Tobramicina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m ref
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 14:
 
==Administración==
Como é típico nos [[aminoglicósido]]s, a tobramicina non pode atravesar as paredes do tracto gastrointestinal, polo que para un uso [[sistémico]] hai que administrala por vía intravenosa, ou intramuscular, e tamén se pode administrar en colirios oculares, ou pode ser administrada con nebulizador por vía nasal. Os pacientes con [[fibrose quística]] xeralmente a inhalan nebulizada para suprimir as infeccións por ''[[Pseudomonas aeruginosa]]''. A tobramicina tamén se combina con [[dexametasona]] ([[glicocorticoide]]) nas solucións oftálmicas como ''[[TobraDex]]''.
 
A compañía [[Bausch & Lomb|Bausch & Lomb Pharmaceuticals]] produce unha solución de tobramicina estéril en gotas oculares cunha concentración de tobramicina do 0,3%. Está mesturada con benzalkonio cloruro ao 0,01% como conservante. Estas concentracións equivalen a 3 mg por mL e 0,1 mg por mL, respectivamente.