Manuel García Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
|tamaño_sinatura =
}}
'''Manuel García Barros''' ("'''Ken Keirades'''"), nado noen [[Ulla, Berres, A Estrada|Ulla]] ([[Berres, A Estrada|Berres]], [[A Estrada]]) o [[16 de novembro]] de [[1876]] e finado en [[Callobre, A Estrada|Callobre]] ([[A Estrada]]) o [[11 de abril]] de [[1972]], foi un escritor e xornalista galego.
 
== Traxectoria ==
Nacido nunha familia labrega, Manuel García Barros comezou sendo pastor e torneiro e estudou por libre a carreira de [[maxisterio]] en Santiago, que rematou en [[1905]], para ocupar a praza de mestre de primeiro ensino na parroquia de [[Rubín, A Estrada|Rubín]] (A Estrada). No ano [[1906]] casou en [[Callobre, A Estrada|Callobre]] (A Estrada), onde viviu o resto da súa vida.
 
Xa en 1903, cando estaba a realizar o [[servizo militar]] en [[Vigo]], comezou a colaborar en revistas e a tomar contacto cos movementos culturais da [[cidade olívica]], moi especialmente co teatro. No ano [[1907]], e por mor do seu labor como director do xornal ''[[El Estradense]]'', pasou por primeira vez pola cadea, feito que se volveu a repetir no ano seguinte.
Liña 26:
Os seus contactos e simpatía cos [[agrarismo|movementos agrarios]] de comezos de século son moi salientábeis así coma cos membros das [[Irmandades da Fala]] e posteriormente co [[Grupo Nós]], moi especialmente co seu grande amigo e soporte cultural [[Ramón Otero Pedrayo]]. Xa a partir do [[1920]], pasou a ser un persoeiro recoñecido nas nosas letras e no [[Galeguismo (política)|galeguismo]], canto máis ao ser un dos “alma máter” do xornal ''[[El Emigrado]]'', que foi o xornal de maior duración da Estrada ata hoxe, e no que colaborou con todo tipo de traballos. Neste último xornal escribía unha sección, baixo o nome de ''Rexoubas'', na que promoveu unha afamada campaña contra o [[caciquismo]].
 
No ano [[1927]] aprobou as oposicións de Mestre Nacional, indo no seu primeiro destino a [[Pepín, Castrelo do Val|Pepín]] ([[Castrelo do Val]], Ourense). O [[Alzamento Nacional|levantamento militar]] supúxolle a suspensión de emprego e soldo, cando xa fora trasladado a unha parroquia da beira ([[San Pedro de Ancorados, A Estrada|San Pedro de Ancorados]]). Este emprego non lle foi xamais restituído.
 
[[Ficheiro:Manuel_García_Barros.jpg|miniatura|]]
No ano [[1955]] foi levado de novo ao cárcere, xunto con [[Francisco Fernández del Riego]] e Domingo Lemos Suárez, no seu caso simplemente por lle atoparen unhas revistas (''Bohemias'') que lle mandaran dende [[Cuba]].
 
No ano [[1957]] foi nomeado membro correspondente da [[Real Academia Galega]]. No ano [[1997]] o Concello da Estrada adicou este ano á lembranza da súa memoria. Actualmente no Concello da Estrada sitúase un centro de estudos co seu nome.<ref>[http://www.edu.xunta.es/centros/iesmanuelgarciabarros/ I.E.S. Manuel García Barros]</ref>
 
Finou en Callobre no ano 1972.
 
No ano [[1997]] o Concello da Estrada adicou este ano á lembranza da súa memoria.
 
Actualmente no Concello da Estrada sitúase un centro de estudos co seu nome.<ref>[http://www.edu.xunta.es/centros/iesmanuelgarciabarros/ I.E.S. Manuel García Barros]</ref>
 
== Obra ==