Reino de Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
corrixo
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 239:
Xa en 1902, porén, os serbios trataron de reducir a súa dependencia comercial de Austria-Hungría, asinando un tratado comercial co Imperio otomán e aplicando medidas que favorecían as exportacións a maiores distancias.<ref name="vucinich178">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 178.</ref> O cambio de réxime en 1903 acelerou esta tendencia.<ref name="vucinich178"/> O primeiro goberno de Pedro I propuxo un plan de reorganización total do comercio serbio, buscando novos mercados.<ref name="vucinich178"/>
 
A "Guerra do Porco" supuxo un cambio notábel na economía serbia, diversificándose por necesidade os destinatarios das exportacións que anteriormente Austria-Hungría controlaba case totalmente.<ref name="vucinich235">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 235.</ref> Creceu ademais notabelmente a industria local para cubrir a demanda de produtos que anteriormente subministraba a industria austrohúngara.<ref name="vucinich235">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 235.</ref> Creceu o comercio cos países veciños, antes insignificante, e con outras potencias europeas.<ref name="vucinich235">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx.235.</ref> As crises económicas derivadas do enfrontamento con Austria-Hungría ("Guerra do Poco" e máis tarde a [[Crise bosnia (1908)|Crise Bosnia de 1908]]) recaeron, porén, no campesiñado,<ref name="jelavich200">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 200.</ref> que veu temporalmente reducidas as posibilidades de vender os seus produtos no estranxeiro e houbo de aceptar a redución dos seus ingresos para abaratar os produtos, para exportar a maiores distancias.<ref name="vucinich235">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 235.</ref> A total falta de crédito agrícola dificultou aínda máis a situación dos campesiños.<ref name="vucinich235">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 235.</ref>
 
A industrialización do país levou á formación dunha certa clase obreira e da maior diferenciación entre campo e cidade. No campo o crecemento do número de campesiños sen terra por un lado, e dos campesiños acomodados por outra, fixo crecer a tensión social.<ref name="vucinich236">[[#Bibliografía|Vucinich (2006)]], páx. 236.</ref> O proceso, porén, foi lento e en 1910 o país contaba unicamente con 16.000 obreiros repartidos en 470 pequenas fábricas.<ref name="jelavich199">[[#Bibliografía|Jelavich (1977)]], páx. 199.</ref>