Diferenzas entre revisións de «Metaloproteína»

m
Bot: Retiro parámetro obsoleto: mes=
m (Bot: Retiro parámetro obsoleto: mes=)
[[Ficheiro:1GZX Haemoglobin.png|miniatura|dereita|A hemoglobina, un exemplo de metaloproteína, con grupos hemo que conteñen ferro en verde.]]
Unha '''metaloproteína''' é unha [[proteína]] que contén un [[ión]] [[Metal (material)|metálico]] como [[cofactor]].<ref name=AS>{{cita libro |autor=Shriver, D.F.; Atkins, P.W.|título=Inorganic chemistry|editorial=Oxford University Press|data=1999|edición=3rd.|capítulo=Chapter 19, Bioinorganic chemistry|ISBN=9780716734383 }}</ref> As funcións das metaloproteínas son moi variadas nas células, actuando como [[encima]]s, proteínas de transporte e almacenamento, e na [[transdución de sinais]]. De feito, aproximadamente dun cuarto a un terzo de todas as proteínas requiren metais para levar a cabo as súas funcións,<ref>{{Cita publicación periódica |autor=Waldron KJ, Robinson NJ |título=How do bacterial cells ensure that metalloproteins get the correct metal? |publicación=Nat. Rev. Microbiol. |volume=7 |número=1 |páxinas=25–35 |ano=2009 |mes=xaneiro |pmid=19079350 |doi=10.1038/nrmicro2057}}</ref> e algunhas estimacións indican que poderían chegar a case a metade.<ref>"Bio-inorganic chemistry" Thomson A.J.; Gray H.B. Current Opinion in Chemical Biology, 1998, Volume 2, pp. 155-158. doi 10.1016/S1367-5931(98)80056-2[http://www.sciencedirect.com/science/article/pii/S1367593198800562]</ref> O metal adoita estar [[enlace de coordinación|coordinado]] por átomos de [[nitróxeno]], [[oxíxeno (elemento)|oxíxeno]] ou [[xofre]] pertencentes aos [[aminoácido]]s da cadea polipeptídica e/ou a un ligando macrocíclico incorporado á proteína. A presenza dos ións metálicos nos metaloencimas permítelles levar a cabo funcións tales como reaccións [[redox]] que non poden realizarse facilmente polo conxunto limitado de [[grupo funcional|grupos funcionais]] que se encontran nos aminoácidos.<ref>{{cita libro|autor=Messerschmidt, A. ; Huber, R.;Wieghardt,K.;Poulos, T.|título=Handbook of Metalloproteins|editorial=Wiley|data=2001|isbn= 0-471-62743-7}}</ref>
 
== Química de coordinación nas metaloproteínas ==
 
=== Almacenamento e transferencia de ferro ===
O ferro é almacenado como ferro(III) na [[ferritina]]. A natureza exacta do sitio de unión non se determinou aínda. O ferro parece estar presente como un produto de [[hidrólise]], como FeO(OH) e é transportado pola transferrina cuxo sitio de unión consiste en dúas [[tirosina]]s, un [[ácido aspártico]] e unha [[histidina]].<ref>{{Cita publicación periódica |autor=Anderson BF, Baker HM, Dodson EJ, ''et al.'' |título=Structure of human lactoferrin at 3.2-A resolution |publicación=Proc. Natl. Acad. Sci. U.S.A. |volume=84 |número=7 |páxinas=1769–73 |ano=1987 |mes=abril |pmid=3470756 |pmc=304522 |url=http://www.pnas.org/cgi/pmidlookup?view=long&pmid=3470756}}</ref>
 
O corpo humano non ten ningún mecanismo de excreción de ferro, e isto pode orixinar problemas de sobrecarga de ferro en pacientes tratados con transfusións de sangue, como, por exemplo, os pacientes de β-[[talasemia]].
393.002

edicións