Tapa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Vivaelcelta (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
{{Outroshomónimos|Tapa (homónimos)}}
[[Ficheiro:TapasenBarcelona.JPG|miniatura|dereita|Varias tapas nun establecemento.]]
Unha '''tapa''' é esencialmente un [[aperitivo]] que se serve nun bar acompañando á [[bebida]]. Adoitan consistir en pequenas racións de [[oliva]]s, patacas fritas, [[queixo]], [[empanada]], [[tortilla de patacas]], [[zorza]], [[Gamba (crustáceo)|gamba]]s ou [[Froito seco|froitos secos]]. O costume ten a súa orixe en [[Sevilla]] ou en [[Castela-A Mancha]] segundo outras fontes, onde existía o costume antigo de tapar a cunca de viño cun anaco de pan ou cunha rebanda de xamón, para impedir que entrasen moscas ou que se depositase po no interior, aínda que non está documentado.
 
En certos bares tamén é habitual poñer nomes curiosos ás tapas máis elaboradas, dando lugar a títulos que chaman a atención do cliente, obrigando normalmente a preguntar ao camareiro en que consiste a tapa.