Diferenzas entre revisións de «Acetobacteráceas»

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
As '''acetobacteráceas''' ('''Acetobacteraceae'''), tamén chamadas '''bacterias do ácido acético''', son unha [[familia (bioloxía)|familia]] de [[bacterias]] que realizan unha oxidación incompleta de alcohois a ácidos orgánicos; o máis característico é que obteñan a súa enerxía da oxidación do [[etanol]] a [[ácido acético]] durante as [[fermentación]]s. Son bacterias con forma de [[bacilo]] [[Gram negativa]]s [[organismo aerobio|aeróbicas]]. Non se deben confundir co xénero ''[[Acetobacterium]]'' da familia [[Eubacteriaceae]], o cal está formado por especies [[organismo anaeróbico|anaerobias]] que poden reducir o [[dióxido de carbono]] para producir ácido acético.<ref>[http://ijs.sgmjournals.org/cgi/content/abstract/27/4/355 Acetobacterium, a new genus of hydrogen-oxidizing, carbon dioxide-reducing, anaerobic bacteria] 1977, Int J Syst Bacteriol 27, 355-361.</ref>
 
As Acetobacteraceae son bacterias ubicuas. Están presentes nos ambientes nos que se forma etanol como resultado da fermentación dos azucres. Poden illarse do [[néctar]] das plantas e das [[froita]]s estragadas, e tamén da [[sidra]] fresca e da [[cervexa]] sen [[pasteurización|pasteurizar]] nin filtrar. As moscas da froita ou do vinagre [[Drosophilidae]] ou as ''[[Turbatrix aceti]]'' considéranse os vectores comúns para propagar as Acetobacteraceae<ref>[http://www.springerlink.com/content/978-88-470-0865-6#section=103531&page=1 Vinegars of the World.] Chapter 5. ISBN 978-88-470-0865-6</ref> na natureza.
 
Algúns xéneros como ''[[Acetobacter]]'', poden finalmente oxidar o ácido acético que producen a [[dióxido de carbono]] e auga usando encimas do [[ciclo de Krebs]]. Outros xéneros como ''[[Gluconobacter]]'', non oxidan o ácido acético.
Algunhas bacterias do ácido acético como ''[[Acetobacter xylinum]]'' poden sintetizar [[celulosa]],<ref>[http://www.ncbi.nlm.nih.gov/pmc/articles/PMC1275385/pdf/biochemj00918-0116.pdf?tool=pmcentrez Formation of cellulose by certain species of Acetobacter] Biochem J. 1951 May; 48(5): 618–621</ref> o cal normalmente é característico dos vexetais.
 
Dado que estas bacterias producen ácidos, normalmente son tolerantes á acidez, e crecen mellor por debaixo do [[pH]] 5,0, aínda que o seuu pH óptimo para o crecemento é de entre 5,4 e 6,3.
 
As bacterias do ácido acético son móbiles con [[Flaxelo#Falxelo bacteriano|flaxelación]] [[peritrica]] ou polar. Os organismos con flaxelación polar están relacionados coas ''[[Pseudomonas]]'', das que difiren principalmente pola súa tolerancia ao ácido e pola súa incapacidade de oxidar completamente os alcohois. Estes organismos son os que actualmente foron incluídos no xéneo ''Gluconobacter''. O xénero ''Acetobacter'' comprende os organismos con flaxelación peritrica.<ref>Madigan M; Martinko J (editors). (2005). Brock Biology of Microorganisms (11th ed. edición). Prentice Hall. ISBN 0-13-144329-1.</ref>
Na produción industrial de [[vinagre]] empréganse cultivos de bacterias do ácido acético. O acetato producido por estas e polos homoacetóxenos tamén se usa (en forma de sal de calcio) para fundir o xeo das estradas en inverno.
 
== Notas ==
{{Listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outras lecturas ===
* [http://dx.doi.org/10.1007/s00248-007-9258-6 Ecological occurrence of ''Gluconacetobacter'' ''diazotrophicus'' and nitrogen-fixing ''Acetobacteraceae'' members: their possible role in plant growth promotion 2008. Microb Ecol. 55(1):130-40.]
* [http://dx.doi.org/10.1016/j.ijfoodmicro.2007.11.077 Genera and species in acetic acid bacteria, 2008 Int. J. Food Microbiol. Volume 125, Issue 1, Pages 15–24.]
* [http://dx.doi.org/10.1016/j.ijfoodmicro.2007.04.017 Polyphasic taxonomy of acetic acid bacteria: An overview of the currently applied methodology, 2008 Int. J. Food Microbiol. Volume 125, Issue 1, Pages 2–14]
* [http://dx.doi.org/10.1080/07388550802046749 Biotechnological applications of acetic acid bacteria, 2008, Critical Reviews in Biotechnology, Volume 28, Issue 2, 101-124]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.uco.es/aab2012/ Conferencia internacional sonre as bacterias do ácido acético]
 
{{wikispecies|Acetobacteraceae}}
{{Control de autoridades}}
 
 
 
[[Categoría:Rhodospirillales]]
393.002

edicións