Factor Nod: Diferenzas entre revisións

m
Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética
m (Bot: Engado {{Control de autoridades}}; cambios estética)
[[Ficheiro:NodSm-IV (Ac,C16-2,S).svg|miniatura|dereita|300px|Estrutura química do factor Nod de ''[[Sinorhizobium meliloti]]''.]]
Os '''factores Nod''' (ou factores nod) ou '''factores de nodulación''' son [[moléculas sinalizadoras]] producidas polas [[bacteria]]s coñecidas como [[rizobio]]s, durante a iniciación da formación dos [[nódulo radicular|nódulos radiculares]] na raíz das plantas [[leguminosa]]s coas cales viven en [[simbiose]] para facer a [[fixación do nitróxeno]]. Tanto as plantas como as bacterias colaboran no estabecemento desta simbiose liberando certas substancias ou crecendo dunha determinada maneira. A planta recoñece a presenza de factores Nod bacterianos no chan e prepárase para establecer a simbiose. Os rizobios producen nitróxeno asimilable para a planta, e a planta produce [[leghemoglobina]] para captar o osíxeno que [[inhibición encimática|inhibiría]] o [[encima]] [[nitroxenase]] bacteriano que realiza a fixación, e proporcionan tamén compostos carbonados para a bacteria.
 
== Características ==
Os factrores Nod quimicamente son lipoquitooligosacáridos (LCOs) que constan dun esqueleto oligomérico de [[quitina]] acilada con varias substitucións de [[grupo funcional|grupos funcionais]] en residuos terminais ou non terminais. O número de moléculas de [[N-acetilglicosamina]] varía nos distintos factores Nod coñecidos; porén, xeralmente a lonxitude do esqueleto de quitina é de 3 a 5 unidades. A estrutura química exacta do factor Nod que a planta ten que recoñecer varía dunha especie bacteriana a outra e é a base da especificidade [[simbiose|simbionte]]-[[hóspede]]. Os factores Nod son recoñecidos por un tipo específico de [[quinase]]s receptoras de membrana que teñen o [[dominio proteico]] [[LysM]] (motivo [[lisina]]) nas súas porcións extracelulares. As dúas quinases receptoras LysM ([[NFR1]] e [[NFR5]]) que parecen constituír o receptor do factor Nod foron illadas primeiro na leguminosa utilizada como [[organismo modelo]] ''[[Lotus japonicus]]'' en 2003. Actualmente foron illados tamén da [[soia]] e de ''[[Medicago truncatula]]''. O NFR5 carece do clásico bucle de activación no dominio quinase. O xene ''NFR5'' carece de [[intrón]]s.
 
Os xenes Nod codifican unhas 25 proteínas requiridas para a síntese bacteriana e exportación do factor Nod <ref name=Gage/>. A expresión dos [[xene]]s Nod é inducida pola presenza de certos [[flavonoide]]s no chan, que foron segregados pola planta para atraer ás bacterias. <ref>José Angelo Silveira Zuanazzi, Pierre Henri Clergeot, Jean-Charles Quirion, Henri-Philippe Husson, Adam Kondorosi,1 and Pascal Ratet (1998). ''Production of Sinorhizobium meliloti nod Gene Activator and Repressor Flavonoids from Medicago sativa Roots'' Molecular Plant–Microbe Interactions 11:784–794</ref> Estas substancias químicas inducen a formación de NodD, que á súa vez activa outros xenes implicados na expresión de factores Nod e a súa secreción ao chan. Os factores Nod inducen o crecemento dos [[pelo radicular|pelos radiculares]], que medran enrolándose e envolvendo á bacteria. Isto vai seguido da rotura localizada dunha zona da [[parede celular]] e a invaxinación da [[membrana plasmática]] da célula da planta, o que facilitará a penetración no pelo radicular da bacteria por medio da formación dun filamento de infección. <ref name=Gage>Daniel J. Gage (2004). [http://mmbr.asm.org/content/68/2/280.full?view=long&pmid=15187185 ''Infection and Invasion of Roots by Symbiotic, Nitrogen-Fixing Rhizobia during Nodulation of Temperate Legumes''] Microbiol Mol Biol Rev. 68:280–300</ref> Despois continúa o desenvolvemento do [[nódulo radicular]], onde se realizará a fixación do nitróxeno. Os factores Nod actúan inducindo cambios na expresión xénica na [[leguminosa]], principalmente nos xenes de nodulina (uns 20 xenes, entre eles o da [[leghemoglobina]]), que se necesitan para a organoxénese do [[nódulo radicular|nódulo]]. <ref>Francine Govers, Marja Moerman, J. Allan Downie, Paul Hooykaas, Henk J. Franssen, Jeanine Louwerse, Albert Van Kammen and Ton Bisseling (1986). [http://www.nature.com/nature/journal/v323/n6088/abs/323564a0.html ''Rhizobium nod genes are involved in inducing an early nodulin gene'']. Nature 323:564–466</ref>
{{listaref|2}}
 
== Véxase tamén ==
=== Outros artigos ===
* [[Nódulo radicular]]
* [[Rizobio]]
* [[Nitroxenase]]
* [[Leguminosa]]
{{Control de autoridades}}
 
 
[[Categoría:Bacterias]]
393.002

edicións