[planta herbácea|herbáceas]] [[Planta perenne|perenneperennes]]s ou anuais. As [[folla]]s son, polo xeral, [[Pinnado|pinadas]] ou dixitadas, frecuentemente trifoliadas, algunhas veces unifoliadas e até nulas, mais nunca bipinadas. As [[flor]]es dispóñense en [[acios]]s, [[panícula]]s, [[Capítulo (botánica)|capítulos]] ou [[espiga]]s. Son [[Zigomorfo|zigomorfas]], rara vez [[Actinomorfo|actinomorfas]]. A prefloración é imbricada, rara vez valvar; a prefloración da corola dise ''descendente'': o estandarte é externo, cubrindo os [[pétalo]]s veciños. A [[corola]] é xeralmente con de forma de bolboreta, cos dous pétalos inferiores conniventes ou unidos no ápice, formando a ''quilla'' (ou ''carena''), os dous laterais extendidos como ''ás'' e o superior ergueito ou reflexo, de maior tamaño, chamado de estandarte. O [[cáliz (botánica)|cáliz]] está formado por 5 [[sépalo]]s soldados entre si e é campanulado ou tubuloso. O [[androceo]] está formado por 10 [[estame]]s, rara vez menos, xeralmente agochados dentro da quilla e atópanse máis ou menos soldados entre si, tipicamente son [[Estame|diadelfodiadelfos]]s (9+1), mais tamén [[Estame|poliadelfopoliadelfos]]s ou ceibos. Os [[óvulo]]s son [[campilótropo]]s. As [[semente]]s presentan un [[embrión]] curvado, raramente recto; o fío é de tamaño mediano a grande.<ref name="Watson"/>
 
== Tribos ==
=== Ligazóns externas ===
* Wojciechowski, M. F., 2006, Papilionoideae. Version 12 July 2006. [http://tolweb.org/Papilionoideae/60240/2006.07.12]] en The Tree of Life Web Project,
{{Control de autoridades}}
 
[[Categoría:Faboideae| ]]
381.175

edicións