Notícia de torto: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
correccións
Liña 1:
A '''Notícia de torto''' é un manuscrito en pergamiño medieval datado en [[1215]] ou [[1216]], considerado o segundo documento máis antigo en [[lingua galego-portuguesa]], posterior á [[Notícia de Fiadores]]. Tal título, porén, é rexeitado por algúns autores coma Ramón Lorenzo que o considera "un híbrido latino-galego-portugués", mentres que outros nin sequera o consideran un documento.
 
O título é unha referencia á súa primeira liña (''De noticia de torto que fecerumfeceru(m) a LaurenciusLaure(n)cius FernãdizFerna(n)diz''.. ). Tal título, porén, é considerado por algúns autores coma Ramón Lorenzo "un híbrido latino-galego-portugués", mentres que outros nin sequera o consideran un documento.
 
Nel, Lourenço Fernandes da Cunha fai un minucioso relatorio das malfeitorías feitas polos fillos de Gonzalo Ramires. O pergamiño, medindo 313 por 170 milímetros, escrito en ambos os dereitos, foi atopado no [[mosteiro de Vairão|mosteiro feminino de Vairão]], e consérvase no [[Arquivo Nacional Torre do Tombo]] de [[Lisboa]]. Probabelmente este escrito sexa unha tradución doutro en [[lingua latina]], característica empregada adoito nos documentos medievais.