Audiovisual: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
m Bot: Retiro parámetro obsoleto: mes=; cambios estética
Liña 3:
O termo '''audiovisual''' ('''AV, ou A/V''') fai referencia a obras cos compoñentes do [[son]] e da [[imaxe]], á produción ou uso desas obras, ou ó equipamento empregado para a creación das devanditas. Exemplos de ditas producións son os [[filme]]s e os programas de [[televisión]].
 
Nos últimos tempos as presentacións de negocios adoitan ser audiovisuais, cunha persoa proporcionando o son mediante a fala, acompañando a exposición con series de imaxes proxectadas nunha pantalla.<ref>{{cita publicación periódica|apelidos=Barman|nome=Charles|título=Slide-Tape Presentations on a Classroom Budget|revista=University of California Press|ano=1984|mes=Setembro|volume=46|serie=The American Biology Teacher|número=6|páxinas=344|url=http://www.jstor.org/discover/10.2307/4447864?uid=3737952&uid=2&uid=4&sid=21103423463323|dataacceso=30 de xaneiro de 2014}}</ref>
 
== Percepción do audiovisual ==
=== Percepción visual ===
O [[ollo]] humano percibe a [[luz]], unha parte do [[espectro electromagnético]]. O ollo recibe os estímulos dos raios de luz procedentes da contorna que atravesan o [[cristalino]] incidindo na parte posterior do ollo coñecida como [[retina]]. Alí estimulan uns foto-receptores ([[Bastón (célula)|bastóns]] e [[Cono (célula)|conos]]), estes de tres tipos diferentes, sensíbeis a tres lonxitudes de onda distintas que permiten ver en tricromía, e que envían [[Impulso nervioso|impulsos nerviosos]] a través do [[nervio óptico]] cara á cortiza cerebral encargada da visión, creándose así as [[imaxe]]s percibidas. Xa que cada un dos ollos ten unha visión lixeiramente diferente dun obxecto, o [[cerebro]] debe encargarse de fusionar as imaxes para crear un efecto tridimensional ([[Estereoscopia|estereoscópico]]), permitindo percibir de forma instantánea a [[profundidade]] e a distancia. Na retina, ademais, dáse o fenómeno da [[Persistencia da visión|persistencia retiniana]], que permite crear a sensación de [[movemento]], aínda que realmente o percibido sexa unha sucesión de imaxes fixas a unha determinada velocidade.
 
=== Percepción auditiva ===
O [[son]] é unha [[vibración]] que se transmite a través dun [[medio ambiente|medio]]. Estas vibracións transmítense pola [[orella]] a través dos [[ósos do oído]], dos cales dependen o rango de audición do suxeito. É distinto para os humanos e para outros animais, e é maior nos individuos mozos que nos adultos ou anciáns, xa que co paso do tempo pérdense as frecuencias agudas. Estas vibracións transfórmanse en impulsos nerviosos que chegan ó cerebro.
 
Liña 17:
== Véxase tamén ==
=== Bibliografía ===
* {{Cita libro|autor=Observatoire européen de l'audiovisuel|título=L’avenir des aides d’Etat pour l’audiovisuel|ano=2012|editor=Les Éditions du Conseil de l'Europe|localización=Estrasburgo|isbn=9789287173782|páxinas=45}}
 
=== Outros artigos ===
* [[Multimedia]]
* [[Vídeo]]
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.rtve.es/programas/atmosfera/Atmosfera. Programa da Radio Nacional de España-Ràdio 3, adicado á Experimentación, á Arte Sonora e á videocreación]
 
{{Control de autoridades}}