Eritropoetina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot:Retiro parámetro non usado "month="
m Bot: Retiro parámetro obsoleto: mes=
Liña 3:
A '''eritropoetina''' ou '''EPO''' <ref>UniProt [http://www.uniprot.org/uniprot/P01588 Erythropoietin]</ref> (tamén chamada hematopoetina ou hemopoetina) é unha [[hormona]] [[glicoproteína|glicoproteica]] que controla a formación de células sanguíneas vermellas ou [[eritropoese]]. Funciona como unha [[citocina]] para os precursores dos [[eritrocito]]s na [[medula ósea]].
 
Prodúcena as células intersticiais dos riles, que están en estreita asociación cos capilares peritubulares e as células epiteliais tubulares. Prodúcena tamén as [[célula de Ito|células de Ito]] perisinusoidais do [[fígado]]. A produción hepática é a que predomina no feto e no período perinatal, pero a produción renal predomina nos adultos. Ademais de regular a produción de [[glóbulo vermello|glóbulos vermellos]] (eritrocitos) ten outras funcións biolóxicas como por exemplo, xoga un importante papel na resposta do cerebro aos danos neuronais, <ref name="USA 2001">{{Cita publicación periódica |author=Siren AL et al. |title=Erythropoietin prevents neuronal apoptosis after cerebral ischemia and metabolic stress |journal=Proc Natl Acad Sci USA |volume=98 |pages=4044–4049 |ano=2001|doi=10.1073/pnas.051606598 |pmid=11259643 |issue=7 |pmc=31176}}</ref> e está implicada no proceso de curación de feridas. <ref name="pmid12937140">{{Cita publicación periódica | author = Haroon ZA, Amin K, Jiang X, Arcasoy MO | title = A novel role for erythropoietin during fibrin-induced wound-healing response | journal = Am. J. Pathol. | volume = 163 | issue = 3 | pages = 993–1000 | ano= 2003 | mes= setembro | pmid = 12937140 | pmc = 1868246 | doi = | url = http://ajp.amjpathol.org/cgi/content/abstract/163/3/993 | issn =}}</ref>
 
Cando se usa EPO [[exóxena]] como substancia dopante que aumenta o rendemento, clasifícase como axente estimulante da [[eritropoese]] (ESA). A EPO exóxena pode detectarse no sangue, porque ten pequenas diferenzas coa proteína endóxena, como por exemplo, no tipo de [[modificación postraducional]].
Liña 9:
== Produción e regulación ==
[[Ficheiro:JAK-STAT-Signaltransduktion nach EPO-Bindung.png|miniatura|dereita|Vía de [[sinalización celular|sinalización]] JAK-STAT (en alemán).]]
A EPO prodúcena nos adultos as células intersticiais do córtex renal, que son células moi especializadas similares a células epiteliais peritubulares, e prodúcese unha pequena cantidade no fígado. <ref name=Jacobson1957>{{Cita publicación periódica |author=Jacobson LO, Goldwasser E, Fried W, Plzak L |title=Role of the kidney in erythropoiesis |journal=Nature |volume=179 |issue=4560 |pages=633–4 |ano=1957 |mes=marzo |pmid=13418752 |doi= 10.1038/179633a0|url=}}</ref><ref name=Fisher1996>{{Cita publicación periódica |author=Fisher JW, Koury S, Ducey T, Mendel S |title=Erythropoietin production by interstitial cells of hypoxic monkey kidneys |journal=British journal of haematology |volume=95 |issue=1 |pages=27–32 |ano=1996 |mes=outubro |pmid=8857934 |doi= 10.1046/j.1365-2141.1996.d01-1864.x|url=}}</ref> Está codificada nun xene do [[cromosoma 7 humano]]. A súa regulación crese que depende dun mecanismo de retroalimentación que mide a oxixenación do sangue. Os [[factor de transcrición|factores de transcrición]] para a EPO sintetizados constitutivamente, coñecidos como factores inducibles por hipoxia (HIFs), son hidroxilados e dixeridos no [[proteasoma]] en presenza de oxíxeno. <ref name=pmid17253966>{{Cita publicación periódica |author=Jelkmann, W |title=Erythropoietin after a century of research: younger than ever |journal=Eur J Haematol. |volume=78 |issue=3 |pages=183–205 |year=2007 |pmid=17253966|doi=10.1111/j.1600-0609.2007.00818.x}}</ref> A EPO únese ao [[receptor de eritropoetina]] (EpoR) na superficie do [[eritrocito]] e activa a cascada [[janus quinase 2|JAK2]]. Este receptor atópase tamén en moitos outros tecidos como as células da medula ósea e células nerviosas dos sistemas nerviosos central e periférico, en moitas das cales se activan vías intracelulares ao unirse á eritropoetina. Ao contrario, os propios eritrocitos da circulación sanguínea non expresan o receptor da eritropoetina, polo que non responden á EPO, pero si se observou unha dependencia indirecta dos niveis de eritropoetina plasmática sobre a lonxevidade dos eritrocitos, proceso chamado neocitólise.
 
=== Papel principal na liña celular eritrocítica ===